martes, 29 de diciembre de 2015

Bo Nadal 2015

 
 
 
Deséxovos a todos os meus lectores un Feliz Nadal 2015 e un próspero 2016 cheo de ilusión e boas experiencias!
 
 

domingo, 27 de diciembre de 2015

Nadal de entretempo

Sen dúbida o Nadal sen que xíe e neve perde romanticismo e maxia... Non me permite abrazarte coa excusa de que fai frío.

María
.

sábado, 19 de diciembre de 2015

Días, simplemente

Hai veces que nin queres levantarte. Que vas polo mundo coma se todo pesase o dobre. Só queres tumbarte, deixarte caer sobre o colchón e quedar así, mirando para o teito sen máis.
Gustaríache rirte, pero ata iso é un esforzo grande. Só queres estar así, sin facer nada. Literalmente nada, inexpresivo. Como moito chorarías, a ver si desa maneira logras coller o sono.
Son días simplemente, pero existen.
 
María
.

lunes, 7 de diciembre de 2015

Segundas partes. Historias Sen Final (XIV)

Din que as segundas partes, en todo, nunca foron boas, pero iso pasa por varias razóns.
Iniciamos unha segunda parte querendo sorprender como fixemos na primeira, con unha idea similar porque na primeira funcionou, e a veces esquecémonos de que xa temos historia e o que sorprenda agora non pode ter moito que ver co que xa pasou, pero ao mesmo tempo, non pode perder a esencia do que había porque iso era o que nos enganchaba.
 
Outras veces as segundas partes comezan con moita ilusión porque son ruptura coa primeira e teñen a intención de dar un cambio, de iniciar algo novo. De ser un capítulo de transición. Funciona porque é algo diferente ao primeiro, coa mesma esencia e que vemos como unha etapa de paso, pero falla porque en moitas ocasións queda niso e non avanza ata chegar á triloxía.
 
En calqueira caso, o que está claro é que unha segunda parte non funcionará nunca si non se comeza, e precisamente iso é o que ambos ían facer: comezar a súa segunda parte.




María
.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Esa canción

Sona esa canción, e enton aparece ese recordo, visualizas esa imaxe, pensas nesa persoa...sintes.


María
.

domingo, 29 de noviembre de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VIII)

A ti, que por veces sintes e non falas, e que sen falar me fas sentir...
 
Que non sabes a atención que podes captar coa túa mirada, nin a sensación que co roce dos dedos podes despertar...
Que non sabes o nervio que me produces cando fixas a mirada observándome. Nin o penetrantes que poden ser as túas palabras deixando marca en min...
 
A ti, que por veces sintes e non falas, e que sen falar me fas sentir... Quérote.
 
 
 
María
.

viernes, 27 de noviembre de 2015

Xuntos

Facía fresco aquela tarde. Xa se notaba o frío do Outono nas noitiñas de Novembro. O ambiente cuberto pola néboa e as luces resplandecendo nas beirarrúas... Así da gusto pasear, abrigadiños, necesitando que te abracen e apetecendo "un algo quentiño", e iso era xusto o que farían.
Saíu de traballar e alí estaba agardando, coas mans nos bolsillos e o nariz metido na bufanda. O recibimento con tan cálido bico xa fixo que a temperatura subise.
Agarrados da man comezaron o seu paseo de Outono ata descansar no banco do parque.

- Agora non se leva moito iso de casarse. Sabes que a min me gustaría, pero sei que non é o que máis te emociona...
Ela permanecía en silencio, asombrada e intrigada en como acabarían aquelas palabras.
- E entendernos e respetarnos debe ser o que prime. Que os dous poidamos disfrutar xuntos mutuamente, sin "teus" nin "meus", senón "nosos". E podo comprender que casarnos é unha unión importante, pero que iso só non arranxa todo o de despois. Por iso quero darche isto -di sacando unha caixiña do peto do abrigo- como sinal do meu compromiso contigo, porque o que máis me vale é que sexas o último que vexo pola noite e o primeiro que vexo do meu despertar. Porque non me importa convidarte a comer, pero significa máis poñerse dacordo en con que enchemos a neveira. Porque para ser "nós", temos que ser Ti e máis Eu libres querendo estar xuntos.
E sacou da caixiña unha copia da chave do seu piso.

A emoción e euforia que recorreron a sangue de Andrea fixeron que non importase xa o frío de Novembro.



María
.
"Non é máis o home que a muller. Non é máis a muller que o home. Ambos son persoas por igual e iso é o que debe valer para respetarse e quererse." María V. Rey
25 de Novembro

jueves, 26 de noviembre de 2015

Historias sen Final (XII)

 
Din que ao namorarse bolboretas revolotean no teu estómago, que deixas de comer, pero que a pesar de todo, hai felicidade no teu ser. Non hai preocupacións e cada momento quere ser vivido coa outra persoa...
Ela non se sentía feliz, pero tampouco triste... Agora mesmo o seu mundo estaba virado patas arriba, e colocar as cousas no seu sitio ía levar un pouco de tempo...



María
.

sábado, 21 de noviembre de 2015

"Ánimo equipo"

"looo lolo lolo loloooo"
"alé, alé, aléeeee"
E moitos máis gritos dese mesmo estilo eran os que se escoitaban no ambiente que bordeaba o estadio.
A emoción por entrar aumentaba co paso dos minutos. O estómago encollido daba paso ao bombardeo de latidos do corazón que parecía que estaba a punto de estoupar cando pisou o estadio por dentro.
Xa na súa localidade a festa común era aislante, coma nunha burbulla independente do resto do mundo.
Os equipos saen ao campo. A xente levántase para arroupar e móvente formando parte dunha marea, como as olas cando estás na orilla e non tes pleno control sobre os teus movementos.
Sona o himno e o partido comeza...
Alea Iacta Est!

María
.

Fin de semana de deporte...
Un coñecido clásico no país entre Madrid e Barcelona... Un emocionante derbi entre o meu Depor e o Celta, que ademáis disfrutarei en vivo e en directo... E na xornada dominical o meu Praiña enfrentarase ao Recesende nun derbi local teense!
A disfrutar!

jueves, 12 de noviembre de 2015

Un despertar

Despertei no medio da noite, e entre a realidade e a imaxinación, entre oniria e insomnia acordáchesme. Todo estaba húmedo. Quería sentirte coma se estiveses ao meu lado, pero non estabas. Así que volvín pechar os ollos e toquei a música q ti me ensinaches...


María
.

martes, 10 de noviembre de 2015

domingo, 25 de octubre de 2015

jueves, 22 de octubre de 2015

miércoles, 21 de octubre de 2015

Xestión Municipal do Dereito Humano á Auga - ESF en TEO

A auga é un ben común.
A auga é un dereito universal.
Todo o mundo debería ter un acceso á auga o máis asequible posible.
No Concello de Teo veñen da recente municipalización do servizo de auga e esta tarde terá lugar un Foro Aberto que a ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ofrecerá co fin de sensibilizar aos asistentes sobre o acceso á auga como una problemática global.
Todos debemos ser conscientes dos coidados que se precisa un mantemento adecuado das instalación e do gasto de auga en xeral.
 
Esta ONGD, da que me sinto orgullosa de formar parte, ten experiencia neste campo con proxectos en Honduras, El Salvador e os campamentos Saharauis, polo tanto, animo a todos aqueles que poidades a asistir esta tarde ao Salón de plenos do concello de Teo, ás 19:00h. da tarde.


Máis foros abertos de ESF noutros municipios clicka AQUÍ.


María
.

sábado, 17 de octubre de 2015

Equilibrio imposible?

Todo é cíclico, e hai épocas. E cada un debe adaptarse a esas épocas e vivir eses momentos, disfrutar deles. A clave de todo está na adaptacion, en buscar o teu equilibrio, ainda incluso cando o equilibrio pareza imposible... Quizais cando menos o esperes, a balanza tope con que equilibrarse para simplemente, disfrutar.
Feliz época.

María
.

jueves, 15 de octubre de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VII)

Fasme sorrír.
Si, ti.
Cando esperto e te vexo ao meu carón.
Cando sen motivo apareces na miña mente.
Cando vexo que me escribes porque te acordas de min con pequenas cousas nas que só ti reparas.
Cando calquera cousa sen motivo aparente me recorda a ti.
Fasme sorrír, e iso, iso é a felicidade.

María
.

domingo, 11 de octubre de 2015

MIRADAS QUE PENETRAN


Conseguiuno...
Con tan só unha mirada, conseguiuno.
Derribou o muro que me facía insensible e logrou penetrar facéndome desbordar de emocións e sentimentos que tan dormidos estaban.
Con tan só unha mirada...conseguiuno!


María
.

miércoles, 7 de octubre de 2015

Historias sen final (XIII)



A veces hai que tomar decisións importantes. Ela decidiu disfrutar e ser feliz con aquilo que cada momento e persoa lle ofrecian.
E ainda que parecese fácil, esa era a decisión máis importante.


María
.

sábado, 3 de octubre de 2015

O Mercado Labrego celebra a chegada do Outono

O Mercado Labrego que podemos atopar cada Sábado nos Tilos (Teo) celebra hoxe unha xornada especial con motivo da chegada do Outono.
Os mercaderes de sempre e máis postos novos reúnense nesta xornada para ofrecer variedade e productos típicos da estación que comezamos.
Ademáis tamén contan cunha cantina para poder tomar algo e con tapa incluída!
Tamén haberá postos de artesanía onde atopar un bonito agasallo ou decoración para nós mesmos.
E como non, tamén se pensou nos máis cativos, cunha sesión de títeres e monicreques. E sen faltar algo esencial para animar o espírito: a música!
Comprobao ti mesmo!

martes, 29 de septiembre de 2015

Abrazos


Abrazaches a alguén algunha vez?
Pero cun abrazo deses que comezan forte e que, ainda que acaban con menos intensidade, se funden ambos corpos. Como apoiados un no outro, que nin axfisian nin molestan. Que non se necesitan para sosterse, pero que non se soltan. Un abrazo deses.
Pois imaxínao.
Pecha os ollos e imaxinao.
 
Sinte como os brazos te rodean, como o teu corpo descansa no da outra persoa, como a túa cabeza, arrimada contra o peito contrario sinte o latexo de quen te rodea.
 
Imaxínao. E cando o necesites, cando necesites fundirte con alguén para sentirte protexido e aliviado, imaxina ademáis que esa persoa está aí para darcho, porque ata na distancia estará cerca si o imaxinas...


María
.

jueves, 24 de septiembre de 2015

Sorrí


Sorrí.
Volve sorrir a cada instante.
Antes custáballe mostrar o seu sorriso, pero agora non pode bórralo da cara.
Ninguén sabe que lle pasa, pero eu sei que el volve escribir, e sin ser nada, son algo...
E de cada vez... Sorrí.


María
.

 

sábado, 12 de septiembre de 2015

DEPORTE: campionato mundial de #TRIAL


Despois da celebración da proba de TRIAL na parroquia de Lampai, Teo sorprendeu aos organizadores do campionato deste deporte e optouse por realizar as probas do campionato mundial no noso Concello, o Concello de Teo.
 
 

 
Durante  esta semana o ambiente que conleva a cita foi notable no entorno onde se celebran as fases do circuito, e máis no centro do Concello, onde se concentrou o punto central da proba. Na Praza dos Encontros, nas inmediacións da Piscina e Ximnasio municipal, é onde está colocado o Paddock dos equipos e escuderías, as zonas de descanso, as caravanas, o pulpeiro, parte do aparcadoiro, zona de adestramento...todo se fai notar.


Foto cedida polo xornal TEOVIVO
 Nesta fin de semana poderemos ver pilotos de varias categorías, de diferentes idades e tanto homes coma mulleres. Dende os de recente iniciación, que disputan este encontro como a súa primeira experiencia nun campionato mundial, como grandes trialistas como pode ser Toni Bou (foto), Adam Raga, Takahisa Fuginami, Jorge Casales entre outros.
 
Sen dúbida, para os amantes do motor, das motos, do Trial, esta é unha gran oportunidade para disfrutar deles en directo.
Ademáis penso que pode ser un bo divertimento en familia xa que dende os máis pequenos poden acudir a ver este espectáculo. A praza dos encontros fai uso do seu nome para que poidamos "encontrarnos" neste punto de cultura e deporte, fomentando, promovendo e apoiando.
Quizáis non está a ter o eco esperado ou a difusión necesaria para a cita do calibre que representa, pero Teo está no mapa, e desta vez por algo positivo.
 
Poderedes ver diferentes fases do circuito achegándovos á Ramallosa, a Loureiro ou a Lampai, pero achegádevos e descubride por vós mesmos esta experiencia. Esta que vos escribe tiñao visto pola tele, agora que o vin en directo esta mañá, podo dicir que realmente son un espectáculo!
 
O domingo segundo día de probas, saída a partir das 9h da Praza dos Encontros. Entrega de premios e clausura ás 17:30h.
 
 
María
.

sábado, 22 de agosto de 2015

Un café distinto...

Podes sentarte arredor dunha mesa, cunha taza de café, e falar. Falar durante horas, e de tan diversos temas! Podes rir e chorar, e chorar da risa. Dar boas novas e abrirte a comentar a pena máis grande que tes nese momento. Podes entrar en calor no inverno e refrescarte "con xeo" no verán.
Sen dúbida quedar a tomar café é unha das mellores terapias, tomes un, tres, ou ningún! Porque a finalidade vai máis alá...
 
- Oes...achégome ata aí e tomamos un café?
- Dacordo, así tamén descanso.

O café era algo do que ambas disfrutaban...
Pero desta vez non fixo falta o café, porque a veces, hai cafés que non se beben...


María
.

domingo, 2 de agosto de 2015

Unha chamada

- Ola.
- Ola.
- Estás libre?
- Si, por que?
- Queres ir camiñar?
- Vale. Estás ben?
- Non.
- ...pois non sei que decirche...
- Non che pedín que me dixeses nada. Non preciso que me fales, só que esteas.
 
Eran tempos malos para Laura. A min tamén me gustaría que estivese aí se a necesito. O que me pedía non era nada i erao todo. O que me pedía non custaba nada porque a dedicación que poida mostrarlle, sempre será pouco no infinito dunha amizade.
 
María
.

martes, 21 de julio de 2015

NECESITO DE ALGUIEN....


...Que me mire a los ojos cuando hablo.

Que escuche mis tristezas y neurosis con paciencia
y aun cuando no comprenda,
respete mis sentimientos.

Necesito de alguien que venga a luchar a mi lado sin ser llamado.

Alguien lo suficientemente amigo para decirme las verdades que no quiero oir,

aun sabiendo que puedo irritarme.

Por eso, en este mundo de indiferentes,
necesito de alguien que crea en esa cosa misteriosa, desacreditada, casi imposible:
la amistad. 


 Que se obstine en ser leal, simple y justo.

Que no se vaya si algún día pierdo mi oro y
no pueda ser más la sensación de la fiesta.

Necesito de un amigo que reciba con gratitud
mi auxilio, mi mano extendida,
aun cuando eso sea muy poco para sus necesidades.

HUGO VILLEDA

sábado, 6 de junio de 2015

Cadáver exquisito

"E alí estaban elas, esperando o fatal desenlace que faría que todo fose mellor e reinase a paz mundial.
Mundial, así definía a miña irmá todo o que era xenial.
Xenial, sería xenial. Iremos ao cine, comeremos palomitas... Que ricas! Pois sí, riquísimas as mellores magdalenas do mundo.
Un mundo cheo de xente de distintas razas e cores. Cores coma as do parchís, ese xogo tan divertido e enriquecedor para todos, una experiencia única e inigualable, coma aquel verán que pasamos xuntos. Xuntos e máis nada, que tamén é o título doutro libro que me gustaría ler.
E ler o libro de Harry Potter mentras bailaba foi o mellor, moito mellor, coma estar xogando ao Party Junior ou comer xelado!"
 
[Historias sen sentido dunha noite estrelada.-  MARMASONASAOL]

domingo, 31 de mayo de 2015

Historias sen final XI

Había tempo que quería vivir soa, sentirse independente.
Pensaba que así a súa vida mudaría a mellor. Que así a súa vida sería un pouco máis súa.
Sen ataduras de horarios nin xente á que darlle explicacións de cada movemento.

Conseguiuno, a independencia soñada chegara, pero convertiuse nalgo moi diferente ao esperado...De repente el percatouse dos seus movementos e veuna pálida e sen enerxía.
Sen saber por qué, viu que se desvanecía e dun brinco púxose ao seu carón. Abrazouna e evitou que caese ao chan, mais por moito que a apertaba contra el non puido evitar que a súa alma deixase aquel corpo que xa ficaba sen forza algunha...


María
.

domingo, 17 de mayo de 2015

Polo galego: Filgueira Valverde

Entre outras cousas...
Estudou psicoloxía...
Dirixiu a sección de historia da literatura...e foi promotor de iniciativas culturais...
Foi alcalde...e conselleiro de cultura da Xunta de Galicia...
A súa obra literaria abarca a narrativa, poesía, teatro, ensaio e investigacións...
Todo pola cultura galega...dunha maneira ou outra merece o recoñecemento no día das letras.
[http://academia.gal/letras-actual#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?]

A viñeta hoxe di "reparte galego",  repárteo! Eu dígoche que para que non morra hai que mantelo vivo. Dalle vida ao galego, emprega o galego! É a mellor maneira de que non desapareza, darlle uso.



 
"Se che da por escribir, por que non en galego?
Así farás que se convirta en inmortal.
E si decides escribir en galego, tenta facelo o mellor posible, sabes por que?
Porque pode que alguén te lea".
 
 
 
María V. Rey


jueves, 14 de mayo de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VI)

Ás veces síntese unha presión no peito coma se algo te afogase e a pesar de que comezas a respirar rápido, parece coma se o aire non chegase aos pulmóns, a boca péchase e tampouco dan saído palabras para poder expresarse.
Neses casos, hai un tempo, dixéronme que cando non conseguise expresarme collese papel e lápis e escribise nel o que sinto.
E este é un deses momentos nos que necesito escribir para contar o que sinto.
Será que acabo o día tonto, pero hai xa máis de catro anos que comecei a ter unha relación máis de cerca cunha persoa que coñecía dende sempre. En pouco tempo pasaron moitas cousas e foi un gran apoio. E ainda que por momentos a boto de menos sei que nada cambia.
Que parece pouco tempo, pero que pasaron moitas cousas, boas e malas, e que sempre estivemos aí. E que resulta ser algo importante o darse conta de que se pode falar de case calquera cousa con unha persoa sen importar nada, porque o único que ten importancia é a persoa en sí coa que estás compartindo ese momento.
Así que a ti, si, ti que estás lendo esto, decirche que non cambies porque as túas palabras non molestan, evaden. Porque non estorbas, é necesario que esteas.
 
María
.

jueves, 23 de abril de 2015

"Só un libro"

23 Abril, Día Mundial do libro

Ler un libro é entrar nun mundo de imaxinación, de historia, de información e descubrimento, de aventuras, de amor e amizade... É entrar, ao fin e ao cabo, noutro mundo paralelo.
Non necesitas estimulantes, nin drogas, nin alcohol, que te afasten para desconectar... O que precisas é un bo libro.
Non un libro que che obliguen a ler. Un que a ti te chame. Secadra non atinas á primeira, secadra pasas por moitos antes de chegar a un, pero iso pasa cos amigos, coas comidas, coa parella...
Pero un libro axudarache, incluso sen sábelo, en moitos aspectos da túa vida.
Papás e mamás, xente, regalade libros, que non se perda esa costume.
Nenos, xente, non lle fagades un feo cando vos regalen un libro, dádelle una oportunidade, todos a merecemos...
[María Vázquez Rey]

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Miroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademáis de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixo levar polo xenio.
Secadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
[Paula Carballeira]

viernes, 17 de abril de 2015

A veces...

...sólo a veces...
 Retirarse no es rendirse,
 ni estar en contra es agredir.
 Cambiar no es hipocresía
 y derrumbar no es destruir.
 Estar a solas no es apartarse,
 y el silencio no tener qué decir.
 Quedarse quieto no es por pereza,
 ni cobardía es sobrevivir.
 Sumergirse no es ahogarse,
 ni retrocedes para huir.
 No se desciende trastabillando,
 ni el cielo ganas por bien sufrir.
 Y las condenas no son eternas,
 ni por perdones vas a morir.
 A veces, sólo a veces...
 Hace falta lograr soltarse, izar las velas, abandonarse, dejar que fluya, que el viento cambie, cerrar los ojos y enmudecer."

D. E.

sábado, 11 de abril de 2015

Incríble

É incríble como cousas tan pequenas, detalles que parecen insignificantes, momentos que parecian "un máis"...agora o son todo para traerme o teu recordo.
É incríble como hai un ano sentíamos a túa presenza e como me fas sentir a túa ausencia.
É incríble o atemporal que se converte todo, como non parece que pasase o tempo e de repente semelle que pasou unha eternidade.
É incríble como realmente nadie nos chega a deixar mentras o teñamos no recordo, mentras o teñamos presente...



María
.

viernes, 3 de abril de 2015

Ás vaces ante a pérdida...

"Aún no he podido contarle a nadie que de vez en cuando lloro desconsoladamente por la pérdida. No sé si la gente lo entendería; no sé si la gente intentaría entenderlo. La gente entiende lo que quiere entender, lo que le interesa. Sé que puede parecer que esté dolido con la sociedad, y la verdad es que en aquel momento lo estaba. ”

Albert Espinosa

sábado, 21 de marzo de 2015

Inexplicable

Hablan del amor como algo maravilloso. Casi siempre quien está enamorado.
Y siempre pensamos en el amor como aquello que nos da felicidad junto a una pareja.

Amor.
Nerviosismo que provoca mariposas en tu estómago, sueños bonitos en tus noches oscuras. Un brillo en tus ojos y una amplia sonrisa en tu boca que simplemente no sabes explicar.

Pero hay más clases de amor y, al final de lo que se trata, es simplemente, de amar y ser amado. De querer y "sentirse" querido... O esto quizás solo sean tonterías, o las palabras que casi siempre dice quien no está enamorado...

Hoy empieza la primavera, y ya se sabe lo que dicen... La primavera, la sangre altera...


María
.

domingo, 8 de marzo de 2015

Muller traballadora

Sono todas porque antes ou despois sempre teñen algún traballo que pasar.
Dende este meu recuncho quero adicarllo á miña muller traballadora favorita, unha das mulleres que marcan a miña vida.
Ela é Lola de "Buela", é Lola de Xermeade, é Lola a de AVON, é Lola a da autoescuela, é Lola a do coro, é...a miña NAI, exemplo de traballadora e de "si tas pa ir de festa tas pa levantarte e axudar".
O día que ela pare, algo deixará de funcionar.



FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Nin por máis, nin por menos. Simplemente para que se recoñezan os seus méritos.

María
.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Uns rematan, outros comezan...

Rematou o mes de Febreiro e con el a época de Entroido.
E no seu remate pechan as comparsas e atranques os da parroquia de Bamonde, e como guinda final o evento da Charanga TNT. Un evento solidario ao que acudín, como non, disfrazada.
Nesta ocasión as galletas gardaron o traxe na "Caixa de galletas" e montaron outro disfraz que, desgraciadamente, está moi de moda.


Foi una boa festa para rematar o mes de Entroido cando ademáis era una iniciativa solidaria que espero que tivese grande aportación á causa.
De calquera maneira, todos podemos recordar que o Banco de Alimentos recibe axuda en calquer época do ano.
Noraboa á Charanga TNT por estas iniciativas e por seguir cos pés na terra aínda tendo o éxito que están tendo.




A outra parte da fin de semana vai para o evento do domingo á tarde, pois acudín á presentación do libro-documental que a Rexionalista de Teo fixo daquelas persoas do noso concello gracias ás cales se fan carnavales xa que son os encargados de escribir as cancións dos coros e os versos dos atranques.
"Os poetas do Entroido". Parte da nosa cultura, xente da que hai que aprender e para iso temos que escoitala.
Gracias a este traballo que emociona e arranca sorrisos á par, poderemos escoitalos ainda cando nos deixen de maneira física.



martes, 24 de febrero de 2015

ROSALIA [de Castro] 24/02

2 poemas de ROSALIA neste seu día...

Unha vez tiven un cravo
 cravado no corazón,
 i eu non me acordo xa se era aquel cravo
 de ouro, de ferro ou de amor.
 Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
 que tanto me atormentóu,
 que eu día e noite sin cesar choraba
 cal choróu Madalena na Pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
 cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinquéino.
 Mais…¿quén pensara…? Despois
 xa non sentín máis tormentos
 nin soupen qué era delor;
 soupen só que non sei qué me faltaba
 en donde o cravo faltóu,
 e seica..., seica tiven soidades
 daquela pena…¡Bon Dios!
 Este barro mortal que envolve o esprito
 ¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro
 (Follas novas, 1880)

-------------

Negra Sombra, poema de Rosalía de Castro de la obra "Follas Novas" (1880).
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

miércoles, 18 de febrero de 2015

ASPERGER...

... ou algo así como a Dra. Temperance Brennan de Bones ou Sheldon Cooper de Big Band Theory.

O 18 de febreiro é o día internacional de ASPERGER, un Trastorno dentro do espectro AUTISTA.
Podería preparar algo especial, tiña pensado escribir para publicar antes deste día, pero non dei. E non me gusta só enmarcalo nunha data que moita xente, por una razón ou por outra recordarán. Pero si algo fun aprendendo, é que a información, a axuda, cando máis valiosa é, resulta ser cando se necesita. E recentemente unha amiga viuse sorprendida por un diagnóstico que "etiquetou" ao seu fillo de ASPERGER e igual precisaba esta info un pouco antes.

Pero espero que sirva, non só a ela, senón a moita máis xente. Tanto porque ten na súa vida un Asperger coma polo simple feito de que algún día o topemos na nosa convivencia.
 
Nombro a "huesos" porque é un dos aproximadamente 20 personajes que saen na pequena pantalla (tamén poderían ser o seu axudante Zack, House, etc) e que son reflexo deste síntoma...persoas hiperracionais e intelixentes, talentosos, pero con problemas de socialización e dificultades para comprender as emocións dos demais. Pero ao fin e ao cabo, PERSOAS con sentimentos e emocións, e que merecen ser respetadas, comprendidas, e ter unha vida independente.






Para poder diferenciar a existencia do trastorno nunha persoa existen os seguintes criterios segundo o DSM-IV:


E a continuación deixo os enlaces onde se pode atopar información e contactar coa Federación de Autismo tanto para España como en Galicia:

http://www.autismo.org.es/AE/asisomos/entidades/Federacion_Autismo_Galicia.htm

http://www.autismogalicia.org/index.php?lang=es

https://www.facebook.com/federacion.autismo.Galicia

Non debemos ter medo ao diferente. Debemos acéptalo e saber convivir porque quizais ten moito que ensinarnos.

María Vázquez Rey
.

sábado, 14 de febrero de 2015

Crónica de un Entroido: ENTROIDO EN REIS (III)

DOMINGO 08/02/2015



Segundo día de entroido en Reis, a pasalo ben paqueteeee, que se acaba!!!!


Frescas coma leitugas, ainda que sendo galletas que sobreviviron ao almorzo (bueno, non todas...na xornada do domingo tivemos dúas baixas) comezamos o segundo día de Entroido en Reis.


HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
                 10:30h. (segundo a xente...jijiji)

HORA REAL DE PARTIDA: 11:00h. da mañá.
 
"Galletas con Demo"
Pero antes de subir a "o camión", foto con un dos "reis de Reis", o noso demo, que como xa sabedes estaba aliado con "Lorenzo" para ter a magnífica fin de semana da que o entroido de Reis gozou...

O Demo, baixo Lorenzo, admirado polos bonitos. Aldea do Outeiro
Este ano viñan con nós, nesta xornada dominical, a tropa afrancesada de Valga para participar con nós no desfile a raíz dun intercambio cultural con eles, pois xa foran os nosos xenerais ás súas terras previamente.
Tropa napoleónica de Valga
Arrincamos cara o Ferreiriño. Primeira parada da mañá e na que confirmamos que íamos precisar as gafas de sol durante unhas cantas horas...Tra-los primeiros cantos do domingo, que saían xa mellor ainda que o sábado, comezou o desfile por Chao do río arriba, e abaixo...mostrando unha longa estela do que era o entroido e da ampla participación que a parroquia de Reis tiña neste evento.


Logo subimos ao Outeiro onde volvimos cantar o desafío, cantar que cada vez collía máis forza e se entonaba máis alto por cada un dos bandos. Tras probar se o viño dos veciños do Outeiro "de arriba" era bo tomamos camiño pola Iglesia abaixo para facer alto noutra casa de tradición e colaboración carnavalesca como é a de "Carmenchu do Porteiro". Outro lugar onde se pasou moi ben e se montou unha boa festa na hora do vermú. Porque sí, non te dabas conta pero en realidade xa pasaba o mediodía e era a hora de ir para comer...así que fomos recollendo, e un tras outro desfilamos avenida abaixo para chegar ao local da Ponte Vella e gozar alí duns anacos de empañanda, unha paella quente, boa bebida e café. Era necesario repoñer forzas.
Xa non quedaba moito...eu creo que a xente nos retrasamos na comida porque sabemos que arrancar é ir cara o remate do carnaval, e non queremos que se acabe. Pero había que poñerse en marcha e a mellor forma de non amorriñar e baixar a comida era desfilando pola Telleira abaixo ata facer parada na Senra. Qué bonito ver a comitiva ocupando toda a general!!
 

bonitos
vellos e carrozas









Logo adentrámonos en Olveira, tamén arriba e baixo para logo parar no xeriátrico Residencia Puentevea, onde lles animamos a tarde aos residentes que alí viven e como non, montouse outra pequena festa. [vídeos de Javier Magariños]
Ao saír da Residencia tocaba parar en Xermeade, preludio do desfile final na aldea de Pontevea.
Pontevea case parece outro mundo aparte porque ademáis de ser xa o final, nela tamén somos vistos pola xente que vén doutros lugares para disfrutar o carnaval de Reis. Avistanse todas as carrozas, facemos tres paradas para cantar o noso repertorio enteiro (Multicentro Daniel Pernas, na pista das Areas e no cruce que une os mestros con Pontevea), e vivas e máis vivas antes de ir recollendo cara o Calvario para o que sí é de verdade a última actuación do entroido deste ano.
E como xa dixen...o camión dos coros é outro mundo, o mesmo vas sentado descansando (case nunca), como repasas os cantares dese e outros anos, como te arrancas con outras cancións, eres "aplastado" pola tropa francesa ou de repente tamén vai a TNT contigo e sucede esto:


E chegamos á gran actuación. Cantan os bonitos, cantamo-los vellos. Cantamos xuntos o desafío e rematamos cunha gran festa!! Escoitamo-los atranques e quedamos a celebralo coa charanga resistíndonos a rematar o día.
E ainda coa resaca de cansancio non recuperado, e xa con nostalxia da festa vivida, estou segura de que igual ca min, o resto de xente do carnaval xa está desexando que chegue o do ano que vén e pensa..."agora esperar un ano..."
Para despedir esta crónica que mellor que un fragmento do peche dos atranques...



"Señores ata o ano que vén!
Moitas gracias por me ler.
E se este ano o pasaron ben,
ó Entroido de Reis teñen que volver!"


María Vázquez Rey
.

jueves, 12 de febrero de 2015

Crónica de un Entroido: ENTROIDO EN REIS (II)


SÁBADO 07/02/2015:

Toca Diana e a prepararse para o entroido!! Xa é sábado e comezan dous días de entroido en Reis!


Tras varias semans de intensa loxística sobre un disfraz que semellaba do máis fácil...por fin estabamos listas e as "Galleta María" estaban dispostas a pasar un bo entroido.

 

HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
                 10:30h. (segundo a xente...jijiji)

HORA REAL DE PARTIDA: 10:45h. da mañá.
 

E alá arrancamos, dende o calvario, bonitos e vellos no camión de comparsas seguidos polas carrozas e os seus ocupantes, o demo e as rosquilleiras, a charanga (TNT, como non!) e a comitiva de xenerais do Ulla.
Despois de chegar ata alá arriba que ben se agradeceu o chocolate quentiño!
En Coira
en Coira

Tras Coira enfilamos cara Freixeiro a ritmo de charanga, e se non hai música de charanga... no problem! Porque as carrozas molan, pero o camión das comparsas é outro mundo! O camión é unha montaña de emocións. Un lugar de encontro, de intercambio e de convivencia entre novos (bonitos) e vellos (que tamén son bonitos... ou acaban bonitos... todo depende!jajaja).
 
E coma quen non quere a cousa, e sen sentir que o tempo pase...chegas a Valiñas. A Valiñas "de abaixo". Cantares do lobo, o "carallo" do demo e cañóns de confeti, todo acompañado de un ánimo estupendo e un bo viño (inevitable que veñan á cabeza aqueles versos: "o viño de Reis non sei que terá, que canto máis bebes, máis sede che da..."). E así...quen dixo frío?
E Valiñas "de arriba" non ía ser menos. Cantamos o "desafío, que para min foi das mellores letras de carnaval polo diálogo que escenificaba e a unión entre os dous coros, ainda que costa decidirse!
 
Rematado o tempo de comida e baño (aaaaalgo tan importante e básico, e sorprendentemente xeneroso por parte dos veciños que nos acollen bondadosamente) que sempre moi amablemente a familia Leal nos ofrece (e tamén a comisión), retomamos o camiño e facemos parada na aldea de Pazos onde baixamos a comida e lle facemos oco á merenda...

 

Non faltaba ánimo, e menos mal, porque tocaba camiñar. Esperaban os veciños en Monteselo e no alto de Vieiro para logo seguir nas aldeas de Freiría (lugar do noso director de vellos e autor das comparsas, Manolo Pedreira) e a Ribeira.
As horas ían pasando sen darte conta e o día estaba chegando ao seu fin...tocaba subir cara a Iglesia e rematar a actuación do sábado no calvario.
 
No calvario...festa de exhibición para os coros e para os xenerais cos atranques. Ademáis este ano tíñamos unha grata sorpresa, que foi de verdade moi grata!! Os "Hugos" daban o atranque. Que arte teñen estes nenos!! Ademáis tamén repetían Adrián Ojea e José Leal, dous mozos que levan o entroido dentro e que o mundo do cabalo lles gusta máis que un caramelo a un neno. Así o futuro está asegurado!![clicando no nome en negriña deberíades poder ir a ver os vídeos]
 
E rematou o sábado! Menos mal que ainda quedaba o domingo...


María Vázquez Rey
.

lunes, 2 de febrero de 2015

ENTROIDO EN REIS (I)

Xa deu comezo a época de Entroido no Concello de Teo.
Tras o pistoletazo de saída dos Xenerais na parroquia de Oza, esta fin de semana toca barrer para a casa. Os días 7 e 8 deste mes a Parroquia de Reis colle as máscaras e saca os cabalos para ofrecer divertimento por todas as aldeas ademáis de a aqueles que nosq ueiran vir ver dende terras alleas.
 
Sempre me gustou ir ver o desfile dos meus parroquianos, escoitar as comparsas dos coros e os atranques dos xenerais, pero dende que o probei no ano 2011 teño que decir que vivilo dende dentro é outra experiencia, que salvo en raros casos, engancha. Tras dous anos sen poder ir neles este toca volver. Espero disfrutar de dous días de risas e bos momentos, que para malos hai moitos outros no ano!

Esperámosvos!!!
María
.

Poñan atención señores
que se entere o mundo enteiro
en Reis estamos de entroido
a primeiros de febreiro.
...
O sabado sete salimos
e domingo oito tamen
quedan todos combidados
que non nos falte ninguén.
 
 


domingo, 25 de enero de 2015

Cartas para todos e para ninguén (V)

Deixame dicirche que sei como te sintes.
Ás veces apostas demasiado pronto pola xente que coñeces, outras, simplemente apostas. Non sabes si demasiado pronto ou non, pero decídeste a confiar. Tes medo, xa levaches desenganos, ainda descoñeces realmente como pode ser esa persoa porque só a coñeces nunha faceta da súa vida…pero algo di que nese momento podes confiar.
Pasado o tempo, cando cres que todo é idílico, os cambios no entorno e na xente que nos rodea fai que algo mude. Que as cousas nesa faceta inicial que se coñeceu cambien, e xa sabemos que todo está interrelacionado, e ainda que non queiramos, moitos cambios na nosa conducta nun campo da nosa vida, vai implicar, de maneira implícita, cambios en máis campos.
E de repente, esa persoa xa non é a mesma. Ou nunca antes te viras ante a tesitude de ter que responder a esa demanda do ambiente.
E agora que?
Arrepínteste de confiar no momento no que o fixeches?
Pois non debes facelo. Porque cando decidiches confíar gozaches dunha paz que necesitabas. Dun piar no que apoiarte. E nese momento esa persoa foi o apoio, a vía de escape que precisabas, a motivación para superarte, o soplo de aire fresco que osixenaba o resto do ambiente.
Agora toca ver unha pequena decepción que te descoloca, si. Sempre descoloca porque non sabes o que pode pasar,xa non dominas a situación, non sabes si coñeces a esa persoa ou non, e a incertidume invadeo case todo.
Moi posiblemente esa persoa tampouco vexa como está influenciando en ti, entón hai que conseguir calmarse e afrontar a situación, mirar ao redor e seguir adiante. Nesa ollada que botes seguro que hai máis cousas que sempre estiveron aí e nas que agora é preciso apoiarse máis ca antes, porque sempre estamos nun continuo cambio.
E se a confianza era boa de verdade… esto que che está a pasar só é unha adversidade, e polo xeral, as adversidades fannos máis fortes.
 
 
María Vázquez Rey
Psicóloga

"Confiar en todos es insensato, pero no confiar en nadie es neurótica torpeza"
[Juvenal.-poeta satírico romano]

miércoles, 21 de enero de 2015

Xa chega o Entroido


Ainda acabamos de degustar o último bocado de doce navideño e...
...Xa pasamos da metade de xaneiro...
...Xa se sinte a voz dos cabaleiros...
...Xa se sinte a chegada de febreiro...
...Xa chega o Entroido!!!
 
Unha época agardada por moitos que viven a paixón do carnaval.
Non somos Chirigotas nin estamos en Cádiz...
Non somos brasileiros e non estamos no sambódromo... pero... Somos de Teo e xa sabemos as datas da celebración do entroido en cada una das parroquias teenses que o celebran. E que o celebran coma unha das máis arraigadas tradicións. Un ano máis aquí están os Xenerais do Ulla, a ver que nos traen este ano...

María
.

lunes, 19 de enero de 2015

ESFORZO


"Si tú sabes lo que vales, ve y consigue lo que mereces"


Recorda sempre cal é o obxetivo do teu traballo e para quen vai dirixido o teu esforzo.
Eso é o que importa. 
María Vázquez Rey
.

miércoles, 14 de enero de 2015

ALÉGRATE E ADIANTE


DÍA DE HOXE                                 00/00/0000

...que difícil resulta a veces disfrutar de pequenos momentos cando ademáis sabes que a felicidade que podes ter na vida consiste niso, en disfrutar dos pequenos momentos...
 
Difícil.
 
E ainda así sabes que hai que seguir. Que debes seguir. Porque sumíndote nese círculo de pensamentos en espiral con dirección á soidade non é a solución para ser feliz.
A solución está en ir a contracorrente así que... ANÍMATE!!!
Anímate...
...por todo o que conseguiches...
...por todo o que tes...
...por todo o que queda por disfrutar...


E tras escribir iso pechou o diario. Porque os diarios son para iso, para falar con un mesmo e sacar fóra aquilo que non somos capaces de expresar de maneira verbal.



María
.

[Nadie está a salvo de las derrotas. Pero es mejor perder algunos combates en la lucha por nuestros sueños que ser derrotados sin saber siquiera por qué se está luchando.- PAULO COELHO]

jueves, 1 de enero de 2015

Diario de un ano: ensinar para aprender (2014-2015)

“...porque para aprender teñen que ensinar... e creo que esa é a definición do meu 2014: un ano que me ensinou moito. Un ano para aprender. En moitos aspectos. Xa o 2013 me fixo madurar un pouco mais e me ensinou cousas que neste ano agradecín, que só logrei ver agora, pasado o tempo…”
 
 
Diario de un ano:

Ensinar para aprender
31 dec 2014 - 1 ene 2015
 

Chegas ao final e sempre recapitulas.

Empezas un ano con moita ilusión e esperanzas, como si pasar do 31 ao 1, do mércores ao xoves, das 00:00 á 01:00, fose unha barreira que superar e todo o anterior quedase preso e non puidese alcanzarnos ou non tivese influencia sobre nós. E a veces non nos decatamos que esa ilusión a debemos manter cada día do ano.

Pero ainda así celebramos sempre algo especial na noite de fin de ano e iso permítenos soñar ainda con máis forza e crer que xa que comezamos un novo ano, se presenta ante nós unha nova oportunidade para completar novos obxetivos e retos. Facer esa celebración permítenos romper co que non nos gusta, cambiar, avanzar, mellorar… Unha vez alguén me dixo que si crees que eres perfecto, que non tes nada que cambiar, entón non cambiarás nada e iso non che permitirá avanzar. Non conseguiremos aprender nada porque non deixamos que nos ensinen nada.

A miña idea é que cada ano que pasa é un ano máis de vida que aporta experiencia. E sempre queremos esquecer o malo, pero para aprender non podemos olvidarnos de aquilo que nos fará non cometer erros ou volver pasar esas malas situacións, non podemos esquecer os indicadores de como solucionar dito problema.

Si o 2013 me ensinou moito, o 2014 foi un ano que me fixo chorar, pero tamén sei que foi un dos anos nos que máis risas tiven. Risas desas que fan que che doia a barriga e a mandíbula. Por iso ó 2015 pídolle que me deixe aprender do que o 2014 me ensinou.

Secadra este non foi o mellor ano, pero houbo momentos, persoas e días inolvidables. E sen dúbida o 2014 esinoume moitas cousas.

Ensinoume que os momentos non só chegan. Que non só tes que estar esperando que se produzan momentos especiais coma se foses un mero espectador da túa vida, senón que en ocasións hai que coller o momento e facelo especial, simplemente porque o momento é agora. E diso espero aprender a lanzarme, e que no 2015 eu mesma poida crear momentos. Ainda que me equivoque, porque ao fin e ao cabo os humanos aprendemos así, por ensaio, probando. En ocasións teremos éxitos, noutras fracasos que nos farán cambiar e aprender algo máis. Pero que acabarán sendo experiencias que fan máis interesante o camiño [La posibilidad de realizar un sueño es lo que hace la vida más interesante.-Paulo Coelho].
 
"Aprendí que lo importante pasa hoy...es el momento...este es el mejor momento"
 
Ensinoume a madurar un pouco máis ainda, e a coller outra perspectiva de vida sobre a implicación e o ser adulto. A tomar decisións importantes con consecuencias importantes, e tamén a afrontar como decir un adeus á última avoa.

Pero a pesar de madurar tamén me ensinou que non se debe perder ese espírito de neno que un sempre debe gardar dentro e que sempre que poida farei as miñas tonterías porque outros anos xa me ensinaron que tamén hai que saber rirse dun mesmo.

Ensinoume a volver confiar e a non arrepentirme de facelo, ainda que tamén me ensinou en quen non debes facelo de todo.
 
Aprendín ainda máis sobre as amizades e o feito de que sexan un punto importante na vida das persoas. Dentro dese afán social a xente coa que te rodeas segue a ser moito máis importante que calquera elemento electrónico co que distraerte e que ainda que fales todos os días por whatsapp nada substitúe unha boa charla de café ou unha distendida comida. Ainda que tamén me ensinou que estar lonxe non quere decir non verse, ou deixar de compartir. Que non estar a veces, é porque non se quere, porque o feito de non poder estar ao lado non significa non estar aí.

Ensinoume que a maxia segue a estar nas pequenas cousas, nos pequenos detalles, nas mostras de cariño (ainda que sexan algo que me segue a costar). Que a frase “é de ben nacido ser agradecido” non se equivoca para nada porque vale infinitamente máis ver a cara de felicidade no amigo cando tes ese detalle que non esperaba, que todo o ouro do mundo, e ao final todo o ben que fas é recompensado.

E si me ensinou que os amigos son moi importantes, a familia é a que sempre esperamos que estea aí. E un ano máis teño a certeza de que son o meu piar central. De feito, aprendín que cada ano que pasa o son máis.

ELAS. Elas son vida. Fan as alegrías máis alegres e as penas menos penas. Si non é unha, está a outra. Cada unha para o seu. Querendo perdelas de cando en vez (normal, je, coma todos os irmáns) pero inimaxinable a miña vida se non estiveran.

PAIS. Pódense ter os nosos máis e os nosos menos…bueno, en realidade sempre se teñen os nosos máis e menos, pero creo que sempre sacas boas cousas deles. E cando podes recordar cousas do pasado como cando, a punto de rendirte, che din “si chegaches hasta aquí, ahora acabas. Si deches hasta ahora, por que non vas dar? Ou eres parva?” Sabes que aprendes. E neste ano que acaba, escoitas “medo haino sempre. Si non te arriesgas nunca…nunca vas ter nada”. Sabes que aprendes. E colles forza pa comer o mundo se fai falta. Si algún día houbo unha brecha, o 2014 cos seus malos momentos trouxo confianza e en cada adversidade máis unión. E esa unión máis momentos xuntos e felices.

E si hai que pedir desexos de aninovo, unha das cousas que pido ó 2015 é que siga mantendo ó meu lado a esas persoas que fan de piares para que a miña vida continúe mantendose.

E sen máis que contar, despídome. Comezamos un novo ano e temos por diante 365 días para comezar con ilusión e conseguir o que queremos. Para cumplir os soños e obxetivos. Non deixedes de soñar en todo o 2015.

“El mundo continúa siendo un lugar duro y hostil, pero sabemos que podemos vivir en él gracias a que hemos cambiado las reglas, las que nos mantenían en la oscuridad.”

[Dedicado a quen me dixo “tes unha forma peculiar de contar as cousas –e a veces ata é- impresionante. Para ti, e para todos aqueles que cheguen lendo ata aquí, espero que o 2015 vos traia grandes momentos para aprender, vivir e recordar.]

María Vázquez Rey
.

Seguidores