domingo, 15 de diciembre de 2013

Praíña 0-1 Cacheiras: Unha derrota non moi xusta...

...non moi xusta porque tamén é mala sorte que nos últimos minutos a defensa do equipo local non dese mantido a liña que en ocasións anteriores provocou o fóra de xogo por parte do Cacheiras dando por válido o gol que lles deu a victoria aos visitantes.

Non moi xusta porque tamén é algo de mala sorte que che anulen dous goles. Un deles, á vista da que vos escribe, moi inxusto, xa que veu precedido dunha falta que o árbitro tardou en sinalar. O xogo seguiuse e cando o balón xa entrara na rede sonou o silbato... Non sei si a tardanza foi debida a que o colexiado non esperaba que fose gol, se non atopaba o pito... Non sei, o caso é que se deixaches seguir o xogo e foi gol...non pites a falta media hora despois porque ata lle deu tempo a celebralo!!!

Polo demáis, nesta soleada tarde de domingo na que por fin puiden volver disfrutar dun partido do Praíña na casa, vin un equipo bastante sólido e merecedor da praza que ocupa. Un equipo que se gaña o posto de ascenso nesta nova categoría e que de seguro chegará lonxe.

Algúns contrarios creerán que son moito mellores porque chegado un momento, o encontro que se mantivo a ceros na primeira parte, chegou a ter maioría de xogadores por parte do Praíña ó ser expulsado un xogador do Cacheiras e nin así gañaron.
Outros que din ser siareiros do local tamén llo botarán en cara, para que enganarnos, as persoas somos así.
Pero o certo é que o equipo sufría moitas baixas e ainda así demostrou facer fronte no campo e o xogo estivo bonito en moitas ocasións.

A seguir traballando porque se verán as recompensas!! E como di un dos xogadores..."va, va, va!!"





María
.

2 comentarios:

  1. Algun dos que nos consideramos siareiros, como ti dis....non entendemos como tendo xente con gañas no banco, temos un xogador paseando polo campo como foi este domingo no medio campo, xogadores que cando o 98% do equipo ta dandoo todo eles pasean polo centro do campo a un 15% de intensisade e que corran os demais. E si, son siareiro, pero non me importa que o equipo perda, cando o fai con un maximo de intensidade e practicando bo futbol, pero si cando se ve que o centro do campo (xa sei que faltaban xogadores) no da pe con bola, non se meten rapaces que estaban dispostos a dalo todo. Polo demais da gusto velos xogar, e velos loitar. Saudos.

    ResponderEliminar
  2. Todos o intentaron amigo/amiga.Xogan en 2ª rexional,non será cousa de demonizar a "un xogador que se pasea polo medio campo" non??Creo que o meu modo de velo partido o Praiña foi dominador absoluto,sobre todo na segunda parte e tiveron ocasions,goles anulados...etc.Os puntas crearon peligro e a defensa estivo solida.Perdeuse,e mala sorte.O domingo que ven hai un novo encontro.

    ResponderEliminar

Seguidores