sábado, 22 de agosto de 2015

Un café distinto...

Podes sentarte arredor dunha mesa, cunha taza de café, e falar. Falar durante horas, e de tan diversos temas! Podes rir e chorar, e chorar da risa. Dar boas novas e abrirte a comentar a pena máis grande que tes nese momento. Podes entrar en calor no inverno e refrescarte "con xeo" no verán.
Sen dúbida quedar a tomar café é unha das mellores terapias, tomes un, tres, ou ningún! Porque a finalidade vai máis alá...
 
- Oes...achégome ata aí e tomamos un café?
- Dacordo, así tamén descanso.

O café era algo do que ambas disfrutaban...
Pero desta vez non fixo falta o café, porque a veces, hai cafés que non se beben...


María
.

domingo, 2 de agosto de 2015

Unha chamada

- Ola.
- Ola.
- Estás libre?
- Si, por que?
- Queres ir camiñar?
- Vale. Estás ben?
- Non.
- ...pois non sei que decirche...
- Non che pedín que me dixeses nada. Non preciso que me fales, só que esteas.
 
Eran tempos malos para Laura. A min tamén me gustaría que estivese aí se a necesito. O que me pedía non era nada i erao todo. O que me pedía non custaba nada porque a dedicación que poida mostrarlle, sempre será pouco no infinito dunha amizade.
 
María
.

Seguidores