As Viaxes.
As viaxes sempre son novas experiencias...
Podes facelas soas ou en compañia, non cabe dúbida de que son mellores estas últimas.
Poden ser por traballo ou por ocio, non cabe dúbida de que son mellores estas últimas.
Podes non ter ganas de emprendelas ou debecer por facer unha.
A cuestión é que en calquera dos casos, planifíquela ou non nunca sabes o que realmente pode pasar...acaban sendo desconcertantes, apaixoantes, horribles ou un soño do que non queres espertar.
O importante é que unha vez que te pos en marcha disfrutes dela, do que ves, do que sintes, do que vives e da compañía...
Chegados ao destino unha simple mirada pode mudar todo o anterior e facer que os teus sentidos cobren vida por sí mesmos. Podes atopar a oportunidade que sempre esperaches, afianzar as amizades que tiñas, despexar a mente e sentirte novo e revitalizado, prendarte dunha mirada que acompaña un soriso e mudar para sempre a túa vida...
As viaxes sempre son novas experiencias...
María.
------------
Belfast (2007)
Esta entrada surxe a raíz de ler no xornal os enfrontamentos violentos que esta semana se están a vivir en dita cidade.
O conflicto de Irlanda do Norte provocou gran pérdida de vidas humanas durante a segunda metade do século XX. Enfrentáronse protestantes e católicos e a cidade quedou dividida, cun muro que ainda hoxe está alí, e que si o ides visitar, debedes saber que a porta pra cruzar dun lado a outro ten horario de peche...
Estiveron en guerra ata a firma do "acordo de venres santo" o 10 de abril de 1998.
Eu tiven a oportunidade de visitar esta cidade (a segunda máis grande de Irlanda despois de Dublin) no verán do 2007 mentras estiven estudando na UDC (University College of Dublin). Había varias cousas que me chamaban a atención da cidade e por iso non podía deixar de visitala: era parte inglesa da illa, o coñecido conflicto que existira nela, ser a cidade natal do grupo The Corrs...
Pois ben, tiven a oportunidade e unha excelente compaña polo que non o dubidei nadiña.
Unha vez alí a cidade sorprendeume en moitos aspectos!! Como cidade en si, historicamente e visualmente.
Parecía que os conflictos ainda remataran a semana anterior...
Os adornos do muro...
Determinadas luces de neón...
Pois ben, estas últimas semanas os conflictos volveron estourar, entre os dous bandos. Unha vez máis por problemas que sofre o país a nivel económico e político! E que misteriosamente repercute na ideoloxía relixiosa que teñen os habitantes...
Esta situación creo que responde á miña pregunta, feita naquel ano "por que non arranxarán estas zonas?" Pois porque eles que viven alí "se coñecen".
Pero prantexame outra, entre cuestión e asombramento... "Ainda hai quen non entende por que a sociedade se "indigna"?"
Dito isto, espero que se arranxen os problemas de violencia, xa que considero que non son a solución senón un empeoramento. E así, poder voltar a esa cidade!
-------
ALGUNHAS ENTRADAS RELACIONADAS CON VIAXES:
Coruña:
http://mariavazquezrey.blogspot.com/2011/01/comeza-unha-nova-aventura-coruna.html
http://mariavazquezrey.blogspot.com/2011/02/de-como-vai-aventura-coruna.html
--
http://mariavazquezrey.blogspot.com/2011/01/viaxar-en-tren.html
----
CAMIÑO DE SANTIAGO:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/11/0003_201104G11P2991.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario