martes, 24 de febrero de 2015

ROSALIA [de Castro] 24/02

2 poemas de ROSALIA neste seu día...

Unha vez tiven un cravo
 cravado no corazón,
 i eu non me acordo xa se era aquel cravo
 de ouro, de ferro ou de amor.
 Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
 que tanto me atormentóu,
 que eu día e noite sin cesar choraba
 cal choróu Madalena na Pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
 cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinquéino.
 Mais…¿quén pensara…? Despois
 xa non sentín máis tormentos
 nin soupen qué era delor;
 soupen só que non sei qué me faltaba
 en donde o cravo faltóu,
 e seica..., seica tiven soidades
 daquela pena…¡Bon Dios!
 Este barro mortal que envolve o esprito
 ¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro
 (Follas novas, 1880)

-------------

Negra Sombra, poema de Rosalía de Castro de la obra "Follas Novas" (1880).
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

miércoles, 18 de febrero de 2015

ASPERGER...

... ou algo así como a Dra. Temperance Brennan de Bones ou Sheldon Cooper de Big Band Theory.

O 18 de febreiro é o día internacional de ASPERGER, un Trastorno dentro do espectro AUTISTA.
Podería preparar algo especial, tiña pensado escribir para publicar antes deste día, pero non dei. E non me gusta só enmarcalo nunha data que moita xente, por una razón ou por outra recordarán. Pero si algo fun aprendendo, é que a información, a axuda, cando máis valiosa é, resulta ser cando se necesita. E recentemente unha amiga viuse sorprendida por un diagnóstico que "etiquetou" ao seu fillo de ASPERGER e igual precisaba esta info un pouco antes.

Pero espero que sirva, non só a ela, senón a moita máis xente. Tanto porque ten na súa vida un Asperger coma polo simple feito de que algún día o topemos na nosa convivencia.
 
Nombro a "huesos" porque é un dos aproximadamente 20 personajes que saen na pequena pantalla (tamén poderían ser o seu axudante Zack, House, etc) e que son reflexo deste síntoma...persoas hiperracionais e intelixentes, talentosos, pero con problemas de socialización e dificultades para comprender as emocións dos demais. Pero ao fin e ao cabo, PERSOAS con sentimentos e emocións, e que merecen ser respetadas, comprendidas, e ter unha vida independente.






Para poder diferenciar a existencia do trastorno nunha persoa existen os seguintes criterios segundo o DSM-IV:


E a continuación deixo os enlaces onde se pode atopar información e contactar coa Federación de Autismo tanto para España como en Galicia:

http://www.autismo.org.es/AE/asisomos/entidades/Federacion_Autismo_Galicia.htm

http://www.autismogalicia.org/index.php?lang=es

https://www.facebook.com/federacion.autismo.Galicia

Non debemos ter medo ao diferente. Debemos acéptalo e saber convivir porque quizais ten moito que ensinarnos.

María Vázquez Rey
.

sábado, 14 de febrero de 2015

Crónica de un Entroido: ENTROIDO EN REIS (III)

DOMINGO 08/02/2015



Segundo día de entroido en Reis, a pasalo ben paqueteeee, que se acaba!!!!


Frescas coma leitugas, ainda que sendo galletas que sobreviviron ao almorzo (bueno, non todas...na xornada do domingo tivemos dúas baixas) comezamos o segundo día de Entroido en Reis.


HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
                 10:30h. (segundo a xente...jijiji)

HORA REAL DE PARTIDA: 11:00h. da mañá.
 
"Galletas con Demo"
Pero antes de subir a "o camión", foto con un dos "reis de Reis", o noso demo, que como xa sabedes estaba aliado con "Lorenzo" para ter a magnífica fin de semana da que o entroido de Reis gozou...

O Demo, baixo Lorenzo, admirado polos bonitos. Aldea do Outeiro
Este ano viñan con nós, nesta xornada dominical, a tropa afrancesada de Valga para participar con nós no desfile a raíz dun intercambio cultural con eles, pois xa foran os nosos xenerais ás súas terras previamente.
Tropa napoleónica de Valga
Arrincamos cara o Ferreiriño. Primeira parada da mañá e na que confirmamos que íamos precisar as gafas de sol durante unhas cantas horas...Tra-los primeiros cantos do domingo, que saían xa mellor ainda que o sábado, comezou o desfile por Chao do río arriba, e abaixo...mostrando unha longa estela do que era o entroido e da ampla participación que a parroquia de Reis tiña neste evento.


Logo subimos ao Outeiro onde volvimos cantar o desafío, cantar que cada vez collía máis forza e se entonaba máis alto por cada un dos bandos. Tras probar se o viño dos veciños do Outeiro "de arriba" era bo tomamos camiño pola Iglesia abaixo para facer alto noutra casa de tradición e colaboración carnavalesca como é a de "Carmenchu do Porteiro". Outro lugar onde se pasou moi ben e se montou unha boa festa na hora do vermú. Porque sí, non te dabas conta pero en realidade xa pasaba o mediodía e era a hora de ir para comer...así que fomos recollendo, e un tras outro desfilamos avenida abaixo para chegar ao local da Ponte Vella e gozar alí duns anacos de empañanda, unha paella quente, boa bebida e café. Era necesario repoñer forzas.
Xa non quedaba moito...eu creo que a xente nos retrasamos na comida porque sabemos que arrancar é ir cara o remate do carnaval, e non queremos que se acabe. Pero había que poñerse en marcha e a mellor forma de non amorriñar e baixar a comida era desfilando pola Telleira abaixo ata facer parada na Senra. Qué bonito ver a comitiva ocupando toda a general!!
 

bonitos
vellos e carrozas









Logo adentrámonos en Olveira, tamén arriba e baixo para logo parar no xeriátrico Residencia Puentevea, onde lles animamos a tarde aos residentes que alí viven e como non, montouse outra pequena festa. [vídeos de Javier Magariños]
Ao saír da Residencia tocaba parar en Xermeade, preludio do desfile final na aldea de Pontevea.
Pontevea case parece outro mundo aparte porque ademáis de ser xa o final, nela tamén somos vistos pola xente que vén doutros lugares para disfrutar o carnaval de Reis. Avistanse todas as carrozas, facemos tres paradas para cantar o noso repertorio enteiro (Multicentro Daniel Pernas, na pista das Areas e no cruce que une os mestros con Pontevea), e vivas e máis vivas antes de ir recollendo cara o Calvario para o que sí é de verdade a última actuación do entroido deste ano.
E como xa dixen...o camión dos coros é outro mundo, o mesmo vas sentado descansando (case nunca), como repasas os cantares dese e outros anos, como te arrancas con outras cancións, eres "aplastado" pola tropa francesa ou de repente tamén vai a TNT contigo e sucede esto:


E chegamos á gran actuación. Cantan os bonitos, cantamo-los vellos. Cantamos xuntos o desafío e rematamos cunha gran festa!! Escoitamo-los atranques e quedamos a celebralo coa charanga resistíndonos a rematar o día.
E ainda coa resaca de cansancio non recuperado, e xa con nostalxia da festa vivida, estou segura de que igual ca min, o resto de xente do carnaval xa está desexando que chegue o do ano que vén e pensa..."agora esperar un ano..."
Para despedir esta crónica que mellor que un fragmento do peche dos atranques...



"Señores ata o ano que vén!
Moitas gracias por me ler.
E se este ano o pasaron ben,
ó Entroido de Reis teñen que volver!"


María Vázquez Rey
.

jueves, 12 de febrero de 2015

Crónica de un Entroido: ENTROIDO EN REIS (II)


SÁBADO 07/02/2015:

Toca Diana e a prepararse para o entroido!! Xa é sábado e comezan dous días de entroido en Reis!


Tras varias semans de intensa loxística sobre un disfraz que semellaba do máis fácil...por fin estabamos listas e as "Galleta María" estaban dispostas a pasar un bo entroido.

 

HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
                 10:30h. (segundo a xente...jijiji)

HORA REAL DE PARTIDA: 10:45h. da mañá.
 

E alá arrancamos, dende o calvario, bonitos e vellos no camión de comparsas seguidos polas carrozas e os seus ocupantes, o demo e as rosquilleiras, a charanga (TNT, como non!) e a comitiva de xenerais do Ulla.
Despois de chegar ata alá arriba que ben se agradeceu o chocolate quentiño!
En Coira
en Coira

Tras Coira enfilamos cara Freixeiro a ritmo de charanga, e se non hai música de charanga... no problem! Porque as carrozas molan, pero o camión das comparsas é outro mundo! O camión é unha montaña de emocións. Un lugar de encontro, de intercambio e de convivencia entre novos (bonitos) e vellos (que tamén son bonitos... ou acaban bonitos... todo depende!jajaja).
 
E coma quen non quere a cousa, e sen sentir que o tempo pase...chegas a Valiñas. A Valiñas "de abaixo". Cantares do lobo, o "carallo" do demo e cañóns de confeti, todo acompañado de un ánimo estupendo e un bo viño (inevitable que veñan á cabeza aqueles versos: "o viño de Reis non sei que terá, que canto máis bebes, máis sede che da..."). E así...quen dixo frío?
E Valiñas "de arriba" non ía ser menos. Cantamos o "desafío, que para min foi das mellores letras de carnaval polo diálogo que escenificaba e a unión entre os dous coros, ainda que costa decidirse!
 
Rematado o tempo de comida e baño (aaaaalgo tan importante e básico, e sorprendentemente xeneroso por parte dos veciños que nos acollen bondadosamente) que sempre moi amablemente a familia Leal nos ofrece (e tamén a comisión), retomamos o camiño e facemos parada na aldea de Pazos onde baixamos a comida e lle facemos oco á merenda...

 

Non faltaba ánimo, e menos mal, porque tocaba camiñar. Esperaban os veciños en Monteselo e no alto de Vieiro para logo seguir nas aldeas de Freiría (lugar do noso director de vellos e autor das comparsas, Manolo Pedreira) e a Ribeira.
As horas ían pasando sen darte conta e o día estaba chegando ao seu fin...tocaba subir cara a Iglesia e rematar a actuación do sábado no calvario.
 
No calvario...festa de exhibición para os coros e para os xenerais cos atranques. Ademáis este ano tíñamos unha grata sorpresa, que foi de verdade moi grata!! Os "Hugos" daban o atranque. Que arte teñen estes nenos!! Ademáis tamén repetían Adrián Ojea e José Leal, dous mozos que levan o entroido dentro e que o mundo do cabalo lles gusta máis que un caramelo a un neno. Así o futuro está asegurado!![clicando no nome en negriña deberíades poder ir a ver os vídeos]
 
E rematou o sábado! Menos mal que ainda quedaba o domingo...


María Vázquez Rey
.

lunes, 2 de febrero de 2015

ENTROIDO EN REIS (I)

Xa deu comezo a época de Entroido no Concello de Teo.
Tras o pistoletazo de saída dos Xenerais na parroquia de Oza, esta fin de semana toca barrer para a casa. Os días 7 e 8 deste mes a Parroquia de Reis colle as máscaras e saca os cabalos para ofrecer divertimento por todas as aldeas ademáis de a aqueles que nosq ueiran vir ver dende terras alleas.
 
Sempre me gustou ir ver o desfile dos meus parroquianos, escoitar as comparsas dos coros e os atranques dos xenerais, pero dende que o probei no ano 2011 teño que decir que vivilo dende dentro é outra experiencia, que salvo en raros casos, engancha. Tras dous anos sen poder ir neles este toca volver. Espero disfrutar de dous días de risas e bos momentos, que para malos hai moitos outros no ano!

Esperámosvos!!!
María
.

Poñan atención señores
que se entere o mundo enteiro
en Reis estamos de entroido
a primeiros de febreiro.
...
O sabado sete salimos
e domingo oito tamen
quedan todos combidados
que non nos falte ninguén.
 
 


Seguidores