jueves, 29 de abril de 2010

Soñar...

Por que soñar contigo?
Por que se cando esperto xa non estás e volve a dor de estar só?
Por incrible que pareza, creo saber a resposta. Soñar equivale a un mundo paralelo onde deixamos renda solta á imaxinación, sabendo que non haberá nel unha avaliación social do que dirán.
Aí mandamos nós!
Igual que en carnaval a xente se disfraza daquilo que habitualmente non é ou non pode ser, nos soños vivimos aquilo que no eido real non estamos disfrutando, ou se presenta doutra forma. A veces modula a realidade, e outras é premonitorio.
Seguindo esto, por que non ei disfrutar dos soños ainda que despois non teña o que neles aparece?
A perversión dos soños anima a tímida, apagada, responsable e desconfiada vida que levo.
---

véxanse as citas

---

María.
[que bonito cando se soñan cousas bonitas...]
.

sábado, 24 de abril de 2010

Cousas da Natureza

Hoxe tras chegar á casa do Curso de ESF sobre Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano, aló polas 20:30 da tarde-noite, meus pais andaban a traballar pola horta como moitos outros sábados, pois é o único día da semana que se poden adicar a ela.

Estando eu xa no interior da casa, meu pai veu chamar por min e por miñas irmáns para preguntarnos si queríamos ver "un parto"!

A resposta foi unánime e inmediata, e alá nos fomos, ao cobertizo das ovellas para ver en primicia un dos efectos da natureza.

Posiblemente a moitos non lles guste nadiña, outros estean cansado de velos. Eu deixo unha foto (porque o vídeo non mo carga...) porque realmente penso que é unha das cousas que mostra á vez a complexidade e simple que pode ser a natureza. E no fondo, é bonito.




Tivo dous, só cheguei ao 2º.

jueves, 22 de abril de 2010

V Curso de Cooperación e Tecnoloxía Para o Desenvolvemento Humano

Esta fin de semana ESF segue coa 5º edición do seu curso anual. Alí estarei.

Aqueles que non vos animastes a inscribirvos, anímovos a asistir como oíntes!







miércoles, 21 de abril de 2010

Soidade

Tanto que ensinar e ninguén a quen mostrarllo.

Tanto que dar e ninguén para recibilo.

Sentirse só entre tanta xente, cheo de cousas e baleiro á vez.

Momentos nos que sentirse pleno, reconfortado... e en cuestión de segundos non sabes si queres dar un paso máis ou todo o que fas serve de algo.

Non saber si os que están, están de verdade ou só é o que queres ver para non sentirte máis só.

Chegou un momento no que algo se vaciou e no seu lugar unha parede de cristal cubriu o oco...

Agora só queda esperar que poida romperse...



María
.

martes, 20 de abril de 2010

Nunha Nube...

Polo xeral, cando estás nunha nube, eu o asocio a algo bo, pero neste caso a Nube á que vou facer referencia é a de cinza que os nosos veciños do norte "nos envian". Poñoo entre comiñas porque evidentemente é algo que non envían querendo...

A verdade é que non creo que nadie pensase que un pouco de cinza no aire fixese nada nin causase este revoo, pero mirade a de minutos televisivos para os que da, e ainda así a xente do que se queixa na maior parte é de que non hai información.
é verdade que a xente á que lle toca quedarse no lugar onde está sen poder viaxar (en avión), merece ter certa información sobre o que vai pasar para poder "facer algo da súa vida", pero penso que tampouco se lle pode botar a culpa ás compañías aéreas. Non se trata dunha folga na que, relativamente se pode controlar ou prever a situación e da cal son directamente responsables os implicados na empresa. pero neste caso o que sucedeu é algo natural. Un efecto da natureza, que non pasa só en Islandia e que non podes controlar unha vez que se inicia nin podías prever que cando comezase a soltar cinza o volván (de nome complicadiño...) o aire o levaría cara un lado ou cara outro... A xente ás veces queixase de vicio...Hai que ver de cantas cousas se da un conta cando pasa algo así.



Mirade como son as cousas, que cando falas de reciclaxe (non todos) a maioría da xente pasa de clasificar, e cando dis non queimes caucho...vai a xente e faino igual, porque..."que vai facer dano unha rodiña que queime eu?"
Pois ao medio ambiente o mesmo que a nube de cinza, pero en pequeniño... non tirarás un avión abaixo coa túa fogata hoxe, pero contribuirás a que caia o día de mañá.

E resulta que non hai tanto, as persoas non se desplazaban en avión a todas partes, agora o que había que facer era viaxar coma antes, pero a xente é moi cómoda, protesta porque os avións non saen e se saise e se desen accidentes, protestaría pola neglixencia dos profesionais da aviación... os serers humanos somos así moitas veces!

O pequeno graniño de area que podemos poñer de forma individual cada un de nós si que serve apra axudar ao medio ambiente, non deixes escapar a oportunidade de contribuir para poder conservar o planeta no que estas vivindo!


Insisto en que o cambio climático é algo natural que ia acabar pasando. Xa sucedeu así anteriormente e todo é un ciclo, pero o erro que comenteu o ser Humano coa súa ansia de poder, ambición e dominio, foi acelerar un proceso, que si había de ser natural e lento, se convertiu en algo rápido e superficial que non vai dar parado. Acaso podes reter un volcán cando desperta??



María
.

domingo, 18 de abril de 2010

Algo que no fondo, queda para sempre

A tristura e agonía que hai uns días comezaba, rematou. Agora só aparecen momentos de vacío acompañados de recordos, pero os recordos son para sempre. Nada nin ninguén no-los poderá arrebatar.

Quero recordarte sempre como cando era pequena.
Quixera escoitarte como cando me contabas grandes historias de antes.
Quero sentir que me protexes, que me apoias e me guías.
Sei que fisicamente non estarás máis comigo, máis seguirás vivo en cada recordo do que xuntos vivimos.
Levarei a cabo os soños que xuntos comentamos e polos que me decías que loitase.
Este mundo non se fixo para sempre, e tampouco o que nel hai, pero cada momento vivido e disfrutado xuntos non poderá borrarse nunca da faz da terra.
Seguirei sempre adiante para que dende aló arriba te sigas sentindo orgulloso de min e os segredos que só nós sabíamos sigan entre nós para sempre.


María
.
[A Leonardo 16/01/1919 - 15/04/2010]

martes, 13 de abril de 2010

Sangue do meu Sangue

Pouco ruído. Só destaca entre o silencio o burbulleante son da máquina de osíxeno da cama do lado e algún que outro murmullo procedente do pasillo.

Estás durmindo, semella que pracidamente.
Aquí, ao teu carón, non deixo de observarte. Curiosamente descubro algo que non me sorprende, pero que sí me agrada, quizais unha tonteria froito do "sen facer": compartimos postura pra durmir!

Posiblemente algo insignificante, pero desas pequenas cousas nas que case ninguén repara e que neste caso me fan esbozar un sorriso.

Outro pequeno signo que mostra que hai sangue túa a correr polas miñas veas.





María
.

viernes, 9 de abril de 2010

sahara occidental

E seguimos coas charlas.
Si o mércores pasado facia un recorrido polo desastre ocorrido en Bhopal, mañá xunto co grupo de sensibilización de compostela de ESF, levaremos a cabo a charla que dará a coñecer a problemática dos campos de refuxiados de sahara occidental seguido dunha boa dinámica que nós mesmos elaboramos.

No medio desta montaña rusa de emocións e sentimentos que estou a vivir, hai unha época de charlas que me fan desconectar ainda que sexa un pouco, charlas que van unidas a xente que sempre arrancan un sorriso de min.



María
.

martes, 6 de abril de 2010

Un día Extraño

Extraño. Non hai outra palabra, extraño.
Este é o vocablo que describe o día de hoxe. E non foi hoxe por casualidade, unha serie de acontecementos foronse dando anteriormente ata chegar ao día de hoxe.

É extraño pola confluencia de sentimentos. Un sentir que levo experimentando varios días.
Un choque de bos e malos sentimentos, de risas e choros, de alegrías e penas, de novas que traen vida e de outras que a levan.

Creo que estou a vivir unha desas etapas vitais que te fan madurar, que te fan reflexionar...non queres sen embargo, xulgar á xente, pero moitas veces as circunstancias non che deixan outra e a túa mente traballa, ves inxustizas ó teu redor, actitudes e comportamentos que non entendes e mesmo semella que a xente que precisas e queres ó teu lado...non están.

Quixeras deter o tempo, porque sabes que avanzar traerá malas novas, pero tamén as traerá boas.

Non queda máis ca esperar que todo sexa leve, se sepa levar o mellor posible e ainda quede xente que sepa estar ao teu lado para poder seguir o camiño.

Cando derramedes bágoas, que non sexan de pena, como moito que sexan de sentimento e recordo, pois o importante é saber que mentras estivemos vivos, vivimos unidos, e mediante o recordo nada nin ninguén poderá separar o que nos unía.

Hoxe despertei e sigo viva, teño onde vivir e unha familia co que facelo, volvín á clase e ver ás miñas compañeiras e amigas, preparei unha charla que darei mañá na ONG na que son voluntaria, comecei a traballar nalgo adecuado á miña formación, tiven a visita da miña mellor amiga, tocaronme 6€ na loteria, aparentemente todo son boas novas, pero tamén vin como meu avó e padriño iniciou o fin da súa vida, un dos homes que máis admiro e admirarei sempre pola ´vida que levou. Só me queda disfrutalo mentras estea aquí.

Disfrutade, da vida e da xente que queredes e vos rodea!Só conta o que fagades agora!

Sede felices!


María
.

Seguidores