sábado, 19 de octubre de 2013

19 Octubre...MAMA

19 DE OUTUBRO.
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.

19 DE OCTUBRE.
DÍA MUNDIAL CONTRA EL CÁNCER DE MAMA.
 
 
Para min, non é só hoxe, é cada día do ano.
Para moit@s non é unha frase ou unha foto, é unha nova forma de vida que hai que aceptar e superar.
 
"Recordo ese momento coma se fose agora mesmo.
Estar tranquila, sen preocupacións dese tipo. Estar facendo algo que fas diariamente e non pasa nada. Pero ese día algo mudou e o destino fixo que me percatase, sen querer, de que algo que non debía estaba no meu corpo.
Notar que había un bulto no meu seno e contalo a quen máis quero todo foi un.
Dende aí comeza un novo camiño. Un de incertidume, de nerviosismo. Un camiño que se transformou tan só nun desvío da vida habitual e que afortunadamente rematou en poucos meses para voltar ó camiño principal, pero que non sempre é así.
Despois de meses de probas e consultas non sempre agradables chegou o momento de entrar nin quirófano e facer efectiva pequena a extracción.
Neste caso a cousa resultou ben.
Foron uns meses, hai quen pasa uns anos...e hai quen non pasa apenas nada..."
 
Hoxe é un día sinalado para que todos o recordemos, pero o cancro como enfermidade universal, e a loita contra el, debe estar presente todos os días mentras exista quen o padeza. E todos aqueles implicados na posible mellora deben estalo en maior medida e sen deixar de apoiar en todo momento. 
Pol@s que estiveron, están e estarán loitando, en tódolos ámbitos desta enfermidade.
 
 
 
Hoxe, DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.
 
 
 
 
 
María
.
 


Seguidores