domingo, 31 de octubre de 2010

Samaín

Vivimos días de Outono, choiva, vento, nubes que tornan o día en escuridade, os días fanse máis pequenos e as noites máis longas, pero a pesar diso non se poden vislumbrar as estrelas...
Finalizamos Outubro e comezamos Novembro. O tempo semella ser sabío e saber que época vivimos pois deixanos uns días propios de defuntos, de recollidas nas casas, de sentarse a ver unha película e de espertar entre nós as terroríficas historias de mortos vivintes...
Pasou o tempo das castañas e comezan a verse nas portas as cabazas, de facer pasteis con elas, de pintarlles caras terroríficas, as visitas a ceminterios, a picardía dos máis graciosos á hora de meter medo e escoller os seus atuendos...
Vivimos días de Outono, e si no resto do mundo se vive Halloween, en Galicia, vivimos o Samaín.





Deixovos unhas cancións para a ocasión!





FELIZ SAMAÍN

María
.

jueves, 28 de octubre de 2010

Pausa

Boas a todos.
Levo un tempo sen escribir tan asiduamente como antes. A razón: presentarme a concursos literarios, polo que a maioría das cosuas que escribo son para enviar e as bases dos concursos impiden que estea publicado o relato ou microrrelato en ningún tipo de medio incluídos os blogs.
Espero publicar algo da miña imaxinación pronto!
gracias a todos os que me ledes!
saúdos!

---

Buenas a todos!
Llevo un tiempo sin escribir tan asiduamente como antes. La razón: presentarme a concursos literarios, por lo que la mayoría de cosas que escribo son apra enviar y las bases de esos concursos impiden que dichos textos estean publicados en ningún tipo de medio incluídos los blogs.
Espero publicar algo de mi imaginación pronto!
gracias a todos los que me leeis!
Saludos!



María
.

martes, 19 de octubre de 2010

VOLUNTARIADO: Na busca de voluntarios en Compostela

Pois para a semana empezamos en Compostela para intentar incorporar novas persoas voluntarias, as charlas serán de temática variada e centrarémonos na USC, en ambos Campus.
Este é un estracto do que alí se vai falar:

Sopa de ideas e outras creacións: A importancia da Comunicación no mundo das ONG

Unha mesa, un mantel, varias cadeiras, pratos con letras e gañas de idear. Estes son os materiais imprescindibles cos que se celebrará o taller “Sopa de ideas e outras creacións”, unha proposta de escritura creativa que estimule a reflexión sobre conceptos tan cotiás como o xornalismo actual, a comunicación ou o papel do propio espectador televisivo. Coa idea de “poñer a mesa” nunha aula da Facultade de Xornalismo de Santiago preténdese xerar un espazo de encontro e intercambio de ideas que animen a cuestionar conceptos, debater, aprender e crear.

Bo proveito!

•Día: 19 de outubro

•Hora: 12:00 horas

•Lugar: Aula 4

Facultade de Ciencias da Comunicación


Faltas ti! Descubre o voluntariado...

"Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?" A todas estas cuestións intentarase respostar na charla, onde se mostratán as experiencias de voluntariado en temas como a sensibilización ou a educación.

•Día: 21 de outubro

•Hora: 20:15 horas

•Lugar: Aula 4

Facultade de Psicoloxía



"Banca ¿vs/&? Ética

FIARE"



"Están a ética e a economía naturalmente enfrontadas? Existe algo máis que a economía puramente do capital? É posible facer uso da economía como ferramenta para o desenvolvemento humano? Por suposto! A economía responsable, a economía alternativa e solidaria existe e ten ferramentas moito máis alá da economía doméstica. Fiare pode ser unha delas. Achégate a descubrir esa outra cara da economía, a da conciencia."

•Día: 26 de outubro

•Hora: 20:15 horas

•Lugar: Aula 4

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais



"Experiencias de Cooperación en medio ambiente e desenvolvemento rural en Centroamérica"

Roberto Roget, recén chegado da súa estancia en Nicaragua dentro do Programa de Coñecemento da Realidade tratará de achegarnos as súas vivencias dntro das comunidades nicaragüense onde Enxeñería Sen Fronteiras está traballando así como os proxectos que esta ONGD está desenvolvemento en Centroamérica.

•Día: 27 de outubro

•Hora: 20:15 horas

•Lugar: Aula 3

Facultade de Bioloxía



Faltas ti! Descubre o voluntariado...
A sede compostelán abrirá as súas portas para que a través de fotos e experiencias en primeira persoa, todo aquel que queira, poida conocer que fan as persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras nos distintos ámbitos de traballo que a ONG desenvolve en Santiago, educación, sensibilización e proxectos de cooperación internacional.

•Día: 3 de novembro

•Hora: 20:15 horas

•Lugar: Local de Alumnos

Escola Tecnica Superior de Enxeñeria (ETSE)

lunes, 18 de octubre de 2010

Chile y sus mineros

Hoxe vou deixar un resumo /pequenos recortes dunha noticia sacada de:
http://www.diagonalperiodico.net/No-se-salvaron-todos-los-mineros.html

na que versaba xunto o titular:EN LA ÚLTIMA DÉCADA HAN MUERTO 400 TRABAJADORES DE LAS MINAS CHILENAS.

Mina San José batió records de audiencia; incluso el día del rescate ocupó portadas de los diarios más importantes del mundo. Nunca antes otro acontecimiento chileno había logrado un éxito de tal magnitud, ni siquiera el terremoto mantuvo en vilo a tanta gente.
...
De nuevo lo sensacionalista opacó la oportunidad de profundizar en las causas y de hacer un verdadero periodismo de denuncia. Durante los dos meses que ha durado el show poco se ha hablado de la realidad de los mineros en Chile. Horas y horas de transmisión sólo han servido para describirnos la historia de los protagonistas, llegando incluso a sus devaneos amorosos e infidelidades. Sobre las irregularidades, la explotación, el impacto ambiental, la evasión fiscal y la inseguridad de otras minas chilenas no clausuradas, nada.
Pero es que si uno no forma parte del circo mediático no es noticia y así les ha sucedido a al menos otros siete trabajadores de otras minas que fallecieron durante los dos meses que duraron las tareas de rescate y que pronto serán olvidados junto a los casi 400 mineros chilenos, que, según datos del estatal Servicio General de Geología y Minería, murieron en la última década.
...
En un país que sigue siendo principalmente exportador de materias primas, todos los mineros saben, pese a que pocos medios lo han reproducido, que el aumento de los precios internacionales del cobre, el carbón y el oro es proporcional al incremento de muertes y explotación en los yacimientos gestionados por grandes corporaciones. Parte de esta influencia del mercado en la explotación de los mineros tiene su origen 1981, cuando José Piñera, ministro de minería de Pinochet y hermano del actual presidente, impulsó la privatización del sector poniendo fin al proceso de nacionalización minera llevado a cabo por Salvador Allende.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Incendio en Romero Donallo

Bueno, publicar esta entrada a estas alturas queda un pouco fóra, pero tiñaa a medias (faltaban as fotos) así que agora deixo aquí comentado o suceso...

Ardeu a casiña en fronte da Galuresa... ía eu coa miña familia tan tranquila, disposos a entrar na cidade compostelana cando...ruídos de sereas de bombeiros...que pasaría? uns metros adiante xa se resolvían as nosas dúbidas!













Seguidores