domingo, 22 de enero de 2017

Pel con pel

Tiña ganas de deixar sair a paixón mais non estaban preto. Debía agardar uns días para que o desexo se fixese realidade. Aínda así pechou os ollos e deixou voar a imaxinación sentindo o seu corpo preto, pegado ao seu, rozándose pel con pel e sentindo a súa respiración como a última vez. E así, imaxinando , pechou os ollos e deixouse ir...

María V. Rey

martes, 17 de enero de 2017

Focos

Hai persoas que nos deixan, que se van. E non porque eles queiran senon porque lles toca irse. E deixannos sen máis, cun vacío que pensamos que nunca imos poder cubrir. Pero dende o sitio ao que van, miran de cando en vez para nós e vannos enfocando parte do camiño, e ilumínanos a outras persoas que á súa vez se converten no noso foco. E que sería de nós sen ese foco!? E seguro que si pechas os ollos sabes perfectamente de que persoas falo.

E cando pechou os ollos chegou por detras e deulle un abrazo.

María V. Rey

viernes, 6 de enero de 2017

Unha historia de Nadal

Soñar...
Loitar por ese soño.

Ilusionarte...
Sentir coma un un neno esa ilusión.

Vivir. 
Esa é a mellor historia de Nadal que podes crear e o mellor propósito de un novo ano.
María V. Rey

O ANIVERSARIO DA LAGOA

Saía nos xornais, na televisión, na radio… Facíanse homenaxes a través das institucións… Todo o pobo recordaba a data. Pero había quen a recoraba de maneira máis especial: os pais de Samuel, e o propio Raúl. Cumpríanse trinta anos do asasinato na Lagoa e 45 eran os que cumpría Raúl.
Foi tomar o café ao bar de sempre, e coma sempre en solitario. Tras ler a prensa dirixiuse de novo á súa casa. Entrou e sentouse na butaca do salón ante unha gran fiestra dende a que se divisaba perfectamente toda a Lagoa de Antela.
El quedara coa casa tras a repentina morte de seus pais e nunca quixo desfacerse dela a pesar das traxedias que a rodeaban.
Trinta anos atrás celebrou o seu 15º aniversario cunha gran festa no xardín da casa, o cal chegaba ata a ribeira da lagoa. Sen que ninguén soubese como o seu amigo Samuel desapareceu da festa e dende entón foi todo un misterio. Un misterio agás para Raúl, que sabía exactamente onde escondera ao seu amigo…

María V. Rey

domingo, 1 de enero de 2017

Balance?

En ocasións hai sabios que falan ou escriben, e a veces ata oídos atentos que escoitan ou ollos abertos que len.
No primeiro dos tempos somos coma tábulas rasas ou esponxas que absorbemos todo, e co paso do tempo, sen saber ben por que, deixamos de atender realmente ao que nos rodea e parece que se nos acabaron as follas para escribir as nosas historias, ou que secamos e non somos capaces de absorber nada máis. Deixamos de querer vivir.


Rematou outro ano máis, e si temos a posibilidade de estar fisicamente vivos, intentemos, ainda que algún día nos coste, vivir cada día. Non teñamos medo de descubrir, de sentir e de querer, porque se nos sentimos libres para iso desfrutaremos, e quen sinte e quere por nós tamén estará feliz.

Secadra así tamén nos descubrimos e  atopamos a nós mesmos, porque por non mirar, non vemos. Por non sentir, non queremos. E non sempre as cousas son só o que parecen, que os toxos tamén teñen flor e as rosas espiñas, e para chegar a onde estamos hai moitas historias...

María V. Rey
.

Por un 2017 de descubrimentos e boas experiencias.

sábado, 3 de diciembre de 2016

Cartas para todos e para ninguén (X)

Hoxe é o teu día, e ainda que non esteas presente poucas son as veces que non te noto aquí. Recórdote en cada paso que dou, no que faríaas ou dirías do que fago ou consigo. Parte do que son é por ti.
Que bonito sería dar un paseo máis, tomarnos unha sopa quente en inverno ou intentar facer un brazo de gitano, que ainda non saleu, pero pronto collerei valor para intentalo de novo. Que bonito sería un abrazo e que todo o malo se borrase, porque a veces hai persoas que conseguen facer iso.
Hoxe é o teu día, non estás, pero continúas totalmente viva no recordo. Felicidades.

María V. Rey

martes, 29 de noviembre de 2016

Cartas

Tremer por dar un primeiro abrazo. Que te abracen e o estómago se encolla.
Morrer por acariciar e ter medo de como reaccionen. Que te acaricien e todos e cada un dos pelos se poñan de punta.
Quedar de pedra co máis pequeno detalle, pero que eso signifique que dende onde sexa apareciches nos seus pensamentos. Que facer feliz a alguén con pequenos detalles sexa claramente o que queres facer o resto da vida.
E con todo esto non pregunto si me queres, todo isto faime sentir por ti, e con todo isto dígoche que te quero ata o final dos meus días.

María V. Rey

jueves, 24 de noviembre de 2016

martes, 1 de noviembre de 2016

CAMINANTE

Siempre decidía ir caminando a pesar de las advertencias. Los cotilleos decían que cualquier día se llevaría un susto. Lo que no sabía nadie era que ella era capaz de sacar toda la sangre al conductor que le paraba en cada paseo de vuelta a casa… ¿Te llevo?

María V. Rey

Microrrelato presentado en el Concurso de Microcuentos.es Reto Halloween de terror.

Microcuento 193:

http://microcuento.es/halloween/

lunes, 31 de octubre de 2016

Cuerpo al agua

Su sonrisa era una de las cosas que le habían enamorado. Otra como hablaba, tenía una facilidad de palabra que enganchaba. Ahora ya no sentía nada. Él en cambio, satisfacción de haber conseguido un trofeo más mientras miraba como el cuerpo se alejaba flotando sobre el agitado mar...


María V. Rey

martes, 25 de octubre de 2016

Días Grises

Hai días grises que desgraciadamente todos temos que pasar nalgún momento.
Neses días, cando toca extremadamente cerca, non sabes que decir porque sabes que nada do que digas poderá cambiar a situación ou aliviar verdadeiramente a pena que se sinte. Só toca sentir, deixar sentir. E estar, estar cando se precise que esteas.

María V. Rey

domingo, 23 de octubre de 2016

El cáncer se supera. (Paco León)
















A veces hai xente que pregunta que fai un psicólogo nunha unidade oncolóxica... Axudar a estabilizar a mente, atopar un equilibrio, buscar formas de afrontamento, n@ implicad@ e na familia.

"un cáncer no acaba en un hospital, no acaba en la derrota de la enfermedad.
Los miedos no se estirpan sino que se vencen.
La vida no se reconstruye sino que se afronta....
El cáncer no caduca, el cáncer no se esconde. El cáncer se supera. Solo cuando esteamos convencidos, solo entonces, habremos ganado el desafío."

sábado, 24 de septiembre de 2016

Máis café?

Creo que o problema está na cantidade de café no meu corpo... Descendeu.


María V. Rey
.


sábado, 20 de agosto de 2016

Vacacións

Quero vacacións, unha terraza ao fresco, un bo café e deixarme pensar libremente...

María V. Rey


domingo, 31 de julio de 2016

POKEMANIA

Llámame antigüa, pero en este mundo interactivo que vivimos, yo no quiero cazar pokemons, quiero cazarte a ti.

María V. Rey

viernes, 29 de julio de 2016

Escribir para esquecer

Así como un líder precisa seguidores para poder ser líder, por moito que escribas, se non tes quen te lea, tan só escribes para esquecer...

María V. Rey


lunes, 25 de julio de 2016

A Santiago

Unha das cousas que máis me gusta é pasear por Santiago, pero ainda me gusta máis si é contigo...


María V. Rey
.


sábado, 16 de julio de 2016

Buscando apoyo par mi relato en Signo Editores, Hablando con letras.

Decidida a participar en un concurso de microrrelatos, la imaginación activó máquinas y este es el resultado.
Aquí os presento el enlace dónde está el microrrelato que el jurado acordó pasar en una primera fase.
Entre hoy y mañana podeis darme vuestro apoyo pinchando en el enlace y clicando encima de VOTAR.

GRACIAS

PINCHA AQUÍ

O copia el soguiente enlace:

http://www.hablandoconletras.es/signo-editores/escondite-maria-vazquez-rey/

sábado, 9 de julio de 2016

Festas 2016, en Reis

Chegan de novo.
Xa están aquí!!
E non podía deixar de publicar tal evento.
As Festas patronais da Parroquia de Reis.
Serán mellores ou peores, pero son as nosas festas!
A disfrutar, estades convidados!!!


viernes, 1 de julio de 2016

Calor e frío

Xa se achega o tempo de calor e ainda así, sinto frío cando non dormes comigo...

María V. Rey

miércoles, 29 de junio de 2016

Por que si solo se trata de querer?

Se querían, pero la sociedad no les quería.
Se amaron en clandestinidad sin poder mostrar su felicidad para que otros sí fuesen felices.
Murieron de amor por vivir en soledad.
¿Por qué si solo se trata de querer?

María V. Rey
28 Junio

--------
Queríanse, pero a sociedade non os quería.
Amáronse na clandestinidade sen poder amosar a súa felicidade para que outros si fosen felices.
Morreron de amor por vivir en soidade.
Por que si só se trata de querer?

María V. Rey
28 de Xuño

Que pouco a pouco se consiga esa liberdade e se acaben os prexuízos.

jueves, 23 de junio de 2016

San Xoán

Jorge e Sara fan sempre por San Xoán unha gran cea con amigos e familiares.
Veñen os seus tres fillos: Roberto, Anxo e Lourdes, acompañados das súas parellas e recentemente, do seu neto Alejandro que naceu o pasado 20 de maio.
Reúnense na casa familiar que teñen en Cedeira e fan unha gran cacharela.
Sara prepara uns ricos cachelos i ensalada, e Jorge ocúpase da parrilla e as sardiñas.
Os fillos preparan a fogueira e Lourdes os postres e a mesa para os comensales.
Ás 00:00h. da noite prenden lume e botan as meigas fóra dando gracias por estar reunidos un ano máis, pois as boas costumes non deben perderse nunca...
María V. Rey
.
"Historias para recordar".- texto e preguntas para realizar actividades de Psicoestimulación de Memoria en Adultos Maiores.


martes, 21 de junio de 2016

É verán

Barullo nas beirarúas.
Portas e terrazas ateigadas pasadas as doce da noite.
Manga curta e pernas ao aire. E gústache non sentirte escrav@ da chaqueta.
O ceo despexado. Despexado de día e de noite, podes contar cada unha das estrelas, e contarllas a alguén tamén.
Charlas, reflexionas ou estás calad@ simplemente observando.
Cenas no xardín, refresco ou xelado, pero no xardín e xa de noite.
Das apertas. E bicos, sobre todo bicos.
Durmir coa ventá aberta e sen taparte. Incluso sen pixama, pero sempre con esa persoa ao lado.
Da vitamina.
Chegou.
É verán.

María V. Rey
.

domingo, 12 de junio de 2016

Solo eso

- Sabes que che faría agora mesmo?
- Que?
- O amor. Faríache o amor... Lenta, con detalles, con mimo, con caricias, apasionada... Solo eso.


María V. Rey
.

Seguidores