domingo, 25 de octubre de 2015

Solo iso


No fondo, hoxe, solo quería unha cousa. Solo quería un abrazo...


María
.

jueves, 22 de octubre de 2015

miércoles, 21 de octubre de 2015

Xestión Municipal do Dereito Humano á Auga - ESF en TEO

A auga é un ben común.
A auga é un dereito universal.
Todo o mundo debería ter un acceso á auga o máis asequible posible.
No Concello de Teo veñen da recente municipalización do servizo de auga e esta tarde terá lugar un Foro Aberto que a ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ofrecerá co fin de sensibilizar aos asistentes sobre o acceso á auga como una problemática global.
Todos debemos ser conscientes dos coidados que se precisa un mantemento adecuado das instalación e do gasto de auga en xeral.
 
Esta ONGD, da que me sinto orgullosa de formar parte, ten experiencia neste campo con proxectos en Honduras, El Salvador e os campamentos Saharauis, polo tanto, animo a todos aqueles que poidades a asistir esta tarde ao Salón de plenos do concello de Teo, ás 19:00h. da tarde.


Máis foros abertos de ESF noutros municipios clicka AQUÍ.


María
.

sábado, 17 de octubre de 2015

Equilibrio imposible?

Todo é cíclico, e hai épocas. E cada un debe adaptarse a esas épocas e vivir eses momentos, disfrutar deles. A clave de todo está na adaptacion, en buscar o teu equilibrio, ainda incluso cando o equilibrio pareza imposible... Quizais cando menos o esperes, a balanza tope con que equilibrarse para simplemente, disfrutar.
Feliz época.

María
.

jueves, 15 de octubre de 2015

Cartas para todos e para ninguén (VII)

Fasme sorrír.
Si, ti.
Cando esperto e te vexo ao meu carón.
Cando sen motivo apareces na miña mente.
Cando vexo que me escribes porque te acordas de min con pequenas cousas nas que só ti reparas.
Cando calquera cousa sen motivo aparente me recorda a ti.
Fasme sorrír, e iso, iso é a felicidade.

María
.

domingo, 11 de octubre de 2015

MIRADAS QUE PENETRAN


Conseguiuno...
Con tan só unha mirada, conseguiuno.
Derribou o muro que me facía insensible e logrou penetrar facéndome desbordar de emocións e sentimentos que tan dormidos estaban.
Con tan só unha mirada...conseguiuno!


María
.

miércoles, 7 de octubre de 2015

Historias sen final (XIII)



A veces hai que tomar decisións importantes. Ela decidiu disfrutar e ser feliz con aquilo que cada momento e persoa lle ofrecian.
E ainda que parecese fácil, esa era a decisión máis importante.


María
.

sábado, 3 de octubre de 2015

O Mercado Labrego celebra a chegada do Outono

O Mercado Labrego que podemos atopar cada Sábado nos Tilos (Teo) celebra hoxe unha xornada especial con motivo da chegada do Outono.
Os mercaderes de sempre e máis postos novos reúnense nesta xornada para ofrecer variedade e productos típicos da estación que comezamos.
Ademáis tamén contan cunha cantina para poder tomar algo e con tapa incluída!
Tamén haberá postos de artesanía onde atopar un bonito agasallo ou decoración para nós mesmos.
E como non, tamén se pensou nos máis cativos, cunha sesión de títeres e monicreques. E sen faltar algo esencial para animar o espírito: a música!
Comprobao ti mesmo!

Seguidores