sábado, 3 de mayo de 2014

Hai días...

Hai días que é mellor non levantarse. Días nos que todo sae ó revés... Días nos que comezas ben e rematas fatal e todo o contrario. Días nos que os comezos auguran fatalidade e resultan ter un gran final... Días que pasan pola túa vida coma se non pasasen e coa maior das indiferencias, e días que non esperas borrar da memoria.
Días que sen querer, tes que levantarte. E días que querendo, non podes.
Días de soidade e días de grandes compañías. Días de bágoas e de amplos sorrisos. Días de traballo e días de vagancia, de chuvias e treboadas, de brillante sol...
Días nos que é mellor que non abras a boca, de feito, mellor que nin penses. E outros días nos que comerías o mundo.
Días mudos e días de inspiración...
Días...nos que amas, te ilusionas, te decepcionas, sofres, te enfadas, perdoas, te alegras, aprendes, te divirtes... e creas momentos que se converten en pezas dun puzzle, que por moi distintas que sexan, encaixan para formar a túa VIDA.
E sabes unha cousa? Por moi diferentes que sexan eses días, e ainda que xa se dese un deles, poden repetirse. Repetirse tantas veces como se lle antolle! Así que cando penses que ese día parece o final, non peches o libro, non apagues a pantalla... Cada día é unha nova oportunidade así que intenta facer de cada día un dos mellores capítulos da túa vida e sen desperdiciar calquera que sexa o final do mesmo antes de deitarte para comezar de novo.



María
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores