sábado, 3 de diciembre de 2016

Cartas para todos e para ninguén (X)

Hoxe é o teu día, e ainda que non esteas presente poucas son as veces que non te noto aquí. Recórdote en cada paso que dou, no que faríaas ou dirías do que fago ou consigo. Parte do que son é por ti.
Que bonito sería dar un paseo máis, tomarnos unha sopa quente en inverno ou intentar facer un brazo de gitano, que ainda non saleu, pero pronto collerei valor para intentalo de novo. Que bonito sería un abrazo e que todo o malo se borrase, porque a veces hai persoas que conseguen facer iso.
Hoxe é o teu día, non estás, pero continúas totalmente viva no recordo. Felicidades.

María V. Rey

martes, 29 de noviembre de 2016

Cartas

Tremer por dar un primeiro abrazo. Que te abracen e o estómago se encolla.
Morrer por acariciar e ter medo de como reaccionen. Que te acaricien e todos e cada un dos pelos se poñan de punta.
Quedar de pedra co máis pequeno detalle, pero que eso signifique que dende onde sexa apareciches nos seus pensamentos. Que facer feliz a alguén con pequenos detalles sexa claramente o que queres facer o resto da vida.
E con todo esto non pregunto si me queres, todo isto faime sentir por ti, e con todo isto dígoche que te quero ata o final dos meus días.

María V. Rey

jueves, 24 de noviembre de 2016

martes, 1 de noviembre de 2016

CAMINANTE

Siempre decidía ir caminando a pesar de las advertencias. Los cotilleos decían que cualquier día se llevaría un susto. Lo que no sabía nadie era que ella era capaz de sacar toda la sangre al conductor que le paraba en cada paseo de vuelta a casa… ¿Te llevo?

María V. Rey

Microrrelato presentado en el Concurso de Microcuentos.es Reto Halloween de terror.

Microcuento 193:

http://microcuento.es/halloween/

lunes, 31 de octubre de 2016

Cuerpo al agua

Su sonrisa era una de las cosas que le habían enamorado. Otra como hablaba, tenía una facilidad de palabra que enganchaba. Ahora ya no sentía nada. Él en cambio, satisfacción de haber conseguido un trofeo más mientras miraba como el cuerpo se alejaba flotando sobre el agitado mar...


María V. Rey

martes, 25 de octubre de 2016

Días Grises

Hai días grises que desgraciadamente todos temos que pasar nalgún momento.
Neses días, cando toca extremadamente cerca, non sabes que decir porque sabes que nada do que digas poderá cambiar a situación ou aliviar verdadeiramente a pena que se sinte. Só toca sentir, deixar sentir. E estar, estar cando se precise que esteas.

María V. Rey

domingo, 23 de octubre de 2016

El cáncer se supera. (Paco León)
















A veces hai xente que pregunta que fai un psicólogo nunha unidade oncolóxica... Axudar a estabilizar a mente, atopar un equilibrio, buscar formas de afrontamento, n@ implicad@ e na familia.

"un cáncer no acaba en un hospital, no acaba en la derrota de la enfermedad.
Los miedos no se estirpan sino que se vencen.
La vida no se reconstruye sino que se afronta....
El cáncer no caduca, el cáncer no se esconde. El cáncer se supera. Solo cuando esteamos convencidos, solo entonces, habremos ganado el desafío."

sábado, 24 de septiembre de 2016

Máis café?

Creo que o problema está na cantidade de café no meu corpo... Descendeu.


María V. Rey
.


sábado, 20 de agosto de 2016

Vacacións

Quero vacacións, unha terraza ao fresco, un bo café e deixarme pensar libremente...

María V. Rey


domingo, 31 de julio de 2016

POKEMANIA

Llámame antigüa, pero en este mundo interactivo que vivimos, yo no quiero cazar pokemons, quiero cazarte a ti.

María V. Rey

viernes, 29 de julio de 2016

Escribir para esquecer

Así como un líder precisa seguidores para poder ser líder, por moito que escribas, se non tes quen te lea, tan só escribes para esquecer...

María V. Rey


lunes, 25 de julio de 2016

A Santiago

Unha das cousas que máis me gusta é pasear por Santiago, pero ainda me gusta máis si é contigo...


María V. Rey
.


sábado, 16 de julio de 2016

Buscando apoyo par mi relato en Signo Editores, Hablando con letras.

Decidida a participar en un concurso de microrrelatos, la imaginación activó máquinas y este es el resultado.
Aquí os presento el enlace dónde está el microrrelato que el jurado acordó pasar en una primera fase.
Entre hoy y mañana podeis darme vuestro apoyo pinchando en el enlace y clicando encima de VOTAR.

GRACIAS

PINCHA AQUÍ

O copia el soguiente enlace:

http://www.hablandoconletras.es/signo-editores/escondite-maria-vazquez-rey/

sábado, 9 de julio de 2016

Festas 2016, en Reis

Chegan de novo.
Xa están aquí!!
E non podía deixar de publicar tal evento.
As Festas patronais da Parroquia de Reis.
Serán mellores ou peores, pero son as nosas festas!
A disfrutar, estades convidados!!!


viernes, 1 de julio de 2016

Calor e frío

Xa se achega o tempo de calor e ainda así, sinto frío cando non dormes comigo...

María V. Rey

miércoles, 29 de junio de 2016

Por que si solo se trata de querer?

Se querían, pero la sociedad no les quería.
Se amaron en clandestinidad sin poder mostrar su felicidad para que otros sí fuesen felices.
Murieron de amor por vivir en soledad.
¿Por qué si solo se trata de querer?

María V. Rey
28 Junio

--------
Queríanse, pero a sociedade non os quería.
Amáronse na clandestinidade sen poder amosar a súa felicidade para que outros si fosen felices.
Morreron de amor por vivir en soidade.
Por que si só se trata de querer?

María V. Rey
28 de Xuño

Que pouco a pouco se consiga esa liberdade e se acaben os prexuízos.

jueves, 23 de junio de 2016

San Xoán

Jorge e Sara fan sempre por San Xoán unha gran cea con amigos e familiares.
Veñen os seus tres fillos: Roberto, Anxo e Lourdes, acompañados das súas parellas e recentemente, do seu neto Alejandro que naceu o pasado 20 de maio.
Reúnense na casa familiar que teñen en Cedeira e fan unha gran cacharela.
Sara prepara uns ricos cachelos i ensalada, e Jorge ocúpase da parrilla e as sardiñas.
Os fillos preparan a fogueira e Lourdes os postres e a mesa para os comensales.
Ás 00:00h. da noite prenden lume e botan as meigas fóra dando gracias por estar reunidos un ano máis, pois as boas costumes non deben perderse nunca...
María V. Rey
.
"Historias para recordar".- texto e preguntas para realizar actividades de Psicoestimulación de Memoria en Adultos Maiores.


martes, 21 de junio de 2016

É verán

Barullo nas beirarúas.
Portas e terrazas ateigadas pasadas as doce da noite.
Manga curta e pernas ao aire. E gústache non sentirte escrav@ da chaqueta.
O ceo despexado. Despexado de día e de noite, podes contar cada unha das estrelas, e contarllas a alguén tamén.
Charlas, reflexionas ou estás calad@ simplemente observando.
Cenas no xardín, refresco ou xelado, pero no xardín e xa de noite.
Das apertas. E bicos, sobre todo bicos.
Durmir coa ventá aberta e sen taparte. Incluso sen pixama, pero sempre con esa persoa ao lado.
Da vitamina.
Chegou.
É verán.

María V. Rey
.

domingo, 12 de junio de 2016

Solo eso

- Sabes que che faría agora mesmo?
- Que?
- O amor. Faríache o amor... Lenta, con detalles, con mimo, con caricias, apasionada... Solo eso.


María V. Rey
.

jueves, 2 de junio de 2016

Novo Torneo do Praíña Sp. C.

Un ano máis o equipo de fútbol do Praíña Sp. Club fai o seu xa coñecido Torneo.
Este ano montado ao grande!!!
Un traballo de unión entre clube e familias, un gran traballo para ofrecr os aficionados, socios e asistentes un bo día de deporte.
Poderase comer nas inmediacions do campo polo que se apode apuntar o día para pasalo en familia e con amigos nas instalacións do Praíña!
Animádevos, eu alí irei comer ainda que me toque fin de semana de traballo.


domingo, 29 de mayo de 2016

Só ese abrazo

E podería caer o mundo e non o sentiría, incluso lle daría igual. Porque o que precisaba agora era un abrazo en silencio. Un deses abrazos que te reconfortan, que te deixan caer en anacos desfacéndote de bágoas, mentras se está en silencio, e que nese ambiente mudo te recompoñen pouco a pouco. Só ese abrazo.


María V. Rey
.




miércoles, 25 de mayo de 2016

TRINTA: Benvidos!!

Acabo de entrar na mellor época: os TRINTA.
Secadra dicir que é a mellor tan só é porque os cumpro e forma parte da resignación de facerse “adulto” e intento asimilar a situación de cambiar de década, pero non o creo. Creo realmente que os TRINTA son unha das mellores épocas da vida dunha persoa.
Éntrase nunha época na que xa se ten unha experiencia, un recorrido, e ao mesmo tempo aínda tes moito tempo por diante para experimentar e aprender. Para coñecer, descubrir, probar e equivocarte, e volver comezar. En fin moito que vivir.
Xa non estudas, pero poderías facelo e non pasaría nada.
Pode que comeces a etapa laboral máis activa da túa vida, pero tamén que tomes unha pausa, e non pasaría nada.
É o momento de arriscar. Non es un “vinteañero” ao que mirarán coma un tolo, e si te miran así e pensan que se che foi a cabeza coa idea que planteas, que pasa? Vas esperar a ter corenta para arriscarte na vida? Non. É o momento.
É esa etapa na que pensas en independizarte de verdade. En ser ti. E incluso en ser para os demais. Na que te arrancas con un “vivimos xuntos?” ou tomas a decisión de “bebés?” e sae un sorriso. Na que dis “sola?” Sí, quero. Que me apetece recorrer Europa e podo? Pois alá vamos! E senón máis económico sae facer o Camiño de Santiago e aínda axudas a manter o tipo que tamén nota que entra nos trinta…
Faste maior? Sí, pero tamén máis sabia. Podes evitalo? Non, bueno, sí, pero esa non é unha opción, eu quero vivir, e vivir implica facerse maior. Implica saír fóra ainda que faga vento e despeinarse. Walt Disney dixo “pregúntate si lo que estás haciendo hoy te acerca al lugar dónde quieres estar mañana”. Respóndete esto.

Reflexionado, é a mellor, sen dúbida. Agora a seguir escoitando The Corrs e a tomar o café antes de que estea frío de todo… Benvidos trinta! 


María V. Rey
.

domingo, 22 de mayo de 2016

Fin de temporada

Finalizaba a tempada.
Ambos se viran xa en cada encontro do seu equipo, pero non se atreveran a dirixirse a palabra.
O árbitro pitou a final do encontro i ese foi o sinal que el precisou para dar un paso máis se non quería arrepentirse o resto da vida.
Ela xa se dera a volta.
El avanzou uns pasos e alcanzouna.

-               - Perdoa, es do Dépor, verdade?
-              -  Sí –afirmou ela timidamente.
-               - Pois creo que a próxima tempada deberíamos ter o abono un ao carón do outro…

Ela sorríu. E o que marcou o final dun partido, iniciou o principio dunha historia…


María V. Rey
.


miércoles, 18 de mayo de 2016

Mantén o Galego


Para que algo non se estropee debe usarse. Así como un coche evapora o seu depósito se non o usas, ou un instrumento precisa que o toquen para non deixar de sonar...si queres que o galego se manteña...úsao!

María V. Rey

viernes, 13 de mayo de 2016

As formas do amor

O amor ten moitas formas, pero en todas se trata do mesmo. Trátase de querer.
Queres e punto.

María V. Rey

lunes, 2 de mayo de 2016

"CLIC"

De repente hay clics, clics que saltan no sabes de dónde ni por qué, pero saltan y te activan o te apagan. Si te apagan…dedícate al descanso, ya parará de llover y saldrá el sol. Siempre sale. Si te activan…vive.
A veces esos clics cambian el rumbo de tu vida. Disfruta en cada virado de las experiencias que te proporcione lo que aparece ante ti, bueno o malo. Aprende a mirar más allá de lo que simplemente se aparece ante tu vista.
Vive tu vida, tienes de margen hasta la libertad del que está a tu lado. Es un buen margen, alguno quizás te deje compartir la suya…


María V. Rey

domingo, 24 de abril de 2016

PERFECTA


Está unha tarde de peli, libreta, pouca roupa, sofá e manta, chocolates...
Unha tarde de nós...
Perfecta.

María V. Rey

martes, 19 de abril de 2016

domingo, 10 de abril de 2016

Abril

Esa mañá espertou cedo.
Tamén o Sol o fixera, e os seus raios intentaban penetrar pola fiestra a través dos ocos que deixaban as venecianas. Ergueuse. Abreu todo e deixou que a claridade iluminase cada rincón da casa.

Esa mañá representaba un cambio en todo o que a rodeaba. Comezara a Primavera, entramos no mes de Abril. Era o primeiro día soleado despois de meses grises. Os campos lucían verdes e as árbores vestían as súas mellores galas. Todo parecía esbozar alegría.

Esa mañá volveu espertar nesa casa despois de dous anos, e todo semellaba igual, máis para nada era o mesmo. Hai un par de anos as cousas non estaban ben, pero tiña a súa compañía. Hoxe só convivían ela e a soidade, e aínda así, mentras suxeitaba con firmeza a taza de café ante a fiestra que mostraba os primaverais campos, decidira non continuar cos meses grises...

Esa mañá...comezaría unha nova vida.



María V. Rey
.

martes, 22 de marzo de 2016

... e a pasear.

Quero que saia o Sol, que ilumine todo. Que lle dea cor ás plantas e resplandor aos ríos. E quero que saiamos nós a pasear, que nos recarguemos de enerxía e as nosas caras rebosen de Felicidade...
Xa chegou a Primavera, quedan moitas historias que contar...



María V. Rey
.

martes, 8 de marzo de 2016

Muller Traballadora

- E ti, nena, que queres ser de maior?
- Eu quero ser coma miña nai -dixo a nena toda contenta.
- E logo? Que é túa nai?
- Unha muller traballadora e independente.

E marchou deixando ao home perplexo...

María V. Rey

lunes, 29 de febrero de 2016

Bisiesto


"Porque hai días que sólo se viven unha vez"

Noooooo.
Pensa que en realidade, cada días que vives, tan só o vives unha vez... Pasan e non se repiten. volve ser luns, pero non é o mesmo luns.
Pensa... Valora... Vive... Vive cada día, o que cada día che da...



Maria V. Rey
.

domingo, 14 de febrero de 2016

14 de Febrero

Si nos cuidamos en cada momento que estamos juntos no necesitamos tratamiento especial al llegar el 14 de Febrero...


María V. Rey
.

sábado, 13 de febrero de 2016

Después de esa noche

Después de esa noche ella se ofreció a hacerle la cama. Él le ofreció desacérsela cada noche de su vida...

María V. Rey
.

viernes, 12 de febrero de 2016

Bicos

- Espera.
Ela parou e mirou atrás.
- Aínda me quedan bicos para darche...



María V. Rey
.

martes, 9 de febrero de 2016

Época de Entroido, a disfrutar da festa

Achégase a época de entroido. Este ano decidín disfrazarme cos meus amigos no entroido da miña parroquia. Había tempo xa que non participaba nesta festa. Exactamente seis anos, xusto os anos que hai que morreu meu avó Leonardo.
Dende a súa falta non volvín disfrazarme, porque era con el con quen facía os meus atuendos. Con el comentaba de que ía disfrazarme e como podíamos diseñar o traxe. Incluso cando non participaba, era con el con quen ía ver os atranques porque tamén lle gustaban moito os cabalos, houbo unha época na que tivemos unha besta na casa.
Dende que el morreu non tiña ánimos para disfrutar da festa, e non me preguntedes por que este ano me decidín a ir porque nin eu o sei moi ben, pero o caso é que así vai ser e de seguro que a el lle gustaría que volvese disfrutar do Entroido como facíamos os dous.


María V. Rey
.

martes, 2 de febrero de 2016

Un Entroido diferente, pero que nunca falte a música!

Juan e Luísa son un matrimonio de 70 anos bastante activo, pero dende que os seus dous fillos marcharon traballar fóra do país, decidiron alugar a súa casa e ir vivir a unha residencia que había no seu pobo, porque así seguían xuntos, podían ter controlada a diabetes de Juan e a tensión de Luísa, e tamén se mantiñan activos nas actividades que facía o centro, ademáis de asegurarse que habería xente coa que falar.
Agora achegábase a época do Entroido e os dous se ían disfrazar: adiviñades de que? Pois Luísa de "rosquilla" e Juan de "churro". Comezarían o desfile sobre as 17h. da tarde e logo tomarían uns pinchos antes de ir para a cama acompañados por uns músicos que animarían a tardiña, porque se algo non pode faltar no Carnaval é unha charanga, e se algo non pode faltar na vida, é a música!


María V. Rey
.
[Relato que forma parte do recopilatorio de textos creados pos María Vázquez (psicóloga) e usados para actividades de Psicoestimulación da Memoria en persoas de terceira idade ou Adultos Maiores].

domingo, 24 de enero de 2016

Regresa o Carnaval! Temporada 2016

 
Pasado o Nadal o Entroido chama á porta!
 
Chegan os Carnavales do 2016 e en Reis damos o pistoletazo de saída a tan animada festa na fin de semana do 30 e 31 de Xaneiro!
 
 
 Os ensaios xa deron comezo días atrás, as carrozas xa se construen en cobertizos tentando non deixarse ver, as ideas xa se esbozan nas casas dos veciños e miranse uns a outros con sorriso que di "de que irán?"
Tararéanse cancións con letras insospeitables que se descubrirán no día axeitado...
Nótase, está no ambiente, chega o Carnaval...

 


Estades todos convidados!!!

María V. Rey
.

sábado, 23 de enero de 2016

domingo, 10 de enero de 2016

E se chove?


-          E se chove… Chegaranos un paraugas?

-          Se chove… Sóbranos. De feito prefiro que chova e poder agarrarte contra min para que non te molles, e senon… Mollámonos! Así terei máis ganas aínda de chegar á casa e poñerche a roupa a secar.

Non dixeron máis, miráronse e sorriron pícaramente…



María V. Rey
.

miércoles, 6 de enero de 2016

Agasallos

"Chegaron os Reis Magos, pero por máis agasallos que abro en ningún estás ti..."

María V. Rey
.


"Ano tras ano sigo mantendo a ilusión de que baixo a árbore de Nadal, os Reis Magos me deixen un agasallo no que atoparte..."

María V. Rey
.



"E devolveulle a ilusión que perdera facía uns anos. E curiosamente non polo que lle regalaba, senón pola ilusión que ambos sentían mutuamente cos detalles que se tiñan."

María V. Rey
.


@Maria_Vazquez_R

martes, 5 de enero de 2016

Conto de Nadal // Cuento de Navidad

Era un conto de Nadal, pero decatouse que ela este ano non tiña Nadal e todo quedou só nun conto...

------------
Era un cuento de Navidad, pero se encontró con que ella estr año no tenía Navidad y todo se quedo solo en un cuento...


María V. Rey
.

viernes, 1 de enero de 2016

Traspasando o 2015...


2015...rematou. Non sei si vos decatastes. Un ano cando menos curioso e con moitas variedades.
Toca ver resumidamente o ano na memoria para ver si se cumpliron obxetivos, os propósitos e si podemos marcar uns novos para o ano que entra.
Hai uns días falaba cunha amiga sobre como se viu o 2015 e dixo "xa me farás un resumo". Aquí está algo parecido.
 
Sen dúbida unha das cousas que máis marcaron o meu 2015 foron as vacacións. Antes delas traballei dando todo o que podía e en moitos campos, e cando as collín, disfruteinas. Alguén a quen quero moito díxome "agora disfruta e pasa de inconvenientes". Rin, desconectei, conocín, vivín e aprendín. Porque creo que a xente cada vez vive menos. Duramos máis anos, pero vivimos menos a pesar de ter sempre na boca o "carpe diem". Pois tras as vacacións cambien por completo o chip e recarguei a batería. Non sei canto aguantará, pero sen dúbida déronme alas, motivación, ilusión, e asegúrovos que iso é do máis importante que precisa unha persoa.

"CUANDO ALGUIEN TE HACE MEJOR PERSONA, SABES QUE ESA PERSONA DEBE ESTAR EN TU VIDA."

...e existen, existen esas persoas na miña vida, si xa o sabía, este ano acabei de confirmalo porque foron elas quen me recarcargaron en cada momento.
 
Son esas persoas nas que pensas, e pensas no que che fixeron vivir ao teu lado, e emocionaste. Esas persoas que merecen a pena, e confirmar que existen na vida de unha fan sentir felicidade.
Tamén confirmei que si o que tes con alguén é de verdade, non é mito eso de de que a distancia non mata senón que parece que non existe e o tempo non pasa. Pero por outro lado o impulso a decidirme a plantar cara a determinados temas e persoas tamén me fixo darme conta que non preciso ao meu lado xente que non queira estar por decisión propia. Non necesito ao meu lado a alguén a quen teña que pedirlle que se quede senon que permaneza aquí porque lle nace.
 
Sigo pensando que me gusta o meu traballo, que disfruto facendo o que fago e que seguirei intentando medrar con aquelo que me da satisfacción porque é certo que a felicidade non está en facer o que amas, senón en amar o que fas.
Conseguín cumplir obxetivos do 2015, un deses dos que che costa traballo, pero que desa forma che dan maior satisfacción, un deles mercar o meu propio coche. Parece unha tontería, pero é un gran paso.
O 2015 foi un ano de aprender a adaptarse á falta dalgunhas persoas, a perder a outras polo camiño... De deixar pasar e asentar a outras que non suplen, pero que complementan a túa vida.
Un ano de cambios, de comezar ataduras das que ainda non sabes como poden acabar e das que non pensabas que acabarías probando, pero que sempre cara adiante!
E sí, o 2015 foi un ano para embarcarse en aventuras, para xerar ideas e madurar outras que serán propósito do 2016. Como dixen en ocasións...un ano de transición, e agora chega o momento do traspaso. De dar comezo a un novo ano no que intentar facer realidade esas ideas maduradas.

Así que sen moito máis que dicir deixo unhas frases que para comezar a reflexionar penso que están ben...

"Sólo imagina lo precioso que puede ser arriesgarse y que todo salga bien." Mario Benedetti

"Arriésgate. No te quedes con las ganas de saber qué pasaría, lánzate, vie, atrévete, que si de los éxitos se disfruta de los errores se aprende."

"La vida es corta; sonríele a quién llora, ignora a quien te critica, y sé feliz con quien te importa."

"Algunos persiguen la felicidad... Otros la crean".

A por un gran 2016 cheo de boas experiencias.

María V. Rey
.

 

Seguidores