Esa mañá espertou cedo.
Tamén o Sol o fixera, e os seus raios intentaban penetrar pola fiestra a través dos ocos que deixaban as venecianas. Ergueuse. Abreu todo e deixou que a claridade iluminase cada rincón da casa.
Esa mañá representaba un cambio en todo o que a rodeaba. Comezara a Primavera, entramos no mes de Abril. Era o primeiro día soleado despois de meses grises. Os campos lucían verdes e as árbores vestían as súas mellores galas. Todo parecía esbozar alegría.
Esa mañá volveu espertar nesa casa despois de dous anos, e todo semellaba igual, máis para nada era o mesmo. Hai un par de anos as cousas non estaban ben, pero tiña a súa compañía. Hoxe só convivían ela e a soidade, e aínda así, mentras suxeitaba con firmeza a taza de café ante a fiestra que mostraba os primaverais campos, decidira non continuar cos meses grises...
Esa mañá...comezaría unha nova vida.
María V. Rey
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario