lunes, 16 de agosto de 2010

Cousas que Contarche

Hai tantas cousas que me gustaría contarche...pero non sei nin por onde nin como comezar.
Gustaríame que sobeses todo o que pasa pola miña cabeza sobre ti, o que sinto, máis non atopo as verbas coas que cho explicar.

Hai tantas cousas que me gustaría contarche e non atopo o momento...
Pensei que a pequena distancia que nos separaba non era nada, que no fondo te tiña preto...pero que eu o pensase non foi suficiente.
Parece ser que a distancia só se vence si o amor é mutuo e verdadeiro...Será que o noso non o é?

Hai tantas cousas que me gustaría contarche...espero que cando o faga, non sexa demasiado tarde...



María
.

domingo, 15 de agosto de 2010

O que son as Cousas...

...porque unha vez máis, sorprendinme!

Hoxe deuseme por revisar antigas entradas do blog, releer algunhas, as que máis me chamaban a atención polo título que eu mesma lle puxen. Da maioría lembraba exactamente o que puxera noutras, tiña algunhas dúbidas.

E hai que ver o que son as cousas, que a cada palabra que lia íanme acordando os "por qués" de cando as escribín, os sentimentos que reportan, as ideas que fan recordar, e incluso, parece que fose cousa do destiño lelas para recordar cousas que sabes e pareces esquecer...


María
.

viernes, 13 de agosto de 2010

Reencontros, Risas, Perseidas e Despedidas

Unha noite para non esquecer.

"Entre amigos o tempo pasa máis de prisa, todo é moito mellor, a vida vese dende outras perspectivas, a de cada un dos que te acompañan. Cando tes un momento baixo acudes a eles e a cousa cambia, pero cando tes un bo momento e amigos con quen compartilo, ese momento vólvese inesquecible! (María)".

Estas verbas que xa teño posto noutra entrada serven exactamente para expresar o que se sinte estando con xente como coa que pasei a noite de onte.
----

"Dende o primeiro momento avistaba unha gran velada, coma sempre que quedaba con eles.
Ainda que non tiña moi claro a quen se ía atopar, sabía que vería a xente que lle apetecía ver. Xente coa que compartiu momentos e coa que se sente a gusto pasando o tempo, coa que lle gusta vivir experiencias.
Xa levaba un tempo se atoparse con eles e ás veces eran necesarias estas "quedadas" por calquera que fose o motivo.
Necesitaba atoparse con eles, compartían confidencias, segredos, murmullos, rumores...
Nunca se sabe o ben que senta un paseo por Compostela podendo falar de todo, tendo conversas sen ánimo de lucro e creando anécdotas en distintos recunchos da cidade, ata que se vive!
Compostela é unha cidade especial, esta era unha semana de maxía dende o ceo estrelado. Era semana de Perseidas, podía pasar calquera cousa. Ainda que sabía que despois do reencontro, das risas e a pesar das perseidas, chegaría a despedida. Pero non será longa a estancia, e farase levadeira a distancia si se mira de facerlle unha pausa en medio e de rematar o encontro cun "ata logo" ou "falamos", porque cando verdadeiramente sintes a despedida, loitarás porque esas dúas expresións non sexan palabras que leva o vento...
E esa noite todos sabían que o cumprirían."


María
.

martes, 3 de agosto de 2010

Historias que se repiten...

Cansada de ver sempre o mesmo, de revivir unha e outra vez a mesma historia.
Tan só busca deixarse levar para descubrir novas paisaxes.
Busca a conquista pouco a pouco "cal" cabaleiro, sembrando sentimentos dos que brotarán, nun futuro, o cariño e o amor...


María
.

lunes, 2 de agosto de 2010

Realidade e Ilusión

Unha vez que a Ilusión comeza a nacer, a realidade deixa de ser obxetiva, é iso o que nos fai sufrir, sempre ves máis aló.
As pequenas faltas son grandes avismos...
Ausencias que antes non tiñas, agora fanse insufribles...
Sempre esperas e precisas máis.
A distancia que nun inicio vias pequena e superable convertiuse agora nun forte muro...


María
.

domingo, 1 de agosto de 2010

31-07-2010 .- Fin de Festas Apóstolo 2010: Ano Santo

Xacobeo 2010.
Ano Santo 2010.
Un ano que non se volverá repetir en 11 anos!

A primeira entrada do mes de Agosto será adicada a un evento do mes de Xulio/Santiago: o acontecemento que se deu en Santiago de Compostela na noite de onte, día de peche das festas do Apóstolo 2010: "O fogo pequeno".

Nesta velada o que esperas ver en Compostela, a parte de concertos para pechar os días de festas (e este ano máis ainda sobre todo coa actuación que Jean Michele Jarre ofreceu na escalinata da catedral) pois un espectáculo de luz un pouco menos que o día 25, pero de igual interese e espectación.

"A noite presentábase estupenda. Estábase moi ben ao aire libre.
Aparcamos e fomos comer algo, había que cear antes de ver estoupar o ceo en luces de colores.
A hora achegábase así que apuramos os bocados. Non queríamos perder o comezo e o programa do Concello de Santiago poñía que dito evento tería lugar ás 23:00 h na Escalinata do Campus Sur (como veces anteriores).Chegamos a tempo e collimos un bo sitio, pero sorpresa a nosa cando pasado xa un tempo das 23h, aquelo seguía sen comezar.
Cada vez chegaba un pouco máis de xente, turistas e habitantes de Santiago e arredores. Moitos pensaban que xa chegaban tarde e se perderan o espectáculo. Grata sorpresa cando descubriron que chegaban a tempo, pero a súa cara foi mudando cando daban as 12 da noite e aquelo seguía sen comezar.
Ó pouco vironse un fogos artificiais asomar por detrás da arboreda da alameda. Sorpresa para todos pois a primeira idea é que cambiaron o lugar e non avisaran. Pero non, eses resplandores pertencían ao concerto.
Pronto soubemos que se farían esperar ata que dito concerto rematase, pero non avisaron co debido tempo e a xente que estaba esperando...desesperou.
Cada vez o campus estaba máis cheo de xente e como si non fose coller (é un espazo aberto) apretábanse uns contra outros. Pronto non podíamos movernos do noso sitio.
Deron as 00:30h e a xente "desesperada", cansada e aburrida de esperar, comezou a abuchear, silbar e facer palmas acompasadas en sinal de protesta, a imaxe a verdade, quedaba mal de cara aos turistas.
Finalmente ás 00:50h os responsables de facer estourar os fogos apareceron pola escalinata para dar comezo ó "espectáculo".
Sorpresa a nosa cando no segundo estourido se queda baixo e cae ardendo sobre os que alí nos atopábamos. Exactamente 2 persoas máis aló do meu lado.


Claro, cheo como estaba aquelo, cando se quixo apartar uns bateron en outros e...ao chan! Mentras, os fogos, seguían saíndo. Algún que outro explotou na escalinata...
E incluso dos que saíron logo os casquetes caían sobre as nosas cabezas!"

Ó rematar as rúas estaban ateigadas de xente...

E puidemos comprobar que máis cousas caían do ceo preto de onde estabamos...


Parece que considero a noite unha catástrofe, pero non. Fóra destes acontecementos O ESPECTACULO ESTIVO Á ALTURA DO ANO e deixou unhas bonitas imaxes no ceo compostelán para poñer o broche a un ano especial...




E pola miña parte, a velada tivo todo o necesario, risas, aire libre, fogos e sobre todo, boa compañía!



María
.

Seguidores