martes, 25 de mayo de 2010

Pensamento

Querendo descubrir algo novo.

Esperando sentir un estalido que reavive o meu corazón.

Comezando a vivir de novo sen olvidarte de todo.

Buscando quen entenda a miña lei e leve o meu ritmo.

Querendo vibrar con pequenas cousas que me carguen de enerxía como ti, sen saber, facías.

Querendo descubrir algo novo, pero no meu "pensamento" hai algo pendente contigo.





María

.

lunes, 24 de mayo de 2010

De Súpeto un Día

Espertou un día descubrindo que o seu maior pesadelo se fixera realidade: era un adulto.

Sempre negou querer selo a pesar das súas responsabilidades e moito menos asumiu que o era xa había tempo.

A pesar de ser responsable, nunca aceptou deixar a súa vida de estudante para facerlle fronte á vida laboral. Non foi capaz de comprometerse nunha relación para formar unha familia propia que o levase á independencia, ainda que sí a anhelase...

Seguía aferrado a un montón de cousas polo simple feito de non facer outras poñendo as primeiras como excusa para as segundas.

Espertou un día decatándose de que ou se enfrentaba á vida como un adulto, ou remataría o seu tempo sen vivir.





María

.

jueves, 20 de mayo de 2010

Cuestión de Sentimento...

Non pensar, borrar ideas e sentimentos. Poder ir tal cual "tábula Rasa" para recoller unha nova información. Un empezar de novo que mostre máis claridade na miña mente e dea así luz ao meu camiño na vida.



Hai veces nas que pensas que a ilusión que sintes nacer en ti é unha pérdida de tempo. Que non te vai levar a nada e que para non ter nada claro, mellor non sentir. Pero non sempre é así.



Si sentes algo, ainda que non estea claro, é sinal de que estás vivindo. Por iso, ainda que ás veces se intente pensar para non facer "castelos no aire", para non crear da ilusión unha preocupación, débese recordar a seguinte cita: "no saber lo que se siente, no es lo mismo que no sentir nada".







María
.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Sorriso e Ilusión

Xa apareceras antes na miña vida, pero rexurdiches da nada coma se soubeses que te chamaba.

A paso tenue, acércaste.
Sen pedilo eu, nin ti sabelo, déchesme algo que precisaba: sorriso e ilusión...

Non sei que pasará. Só sei que estás diante da coraza de cristal.
Espero que te decidas a rompela para entrar...





María

.

lunes, 17 de mayo de 2010

Día das Letras Galegas

Así coma na manifestación levada a cabo neste día se escoitou ao final, eu comezo co noso himno...

Os Pinos

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?


Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a rendezón da boa
nazón de Breogán
...........

Este ano , neste 17 de maio, adicouse este día a Uxío Novoneyra.
E este ano celebrei de maneira diferente este día! Tras estar na Praza do Obradoiro baixo o brillante sol que saiu no día de Galicia, tiven unha comida entre galegos de diferentes lugares da xeografía autonómica, cos cales me rin e o pasei moi ben.

Estivo realmente ben comer con vós, ainda que segue estando pendente unha comida pola zona norte!
;)

domingo, 9 de mayo de 2010

A Experiencia Jaima 2010

Esta semana levei a cabo xunto co resto de voluntarios do grupo de Sensibilización de ESF a actividade máis grande que este grupo reliza na súa labor sensibilizadora: a colocación dunha Jaima saharaui no Campus Vida!

Non era o primeiro ano que se fací senón que xa o ano pasado o leváramos a cabo, pero penso que, ainda que repetíamos, a experiencia foi totalmente diferente.
Para min personalemente, a cousa era moi distinta. O ano pasado era voluntaria simplemente, que tocaba facer esto ou aquilo, pois facíase. Este ano eu era a coordinadora, e en certo modo sentía moita máis presión e responsabilidade sobre como saise a cousa. Pero todo foi bastante ben.
O tempo xogounos un trago non moi bo, pero hai que ser positivos, e a verdade é que despois de como estivera indo a semana, ainda que o vento nos dou guerra, a choiva fixo un paréntesis e puxose da nosa parte. Notamos a súa influencia respecto do ano anterior porque daquela nos coincidiran uns días de sol nos que o alumnado do campus e a xente da cidade estaba nos campos e se acercaba máis a nós. Ainda así, tivemos fluidas visitas ó longo dos tres días que estivo montada fronte a farmacia.

Hai cousas nas qu hai que seguir mellorando, pero outras nas que xa demos un gran paso: os medios de comunicación. Neste tema sentimos que melloramos, pois conseguimos maior afluencia e mellor calidade na información que queríamos transmitir. Mostro dúas das entrevistas nas que saio eu (a pesar de non gustarme moito a min mesma) pero hai moitos outros medios nos que a nosa Jaima aparece e posiblemente moitos de vós a vírades.

A pesar da labor que pretendíamos facer con esta actividade, tamén foi un encontro de amigos. Amigos que comparten a idea do voluntariado e se xuntan para intentar cambiar o mundo aportando o seu pequeno grao de area, que os motiva a moverse? Pensar que moitos grans de area, xuntados pouco a pouco, non só serven para construir pequenos cadrados de area nos que xogar os nenos, senón que conseguen inmensas dunas, grandes desertos, amplias praias... que secadra non se ven a correr, pero si co paso do tempo, podendo chegar a non ter que xuntar máis, porque deixade que vos diga que unha ONG, non é máis ca unha tirita que colocan os voluntarios coa idea de que pronto se poida quedar e non haxa ferida que cubrir.

Pasei tres días estupendos, nos que me sentin realizada como voluntaria axudando ao pobo saharaui a dar a coñecer a súa problemática, e nos que me rin e disfrutei co resto de compañeiros!

saúdos!


María
.

sábado, 8 de mayo de 2010

Respiro

Sabía que un día con el nunha semana dura sería como a semana que pasaran xuntos cando se coñeceran e lle dera tanta vida.

Sentía unha conexión especial que non lograba alcanzar con ninguén máis ca con el...

Quizáis só buscase pasar un rato agradable nunha boa compañía, pero é que a pesar de estar tan lonxe sentía que tiñan tanto xuntos!!

Quixera telo con ela, máis sabe que non pode. Pero tampouco que non deixaría de intentalo. Nalgún momento o destino deixaría que se cruzasen e só daquela sabería, que si os seus corazóns latesen a un mesmo compás, estarían sempre xuntos, pero tamén sabía que de non ser así, de que os seus corazóns non se recoñecesen, é que nunca o estiveran...



María
.

Seguidores