domingo, 9 de mayo de 2010

A Experiencia Jaima 2010

Esta semana levei a cabo xunto co resto de voluntarios do grupo de Sensibilización de ESF a actividade máis grande que este grupo reliza na súa labor sensibilizadora: a colocación dunha Jaima saharaui no Campus Vida!

Non era o primeiro ano que se fací senón que xa o ano pasado o leváramos a cabo, pero penso que, ainda que repetíamos, a experiencia foi totalmente diferente.
Para min personalemente, a cousa era moi distinta. O ano pasado era voluntaria simplemente, que tocaba facer esto ou aquilo, pois facíase. Este ano eu era a coordinadora, e en certo modo sentía moita máis presión e responsabilidade sobre como saise a cousa. Pero todo foi bastante ben.
O tempo xogounos un trago non moi bo, pero hai que ser positivos, e a verdade é que despois de como estivera indo a semana, ainda que o vento nos dou guerra, a choiva fixo un paréntesis e puxose da nosa parte. Notamos a súa influencia respecto do ano anterior porque daquela nos coincidiran uns días de sol nos que o alumnado do campus e a xente da cidade estaba nos campos e se acercaba máis a nós. Ainda así, tivemos fluidas visitas ó longo dos tres días que estivo montada fronte a farmacia.

Hai cousas nas qu hai que seguir mellorando, pero outras nas que xa demos un gran paso: os medios de comunicación. Neste tema sentimos que melloramos, pois conseguimos maior afluencia e mellor calidade na información que queríamos transmitir. Mostro dúas das entrevistas nas que saio eu (a pesar de non gustarme moito a min mesma) pero hai moitos outros medios nos que a nosa Jaima aparece e posiblemente moitos de vós a vírades.

A pesar da labor que pretendíamos facer con esta actividade, tamén foi un encontro de amigos. Amigos que comparten a idea do voluntariado e se xuntan para intentar cambiar o mundo aportando o seu pequeno grao de area, que os motiva a moverse? Pensar que moitos grans de area, xuntados pouco a pouco, non só serven para construir pequenos cadrados de area nos que xogar os nenos, senón que conseguen inmensas dunas, grandes desertos, amplias praias... que secadra non se ven a correr, pero si co paso do tempo, podendo chegar a non ter que xuntar máis, porque deixade que vos diga que unha ONG, non é máis ca unha tirita que colocan os voluntarios coa idea de que pronto se poida quedar e non haxa ferida que cubrir.

Pasei tres días estupendos, nos que me sentin realizada como voluntaria axudando ao pobo saharaui a dar a coñecer a súa problemática, e nos que me rin e disfrutei co resto de compañeiros!

saúdos!


María
.

1 comentario:

Seguidores