lunes, 17 de mayo de 2010

Día das Letras Galegas

Así coma na manifestación levada a cabo neste día se escoitou ao final, eu comezo co noso himno...

Os Pinos

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?


Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a rendezón da boa
nazón de Breogán
...........

Este ano , neste 17 de maio, adicouse este día a Uxío Novoneyra.
E este ano celebrei de maneira diferente este día! Tras estar na Praza do Obradoiro baixo o brillante sol que saiu no día de Galicia, tiven unha comida entre galegos de diferentes lugares da xeografía autonómica, cos cales me rin e o pasei moi ben.

Estivo realmente ben comer con vós, ainda que segue estando pendente unha comida pola zona norte!
;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores