lunes, 24 de diciembre de 2012

24 de decembro.-noiteboa

Neste día que nos enche a todos de orgullo e satisfacción....

...Bueno, tan só quero, nestas datas, e dende este pequeno rincón, desexarvos a todos os meus lectores un feliz nadal.
Espero de todo corazón que o pasedes o mellor posible e que manteñades a maxia que aparece no Nadal durante todo o ano.

Si me seguides lendo é porque en parte vos gusta o que aquí se redacta...espero poder seguir facendoo durante o 2013 e chegar a unha pequena parte de todos os que me seguides. Moitas gracias!

Bicos e apertas.


FELICES FESTAS

María
.


jueves, 6 de diciembre de 2012

GALICIA

Hoxe voume atrever a mostrar a miña primeira obra poética...
Inspirada por unha terra da que estou namorada en cada recuncho que me mostra.

"GALICIA" (clicade para ir á pestana de Relatos)


P.d.: PASADE UN BO DÍA DA CONSTITUCIÓN

jueves, 29 de noviembre de 2012

Cartas para todos e para ninguén (III)

"FELIZ. Polo tempo vivido, polo que ainda me queda por vivir. Polos encontros inesperados e polos encontros programados. Polas risas entre amig@s. Polos actos desinteresados de outras persoas e máis ainda polos que fago e conseguen esbozar sorrisos nos demáis, porque a miña felicidade está na felicidade e benestar do meu entorno. Polas idas de olla en conxunto. Polas miradas cómplices, polas pícaras, polas comprensivas... Por sentirme querida na cercanía e na distancia, porque  significa que a túa persoa forma parte dos recordos e pensamentos dos demáis. FELIZ. Pola compañía do día a día e pola que se presta de cando en vez. Polo traballo, sobre todo polo ben feito, ou por aquel no que sabes que cada un aporta o máximo de sí para lograr que sexa "ben feito". Pol@s amig@s e a familia, porque sen eles posiblemente nada fose igual. Por verbas que digan "boas noites, descansa",  ou as que din "bos días". Por cando sabes que "estás tontita" e ainda así che gusta que  cariñosamente cho digan. Porque existe xente capaz de decir "que pasa? Estás rar@" sen tan sequera verche a cara, e máis ainda cando intentan que deixes de estalo. FELIZ. Porque a vida sempre pode ser peor e se miras ao redor atopas "un algo" que che recorda que o vaso sempre está cheo (metade líquido, metade gaseoso). No fondo, FELIZ por cada unha das cousas que pasan no que chamamos a "nosa vida", porque sen as malas non apreciamos as boas, e sexan unhas ou sexan outras, avanzamos, e iso implica vivir. FELIZ, simplemente FELIZ. A felicidade eterna e continua non existe. Nada é continuo... A felicidade está en cada pequeno momento que nos fai vibrar de emoción, que nos fai rir, que nos fai chorar, saltar, actuar en prol dos demáis, dar cariño, amor. En cada un deses momentos.  Igual que deixamos que o cerebro faga un todo da percepción que entra polos sentidos, fagamos que una cada un deses pequenos momentos para crear a nosa FELICIDADE. Ainda que semelle complicado, non penses no que non tes para ser FELIZ senón non poderás ver todo o FELIZ que es."

María
.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Cartas para todos e para ninguén (II)

Querido TI:

Volver aparecer nos meus soños quere decir que ainda non marcharas de todo.
Volver sentirte preto. Volver sentir a túa voz, as túas palabras, as túas caricias...
Sentir que o corazón non se pechara tra-la coraza de xeo que o frío inverno deixou despois do teu paso...e volver soñar coa felicidade, con ter sentimentos que fagan esbozar sorrisos sen ter unha razón concreta, simplemente, ser feliz.
Pero como esquecer si os recordos non deixan de aparecer?
Como querer sen deixar de quererte?
Como borrarte sen poder esquecerte?


María
.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Cartas para todos e para ninguén

Querido TI:

Hai tempo que quería preguntarche porque ó marchar levaches contigo tantas cousas de min...
Si realmente a inspiración vén das musas, debe ser que a miña musa estaba en ti pois dende aquela crear, imaxinar, facer que as ideas voen entrelazadandose coma bolboretas no ar, coma paxariños xogando na primaveira, coma follas que caen das árbores nunha tardiña de outono pra rematar xuntas ata o final do traxecto, é unha tarefa complicada...
Si realmente a inspiración vén das musas, marcha ti todo o lonxe que queiras e deixa que a miña regrese a min chea de ilusión...

Maria
.

domingo, 30 de septiembre de 2012

Decisións


Neste mundo cada vez máis axetreado e veloz hai que aprender a tomar decisións rápidas.
Decidir se sí ou se non en cuestións de segundo. Saber si das o paso ou ficas quedo, si pronuncias esas verbas ou mudas pra sempre.
A pesar da cantidade de trens que pasan a diario polas férreas vías que constrúe o home, na vida os camiños van pasando por sendas que só cruzas unha vez, e cando o tren chega pode ser que esa sexa a única e derradeira vez que o faga. É entón cando eses segundos que tes pra tomar unha decisión se volven fraccións de tempo máis pequenas e tes que apurar a resposta: subes ou ficas no andén?
Como saber cal é a decisión acertada? Quizais non sexa ese o final do camiño, pero chegar vai costar moito máis. Pero e si subes e o tren non era ese?
Co paso do tempo e a través da experiencia e a observación quedei cunha idea... Vale a pena subir porque si acertaches só quedan bos momentos. E si resultou que non era ese o teu tren, non quedarás coa dúbida e xa tes camiño avanzado, se non montases igual ainda non chegaras a ese punto.

María
.

viernes, 24 de agosto de 2012

O Silencio

É certo que hai silencios que din máis que as palabras.
 
Conseguín entender iso mentras estaba en silencio comigo mesma.
 
Por iso nos emocionan as pausas dramáticas.
Por iso despois do silencio no medio dunha melodía veñen os acordes máis sonoros.
Por iso no silencio final que queda ó finalizar dunha peza, comprendes a grandeza do que acabas de escoitar.
Por iso cando es un neno e acabas de facer algo mal, e teus pais te miran fixamente no canto de alza-la voz, sabes que se aproxima un castigo.
Por iso cando dous namorados se miran e se entenden sen decir nada, saben que todo vai moi ben.
Por iso cando estás cun verdadeiro amigo e non hai nada que decir, ese silencio non é incómodo.
 
Por iso cando a un amigo lle preguntas si está ben e non responde nin ben nin mal, debes entender que te precisa aí, ao seu carón.
Posiblemente siga sen falar, ou sí o faga. E quizais ti non teñas que decirlle nada... Simplemente tes que estar aí...en Silencio.



María
.

lunes, 30 de julio de 2012

Sentimentos que se esconden...

A veces sucede que pensas que esqueciches o sentimento que tiñas cara unha persoa. Que es alguén totalmente novo.
Pero é cando un baixa a garda cando aparece ante ti unha imaxe, un lugar, unha persoa e sona esa canción...
E sen querer a respiración córtase, sae un suspiro e unha tímida bágoa escorrega polas túas meixelas.
É entón cando sabes que ese sentimento non marchou, porque case sempre as persoas marchan e os sentimentos quedan...


María
.

miércoles, 18 de julio de 2012

Historias sen final (IX)

Así como amanece un día soleado e unha gran nube troca o ceo a gris ó porse diante da gran estrela, a vida dunha persoa pode quedar truncada.

O corazón de Ánxela amencía soleado esta mañá, o seu sorriso contaxiaba e a súa mirada irradiaba ledicia, máis o solpor chegou de maneira inesperada.
Xa pasaran  dez anos da chegada de Carlos á súa vida e nin un só día mudou os sentimentos que cara el tiña, e non imaxinaba, nin por un segundo, como remataría o día.

O reloxo marcou as 17.00h. Rematou a xornada de traballo.
Ás 18.00h. quedara con Carlos para tomar café.
A medida que a conversa sucedía, había algo estrano nela e de súpeto apareceu a gran nube gris que trocou o ceo de Ánxela.

- Temos que deixar a nosa relación. Estou namorado doutra persoa.


Esas verbas resoáronlle tan adentro a Ánxela que non puido nin responder. Quedou muda, petrificada, vacía... Tras uns segundos só atinou coller a taza de café, beber un sorbo e desaparecer entre o nubrado horizonte...



María
.

sábado, 9 de junio de 2012

Algunhas dificultades na comunicación con persoas maiores

Algunhas dificultades na comunicación con persoas maiores. (clica para seguir o enlace)

Temos que pensar que todos, antes ou despois, chegaremos a "ser maiores". E chegado ese momento aparecen certas dificultades á hora de comunicarnos co resto de persoas que nos rodean, ben porque non nos expresamos igual, ben polas complicacións físicas que puidesen aparecer na nosa persoa.

Todos deseamos llegar a viejos; y todos negamos que hemos llegado




martes, 5 de junio de 2012

2º ascenso da cadea...R.C. Deportivo de La Coruña

Segundo ascenso da cadea!!!
O Depor, despois dun ano en segunda, consegue volver á máxima categoría da liga española un ano e seis días despois!!



Un Depor de récords! Que conseguiu na última xornada a friolera de 91 puntos na categoría de plata!
Si nunca deixei de estar orgullosa do equipo que defendo, a semana seguinte á consecución do título que o facía gañador da Liga Adelante e ascendía por méritos propios e de maneira directa á primeira categoría, foi unha gran semana de orgullo por este equipo.

Ademáis, nesta última semana confirmábase a continuación do mago Valerón durante a próxima tempada!!


Espero que no próximo curso sigan a facer os deberes, poida animar a un gran equipo e consigamos manternos!!

Seareiros deportivistas... non somos o Madrid e Barça de segunda...
SOMOS O DEPOR DE PRIMEIRA!!!


"...Cantos días, durante cantos meses...
Esta tarde de domingo estaba sendo única e irrepetible. O sentimento que ofrecía non o sentira nunca! Era a mellor tarde de fútbol ao carón de seu pai. Os dous animando ao mesmo son que o resto da grada, ainda que cando o miraba e o vía tan contento, semellaba que o resto do estadio enmudecía e a súa felicidade se duplicaba.
Cando comezou a disfrutar do fútbol só veu como o seu equipo descendía, agora estaba a vivir todo o contrario.
E nese intre, mentras miraba a seu pai... "Gooooooooooooooooooooooool!"
Un gol que facía saltar aos afecionados das súas bancadas. A olla a presión acababa de estoupar!
Ese gol facía ao seu equipo campeón e as emocións contidas xa non se puideron frear.
O seu equipo ascendía, e na súa mente quedaba, gravado, un dos recordos máis felices vividos ao lado de seu pai."

María
.

martes, 8 de mayo de 2012

A tarde que podía ser e non foi... PRAÍÑA - Ribasar

Unha tarde que comezou cun...
"Vendo o PRAÍÑA - Ribasar. Camiño do ascenso"
Moitas veces, o fácil é que cando perda o teu equipo se lle busquen os defectos, fallos e accións que fixo mal. Si é certo que a autocrítica e a crítica constructiva está ben, iso non é o que lle toca ó público. Ante a posibilidade de atopar eses fallos neste último partido, a responsabilidade da afección é seguir apoiando ó seu equipo.
O PRAÍÑA non debe ter dúbida de que moita xente o seguiremos aupando, e debe meter na súa mente o seguinte paso a dar en competición e a nova formación de cara á competición ligueira do ano que vén, porque SI SE PODE!!! Ata 2º e máis alá!

Esta foi unha tarde que rematou con cantos da afección, ollos húmedos, incredulidade e un ORGULLOSOS DO PRAÍÑA.

Está claro que este non é o ano. Non son os grandes os que pasan (excepto o DEPOR-je-) a todas as finais...



Só queda dicir que uns gañaron a liga... outros optan á copa do Rei... e ó Praíña...

ÁNIMO PRAÍÑA,  a pola Copa do Sar!!




María

domingo, 6 de mayo de 2012

Realidades sen ficción. A crise da Soberanía Popular

Boas a todos!!
Un novo evento que vos recomendo a todos.
Se tedes un oco nas vosas vidas, recoméndovos pasarvos nalgunha das xornadas deste ciclo de cine completamente de balde.
Dada a situación actual estar informado por diferentes vías é algo bo e interesante para poder formar o noso propio pensamento, a nosa propia crítica.

O menú comeza a repartirse este luns día 7 de maio!


viernes, 4 de mayo de 2012

miércoles, 2 de mayo de 2012

O 1º ascenso da cadea... S.D. COMPOSTELA

Esta tarde de domingo, con boa compañía, disfrutei dunha crónica de ascenso anunciada. Partido do Compos en San Lázaro coa festa do ascenso!!

Noraboa á S. D. Compostela que xa está en terceira!!!

domingo, 15 de abril de 2012

Nostalxia

Ás veces olvídaseme que xa non estás e na miña mente aparecen ideas de cando estabas que fan, que segundos despois, ó decatarme, me invada a tristeza e as bágoas queiran sair.

Pero no fondo, xa non son bágoas de tanta pena, senón de nostalxia. De ser consciente de que non estás aquí...

E digo que xa non son de tanta pena porque os pensamentos que seguen despois e que saco do meu recordo, sempre acaban esbozando na miña cara un sorriso.

Un sorriso porque nos visualizo xuntos, falando, paseando, facendo bromas e conseguindo vencer ás cóxegas. Aprendendo un do outro, entusiasmados co que nos decimos, cheos de enerxía e solventando calquera adversidade.

Un sorriso porque vexo que ambos sabíamos dende sempre que nunca nos separaríamos realmente. E ainda que esas imaxes tamén saquen bágoas, non son de pena, senón de nostalxia...

miércoles, 4 de abril de 2012

.

A vida é experiencia e coñecemento. É sorpresa, nunca saber o que podes atopar. Descubrir cousas que non viras a pesar de ter pasado e redescubrir o que xa non lembrabas coñecer. Non deixes nunca a búsqueda na túa vida, porque nunca sabes que podes atopar.



María
.

martes, 27 de marzo de 2012

Urdilde - PRAÍÑA: unha tarde de ilusión que chegou a pouco

Quedada da afección no campo do PRAÍÑA.
Tarde de sol.
Todo un autobús cheo arranca camiño do campo de fútbol do Urdilde para animar ao PRAÍÑA!

Pero a tarde resultou ser unha tarde de ilusión que chegou a pouco... O PRAÍÑA foi derrotado de maneira inxusta... Un gol moi cedo en propia meta fixo decaer os ánimos de equipo e afección onde os cantos propios quedaban solapados polo bombo dos verdes do Urdilde.
Pouco a pouco foise retomando o ánimo. Marcamos un gol, pero o tempo botóusenos enriba.

Sobre a arbitraxe...só poño a foto...jajajaja


A pesar do resultado co que marchamos, a afección non fai nada con criticar ao contrario ou ó equipo arbitral. O que nos toca é arroupar ó noso equipo, porque sí queridos compañeiros de grada, son eles os que nos dan a ilusión dun ascenso, son eles os que nos dan a alegría das victorias, son eles os que nos fan rir coa súa estrela máis mediática, son eles os que fan crer ás categorías inferiores que estando no PRAÍÑA tamén podes destacar. En definitiva porque son eles o equipo que nos representa!
Non remato sen dar antes unhas palabras ó xogador que posiblemente máis o precise, pois se todos quedamos de pedra, o sentimento que el puido ter só o sabe quen se viu na situación. Estas verbas van para Roi: Grandes defensas como Puyol, Piqué e Ramos, teñen tido ao carón do seu nome o "propia meta", e son Campións do Mundo... non o esquezas!
Exactamente foi o mesmo que isto, e non impide que se gañen grandes cousas!!


María
.

lunes, 19 de marzo de 2012

Historias sen final (VIII)

- Sentarse. Sentarse e vivir os momentos, disfrutar deles. Non vivilos por vivir e a correr, senón sentir cada un e gravalos ben para que perduren no recordo por sempre. Por que é certo que a maioría das veces descubrimos o que tiñamos cando notamos a falta e non o recoñecemos cando o temos diante. Si vives cada momento con ilusión logo terás a que botar man, na túa mente, cando eses momentos se devanezan e non estean presentes fisicamente, e así poder seguir tendo esa felicidade.
- Canta razón tes avoa.
- Razón en que, meniña?
- No que dixeches dos recordos.
- Non me lembro. Ti quen es?
- Son Carla, avoa. A túa neta máis nova.
- Carla! Ainda lembro cando eras unha rapariga e viñas onda nós as fins de semana. Que momentos tan felices!

María
.

[O 2011 foi o ano do Alzheimer, pero non deixou de existir no 2012]

viernes, 9 de marzo de 2012

Cousas efímeras

-Que fas?
- Estou buscando sen atopar, á musa da inspiración. Un non é dono dela, e non sabe cando chegará, nin por canto estará contigo. Por veces acompáñate tempadas, outras breves instantes. Aparece tan fugazmente como desaparece facendote ver que todo o que se posúe é efímero. Facéndote ver que un, só é dono daquilo abstacto que pode levar dentro de sí.
María
.

Seguidores