Ás veces olvídaseme que xa non estás e na miña mente aparecen ideas de cando estabas que fan, que segundos despois, ó decatarme, me invada a tristeza e as bágoas queiran sair.
Pero no fondo, xa non son bágoas de tanta pena, senón de nostalxia. De ser consciente de que non estás aquí...
E digo que xa non son de tanta pena porque os pensamentos que seguen despois e que saco do meu recordo, sempre acaban esbozando na miña cara un sorriso.
Un sorriso porque nos visualizo xuntos, falando, paseando, facendo bromas e conseguindo vencer ás cóxegas. Aprendendo un do outro, entusiasmados co que nos decimos, cheos de enerxía e solventando calquera adversidade.
Un sorriso porque vexo que ambos sabíamos dende sempre que nunca nos separaríamos realmente. E ainda que esas imaxes tamén saquen bágoas, non son de pena, senón de nostalxia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario