martes, 22 de marzo de 2016

... e a pasear.

Quero que saia o Sol, que ilumine todo. Que lle dea cor ás plantas e resplandor aos ríos. E quero que saiamos nós a pasear, que nos recarguemos de enerxía e as nosas caras rebosen de Felicidade...
Xa chegou a Primavera, quedan moitas historias que contar...



María V. Rey
.

martes, 8 de marzo de 2016

Muller Traballadora

- E ti, nena, que queres ser de maior?
- Eu quero ser coma miña nai -dixo a nena toda contenta.
- E logo? Que é túa nai?
- Unha muller traballadora e independente.

E marchou deixando ao home perplexo...

María V. Rey

Seguidores