lunes, 19 de julio de 2010

Palabras

As palabras, son palabras. E a literatura está para que cada quen interprete esas palabras, por iso dependendo de cando as leas, como te sintas nese momento, quen as escribe... entenderás unha cousa ou outra, significarán algo ou simplemente serán palabras...
Poucas veces se interpreta o que se quere decir no momento que son escritas.
Pasa o mesmo cando esas palabras se transmiten a través da vía oral.

Polo xeral non se pensa en como nos interpretará quen nos escoita (si nos paramos algo máis no "Lector"), senón só no que nós queremos decir porque na nosa mente está todo claro.

Ás veces paga a pena sentarse a disfrutar da vida, darlle ó botón de "pausa" e falar tranquilamente nunha terraza veraniega ou ó calor da chimenea no inverno...

María
.

martes, 13 de julio de 2010

Uns Segundos 'da' Vida

É increíble como a vida de calquera pode cambiar nuns segundos! Estas verbas son moi manidas, sobre todo recentemente, pois non deixamos de aludir ó continuo cambio que sufrimos na sociedade. Si todo vai de présa, as nosas vidas tamén. Pero en realidade todo e dende sempre pode cambiar en apenas uns segundos. Unhas palabras, unha imaxe, un recordo...con que só apareza calquera delas ante nós no que tarda en moverse a agulla dos segundos no reloxo de calquera, todo pode cambiar. E da maneira menos esperada. Para ben ou para mal.

---

Atopábase cansa así que decidiu irse deitar. Pronto conciliou o sono, máis algo non ía ben.
Aquelo que a rondaba non se fixo agardar e espertouna sobresaltada.
Aturdida e sen saber como reaccionar pasou un dos peores momentos da súa vida. En cuestión de segundos estaba no hospital. O seu corazón era unha máquina que traballaba cun ritmo independente ó do seu corpo. Facíase notar como órgano potente.
O seu corpo sufriu un cambio, a súa vida xirou completamente, pero tamén a daqueles ligados a ela.

María

----

Ás veces non é un só suceso o que fai que a nosa vida cambie, que os nosos puntos de vista, as nosas prioridades muden. Son un cúmulo deles, e tras ese cambio non te sintes con forza de facer cousas que antes dirías "sí" sen pensar máis. As responsabilidades son outras e de ti dependen máis persoas.
Daste de conta de que con pequenos xestos se poden cambiar moitas cousas. Si en tempo de nada, porque é ben minúsculo o tempo non que pode cambiarche a vida, poden cambiar tantas cousas, o destino, con poucas cousas poderemos cambiar o mundo.
O tempo pasa por diante mudándonos, e nós a el. Por el morremos e por el vivimos! O que non podemos é deixar que pase manténdonos á marxe e disfrutar dos cambios positivos que nos ofrece.
Sempre debemos pensar que tra-la tormenta virá a calma...


María
.

lunes, 12 de julio de 2010

Grupo de Jueves Clínicos

Entre amigos o tempo pasa máis de prisa, todo é moito mellor, a vida vese dende outras perspectivas, a de cada un dos que te acompañan. Cando tes un momento baixo acudes a eles e a cousa cambia, pero cando tes un bo momento e amigos con quen compartilo, ese momento vólvese inesquecible! (María).

****
Hai tempo que quería publicar esta entrada, pois leva en borrador dende o 27 de Abril!!! Pero ainda me faltaban cousas por vivir para poñer aquí e necesitaba atopar as palabras axeitadas para contar o que quero dicir...

"Grupo de Jueves Clínicos", haberá xente que se pregunte que é esto, moitos á que esta entrada non lle resulte de ningún interés, pero é que esta entrada vai adicada a aqueles membros do grupo e que durante este ano foron as persoas que posiblemente máis vin en todo o curso académico (o derradeiro cabe destacar), posiblemente as persoas coas que máis tempo convivin!

"O Grupo de Jueves Clínicos" naceu un pouco de todos pero tomou como líder indiscutible a Ana pola súa pericia contando chistes que ela mesma inventa a maioría de veces. Unha pericia que pouco a pouco foi contaxiando ó resto de membros e que moitas veces sen saber cómo, deixaban (e deixan) sair da súa boca unhas verbas que causaban a máis grande das carcajadas. E cando non eran chistes eran incríbles anécdotas!

Pouco a pouco foron entrando nel máis persoas sendo agora un Pequeno Gran Grupo de amigos que o pasan estupendamente cada vez que se reúnen e onde nunca faltan as risas e o bo ánimo. Se non chegas con ese ánimo, non te preocupare, seguro que ós poucos segundos de contacto co grupo cambia de maneira positiva!

Penso que, sen ser a nosa intención, chegamos a sacar un sorriso a máis de un que se atopaba preto noso, ben polo que diciamos, ben porque se risen de nós, pero...unha cousa importante é saber rirse dun mesmo, e nós iso sabémolo facer, caracteriza a persoas intelixentes e que saben sair adiante.
A nosa risoterapia particular fixonos ter a todos un mellor ánimo e levar este curso da mellor maneira posible: entre amigos e de risas.

Gracias de verdade a todos e cada un dos seus membros: Ana, David, Paula, Mabel, Maika, Marián, Laura, Lucía e o último, pero máis importante...ARTURO, porque Emilio está no noso pensamento e corazón, pero físicamente non se pronuncia moito de maneira oficial. Extraoficialmente nin el sabe a de veces que intervén!!! ;)

Espero compartir máis sorrisos con vós, máis comidas, máis ceas, máis karaoques, e tan pronto estea preparado todo para o "Diseños II Festival"(lease con acento inglés)...avisaremos a todos os membros!!!!
ah!! e non olvidedes o "Finde-Extrem"!!!!jejejejejejeje

sábado, 10 de julio de 2010

Sentimento Imaxinado

Algún día volverás a manifestarte ou tan só eras un personaxe na miña mente?
Ainda que quizais era mellor que foses inventado e vivir sempre nunha fantasía para evitar o temor a sentir que unha vez máis, a historia se repite.

María

-----

"Un Momento de Abril"

Esta mañana escuché en el jardín de tu casa
Una canción que decía algo parecido
A lo que venia pensando
Mientras tú leías un libro
Y me quedé sin palabras
Porque no tuve ni tengo el valor de decirlo
Que me hubiera casado contigo,
de habérmelo pedido
Y luego me he ido
Y me han venido de golpe
Las cosas que te hubiera dicho
Las cosas que nunca te digo
Porque siempre me pasa lo mismo
Y luego me he ido
Y me han venido de golpe
Las cosas que te hubiera dicho
Las cosas que nunca te digo
Porque siempre me pasa lo mismo


[La bien Querida]

domingo, 4 de julio de 2010

Unha Nova Etapa

Finalizados os exames de Xuño e á espera dos de Setembro (que se agarda sexan os últimos por un período de tempo) queda unha fase no medio que moitos denominarían: vacacións dos estudiantes. Anos atrás tamén eu lle chamaría así, pero este ano non.

Partindo de que este ano é o meu último ano académico como estudante, pasaron cousas "diferentes" respecto os meus anteriores cursos, unha delas acababar os exames dentro do mes de Xuño! je
Pois ben, ese mesmo día deime conta de que non volvería ter clase e que a última xa fora na última semana do mes de Abril, mes no que remataron as clases para o meu curso por mor do practicum.

Realmente entre-péchase unha etapa da miña vida á espera do que aconteza en setembro. O que si está claro é que durante os meses que se atopan no medio, vivirei unha nova experiencia: concedéronme as prácticas de verán do Consello Social. Así que durante os meses de Xulio, Agosto, Setembro e unha semana de Outubro estarei tomando contacto co mundo empresarial no departamento de RR.HH dunha empresa ó pasar A Estrada (GALISEC). Toda unha nova experiencia e unha nova etapa na miña vida, pois será a primeira vez que tome contacto co mundo laboral dentro do meu ámbito de formación.

Polo tanto non terei as esperadas vacacións do estudiante, pero disfrutarei cada momento que teña libre e intentarei aproveitalo ao máximo, tede por seguro que será así, pois cando nos falta algo, unha vez que o conseguimos damoslle máis valor, igual que cando deixamos de telo ocorre o mesmo.

Agora con ánimo a afrontar a nova experiencia e disposta a aprender todo o que poida!!

viernes, 2 de julio de 2010

Futuro

"Lo que hemos dejado atrás y lo que nos depara el futuro carece de toda importancia comparado con lo que yace en nuestro interior" [Ralph Waldo Emerson]


A veces intentas ver un futuro, ver o teu futuro, pero só alcanzas ver "paredes" futuras.
Planificas e planificas para poder ter todo controlado, pero o que hai ao teu redor muda tan rápido que non o das seguido.
De súpeto un día non sabes cara onde tirar, o que estás facendo non te convence e non es capaz de verte nun futuro.
Detés a vida e comezas a mirar o que fixeches dándote conta de que a razón de facelo era agradar aos demáis, de que parte do que tes o construíches porque xa estabas dentro e só querías arroupar, reforzar os pensamentos para non sentir a equivocación...

Cando sintas iso, para e séntate, ou da unha longa camiñata, pecha os ollos e déixate levar tan só uns minutos polos teus soños, eles mostraránche o camiño.


María
.

Seguidores