---
Atopábase cansa así que decidiu irse deitar. Pronto conciliou o sono, máis algo non ía ben.
Aquelo que a rondaba non se fixo agardar e espertouna sobresaltada.
Aturdida e sen saber como reaccionar pasou un dos peores momentos da súa vida. En cuestión de segundos estaba no hospital. O seu corazón era unha máquina que traballaba cun ritmo independente ó do seu corpo. Facíase notar como órgano potente.
O seu corpo sufriu un cambio, a súa vida xirou completamente, pero tamén a daqueles ligados a ela.
María
----
Ás veces non é un só suceso o que fai que a nosa vida cambie, que os nosos puntos de vista, as nosas prioridades muden. Son un cúmulo deles, e tras ese cambio non te sintes con forza de facer cousas que antes dirías "sí" sen pensar máis. As responsabilidades son outras e de ti dependen máis persoas.Daste de conta de que con pequenos xestos se poden cambiar moitas cousas. Si en tempo de nada, porque é ben minúsculo o tempo non que pode cambiarche a vida, poden cambiar tantas cousas, o destino, con poucas cousas poderemos cambiar o mundo.
O tempo pasa por diante mudándonos, e nós a el. Por el morremos e por el vivimos! O que non podemos é deixar que pase manténdonos á marxe e disfrutar dos cambios positivos que nos ofrece.
Sempre debemos pensar que tra-la tormenta virá a calma...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario