Entre amigos o tempo pasa máis de prisa, todo é moito mellor, a vida vese dende outras perspectivas, a de cada un dos que te acompañan. Cando tes un momento baixo acudes a eles e a cousa cambia, pero cando tes un bo momento e amigos con quen compartilo, ese momento vólvese inesquecible! (María).
****
Hai tempo que quería publicar esta entrada, pois leva en borrador dende o 27 de Abril!!! Pero ainda me faltaban cousas por vivir para poñer aquí e necesitaba atopar as palabras axeitadas para contar o que quero dicir...
"Grupo de Jueves Clínicos", haberá xente que se pregunte que é esto, moitos á que esta entrada non lle resulte de ningún interés, pero é que esta entrada vai adicada a aqueles membros do grupo e que durante este ano foron as persoas que posiblemente máis vin en todo o curso académico (o derradeiro cabe destacar), posiblemente as persoas coas que máis tempo convivin!
"O Grupo de Jueves Clínicos" naceu un pouco de todos pero tomou como líder indiscutible a Ana pola súa pericia contando chistes que ela mesma inventa a maioría de veces. Unha pericia que pouco a pouco foi contaxiando ó resto de membros e que moitas veces sen saber cómo, deixaban (e deixan) sair da súa boca unhas verbas que causaban a máis grande das carcajadas. E cando non eran chistes eran incríbles anécdotas!
Pouco a pouco foron entrando nel máis persoas sendo agora un Pequeno Gran Grupo de amigos que o pasan estupendamente cada vez que se reúnen e onde nunca faltan as risas e o bo ánimo. Se non chegas con ese ánimo, non te preocupare, seguro que ós poucos segundos de contacto co grupo cambia de maneira positiva!
Penso que, sen ser a nosa intención, chegamos a sacar un sorriso a máis de un que se atopaba preto noso, ben polo que diciamos, ben porque se risen de nós, pero...unha cousa importante é saber rirse dun mesmo, e nós iso sabémolo facer, caracteriza a persoas intelixentes e que saben sair adiante.
A nosa risoterapia particular fixonos ter a todos un mellor ánimo e levar este curso da mellor maneira posible: entre amigos e de risas.
Gracias de verdade a todos e cada un dos seus membros: Ana, David, Paula, Mabel, Maika, Marián, Laura, Lucía e o último, pero máis importante...ARTURO, porque Emilio está no noso pensamento e corazón, pero físicamente non se pronuncia moito de maneira oficial. Extraoficialmente nin el sabe a de veces que intervén!!! ;)
Espero compartir máis sorrisos con vós, máis comidas, máis ceas, máis karaoques, e tan pronto estea preparado todo para o "Diseños II Festival"(lease con acento inglés)...avisaremos a todos os membros!!!!
ah!! e non olvidedes o "Finde-Extrem"!!!!jejejejejejeje
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Gracias a ti María por dedicarnos unas palabras tan bonitas. Tienes razón, este grupo de Jueves clínicos ha hecho que este último curso sea inolvidable¡¡ Creo que en este comentario no puede faltar el chiste con el que todo se inició (el de las manzanas):
ResponderEliminarIba una señora por la calle con una cesta y se encuentra con otra, que le pregunta:
¿qué llevas en la cesta, naranjas?
y la otra le responde: no, manzanas.
jajajajajjajajajaj.
un bikiño a todos los miembros de jueves clínicos¡¡
Aniña
jajajajajajajajjaja
ResponderEliminarAna, en serio, eres única!
en serio xa me eston pensando montar unha empresa con ese nome.jejejeje.bcs a todasssss
ResponderEliminardeivis
eiiiiiiiii! pois veñaa a montalaa!! JC S.L. :))
ResponderEliminarMoitas gracias María x estas verbas tan especiais e tan cargadas de significado! JC fixo que o derradeiro curso na facultade fora inesquecible, coma ben dixo ana, e moi moi moi divertidooooo!! (eses tetris na clase, esas comidas e risas...). Pero tamén vai facer q as vindeiras quedadas sexan igual de inesquecibles!
Moitas gracias a tódolos membros de JC polas súas aportacións! ;)
Vémonos!
Bicoooosss
MaBel