Finalizados os exames de Xuño e á espera dos de Setembro (que se agarda sexan os últimos por un período de tempo) queda unha fase no medio que moitos denominarían: vacacións dos estudiantes. Anos atrás tamén eu lle chamaría así, pero este ano non.
Partindo de que este ano é o meu último ano académico como estudante, pasaron cousas "diferentes" respecto os meus anteriores cursos, unha delas acababar os exames dentro do mes de Xuño! je
Pois ben, ese mesmo día deime conta de que non volvería ter clase e que a última xa fora na última semana do mes de Abril, mes no que remataron as clases para o meu curso por mor do practicum.
Realmente entre-péchase unha etapa da miña vida á espera do que aconteza en setembro. O que si está claro é que durante os meses que se atopan no medio, vivirei unha nova experiencia: concedéronme as prácticas de verán do Consello Social. Así que durante os meses de Xulio, Agosto, Setembro e unha semana de Outubro estarei tomando contacto co mundo empresarial no departamento de RR.HH dunha empresa ó pasar A Estrada (GALISEC). Toda unha nova experiencia e unha nova etapa na miña vida, pois será a primeira vez que tome contacto co mundo laboral dentro do meu ámbito de formación.
Polo tanto non terei as esperadas vacacións do estudiante, pero disfrutarei cada momento que teña libre e intentarei aproveitalo ao máximo, tede por seguro que será así, pois cando nos falta algo, unha vez que o conseguimos damoslle máis valor, igual que cando deixamos de telo ocorre o mesmo.
Agora con ánimo a afrontar a nova experiencia e disposta a aprender todo o que poida!!
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
domingo, 4 de julio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario