O corazón de Ánxela amencía soleado esta mañá, o seu sorriso contaxiaba e a súa mirada irradiaba ledicia, máis o solpor chegou de maneira inesperada.
Xa pasaran dez anos da chegada de Carlos á súa vida e nin un só día mudou os sentimentos que cara el tiña, e non imaxinaba, nin por un segundo, como remataría o día.
O reloxo marcou as 17.00h. Rematou a xornada de traballo.
Ás 18.00h. quedara con Carlos para tomar café.
A medida que a conversa sucedía, había algo estrano nela e de súpeto apareceu a gran nube gris que trocou o ceo de Ánxela.
- Temos que deixar a nosa relación. Estou namorado doutra persoa.
Esas verbas resoáronlle tan adentro a Ánxela que non puido nin responder. Quedou muda, petrificada, vacía... Tras uns segundos só atinou coller a taza de café, beber un sorbo e desaparecer entre o nubrado horizonte...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario