O Depor, despois dun ano en segunda, consegue volver á máxima categoría da liga española un ano e seis días despois!!
Un Depor de récords! Que conseguiu na última xornada a friolera de 91 puntos na categoría de plata!
Si nunca deixei de estar orgullosa do equipo que defendo, a semana seguinte á consecución do título que o facía gañador da Liga Adelante e ascendía por méritos propios e de maneira directa á primeira categoría, foi unha gran semana de orgullo por este equipo.
Ademáis, nesta última semana confirmábase a continuación do mago Valerón durante a próxima tempada!!
Espero que no próximo curso sigan a facer os deberes, poida animar a un gran equipo e consigamos manternos!!
Seareiros deportivistas... non somos o Madrid e Barça de segunda...
SOMOS O DEPOR DE PRIMEIRA!!!
"...Cantos días, durante cantos meses...
Esta tarde de domingo estaba sendo única e irrepetible. O sentimento que ofrecía non o sentira nunca! Era a mellor tarde de fútbol ao carón de seu pai. Os dous animando ao mesmo son que o resto da grada, ainda que cando o miraba e o vía tan contento, semellaba que o resto do estadio enmudecía e a súa felicidade se duplicaba.
Cando comezou a disfrutar do fútbol só veu como o seu equipo descendía, agora estaba a vivir todo o contrario.
E nese intre, mentras miraba a seu pai... "Gooooooooooooooooooooooool!"
Un gol que facía saltar aos afecionados das súas bancadas. A olla a presión acababa de estoupar!
Ese gol facía ao seu equipo campeón e as emocións contidas xa non se puideron frear.
O seu equipo ascendía, e na súa mente quedaba, gravado, un dos recordos máis felices vividos ao lado de seu pai."
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario