É certo que hai silencios que din máis que as palabras.
Conseguín entender iso mentras estaba en silencio comigo mesma.
Por iso nos emocionan as pausas dramáticas.
Por iso despois do silencio no medio dunha melodía veñen os acordes máis sonoros.
Por iso no silencio final que queda ó finalizar dunha peza, comprendes a grandeza do que acabas de escoitar.
Por iso cando es un neno e acabas de facer algo mal, e teus pais te miran fixamente no canto de alza-la voz, sabes que se aproxima un castigo.
Por iso cando dous namorados se miran e se entenden sen decir nada, saben que todo vai moi ben.
Por iso cando estás cun verdadeiro amigo e non hai nada que decir, ese silencio non é incómodo.
Por iso cando a un amigo lle preguntas si está ben e non responde nin ben nin mal, debes entender que te precisa aí, ao seu carón.
Posiblemente siga sen falar, ou sí o faga. E quizais ti non teñas que decirlle nada... Simplemente tes que estar aí...en Silencio.
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario