Neste mundo cada vez máis axetreado e veloz hai que aprender
a tomar decisións rápidas.
Decidir se sí ou se non en cuestións de segundo. Saber si
das o paso ou ficas quedo, si pronuncias esas verbas ou mudas pra sempre.
A pesar da cantidade de trens que pasan a diario polas
férreas vías que constrúe o home, na vida os camiños van pasando por sendas que
só cruzas unha vez, e cando o tren chega pode ser que esa sexa a única e
derradeira vez que o faga. É entón cando eses segundos que tes pra tomar unha
decisión se volven fraccións de tempo máis pequenas e tes que apurar a
resposta: subes ou ficas no andén?
Como saber cal é a decisión acertada? Quizais non sexa ese o
final do camiño, pero chegar vai costar moito máis. Pero e si subes e o tren
non era ese?
Co paso do tempo e a través da experiencia e a observación
quedei cunha idea... Vale a pena subir porque si acertaches só quedan bos
momentos. E si resultou que non era ese o teu tren, non quedarás coa dúbida e
xa tes camiño avanzado, se non montases igual ainda non chegaras a ese punto.
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario