Moitas veces, o fácil é que cando perda o teu equipo se lle busquen os defectos, fallos e accións que fixo mal. Si é certo que a autocrítica e a crítica constructiva está ben, iso non é o que lle toca ó público. Ante a posibilidade de atopar eses fallos neste último partido, a responsabilidade da afección é seguir apoiando ó seu equipo."Vendo o PRAÍÑA - Ribasar. Camiño do ascenso"
O PRAÍÑA non debe ter dúbida de que moita xente o seguiremos aupando, e debe meter na súa mente o seguinte paso a dar en competición e a nova formación de cara á competición ligueira do ano que vén, porque SI SE PODE!!! Ata 2º e máis alá!
Esta foi unha tarde que rematou con cantos da afección, ollos húmedos, incredulidade e un ORGULLOSOS DO PRAÍÑA.
Está claro que este non é o ano. Non son os grandes os que pasan (excepto o DEPOR-je-) a todas as finais...
Só queda dicir que uns gañaron a liga... outros optan á copa do Rei... e ó Praíña...
ÁNIMO PRAÍÑA, a pola Copa do Sar!!
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario