viernes, 13 de agosto de 2010

Reencontros, Risas, Perseidas e Despedidas

Unha noite para non esquecer.

"Entre amigos o tempo pasa máis de prisa, todo é moito mellor, a vida vese dende outras perspectivas, a de cada un dos que te acompañan. Cando tes un momento baixo acudes a eles e a cousa cambia, pero cando tes un bo momento e amigos con quen compartilo, ese momento vólvese inesquecible! (María)".

Estas verbas que xa teño posto noutra entrada serven exactamente para expresar o que se sinte estando con xente como coa que pasei a noite de onte.
----

"Dende o primeiro momento avistaba unha gran velada, coma sempre que quedaba con eles.
Ainda que non tiña moi claro a quen se ía atopar, sabía que vería a xente que lle apetecía ver. Xente coa que compartiu momentos e coa que se sente a gusto pasando o tempo, coa que lle gusta vivir experiencias.
Xa levaba un tempo se atoparse con eles e ás veces eran necesarias estas "quedadas" por calquera que fose o motivo.
Necesitaba atoparse con eles, compartían confidencias, segredos, murmullos, rumores...
Nunca se sabe o ben que senta un paseo por Compostela podendo falar de todo, tendo conversas sen ánimo de lucro e creando anécdotas en distintos recunchos da cidade, ata que se vive!
Compostela é unha cidade especial, esta era unha semana de maxía dende o ceo estrelado. Era semana de Perseidas, podía pasar calquera cousa. Ainda que sabía que despois do reencontro, das risas e a pesar das perseidas, chegaría a despedida. Pero non será longa a estancia, e farase levadeira a distancia si se mira de facerlle unha pausa en medio e de rematar o encontro cun "ata logo" ou "falamos", porque cando verdadeiramente sintes a despedida, loitarás porque esas dúas expresións non sexan palabras que leva o vento...
E esa noite todos sabían que o cumprirían."


María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores