domingo, 1 de agosto de 2010

31-07-2010 .- Fin de Festas Apóstolo 2010: Ano Santo

Xacobeo 2010.
Ano Santo 2010.
Un ano que non se volverá repetir en 11 anos!

A primeira entrada do mes de Agosto será adicada a un evento do mes de Xulio/Santiago: o acontecemento que se deu en Santiago de Compostela na noite de onte, día de peche das festas do Apóstolo 2010: "O fogo pequeno".

Nesta velada o que esperas ver en Compostela, a parte de concertos para pechar os días de festas (e este ano máis ainda sobre todo coa actuación que Jean Michele Jarre ofreceu na escalinata da catedral) pois un espectáculo de luz un pouco menos que o día 25, pero de igual interese e espectación.

"A noite presentábase estupenda. Estábase moi ben ao aire libre.
Aparcamos e fomos comer algo, había que cear antes de ver estoupar o ceo en luces de colores.
A hora achegábase así que apuramos os bocados. Non queríamos perder o comezo e o programa do Concello de Santiago poñía que dito evento tería lugar ás 23:00 h na Escalinata do Campus Sur (como veces anteriores).Chegamos a tempo e collimos un bo sitio, pero sorpresa a nosa cando pasado xa un tempo das 23h, aquelo seguía sen comezar.
Cada vez chegaba un pouco máis de xente, turistas e habitantes de Santiago e arredores. Moitos pensaban que xa chegaban tarde e se perderan o espectáculo. Grata sorpresa cando descubriron que chegaban a tempo, pero a súa cara foi mudando cando daban as 12 da noite e aquelo seguía sen comezar.
Ó pouco vironse un fogos artificiais asomar por detrás da arboreda da alameda. Sorpresa para todos pois a primeira idea é que cambiaron o lugar e non avisaran. Pero non, eses resplandores pertencían ao concerto.
Pronto soubemos que se farían esperar ata que dito concerto rematase, pero non avisaron co debido tempo e a xente que estaba esperando...desesperou.
Cada vez o campus estaba máis cheo de xente e como si non fose coller (é un espazo aberto) apretábanse uns contra outros. Pronto non podíamos movernos do noso sitio.
Deron as 00:30h e a xente "desesperada", cansada e aburrida de esperar, comezou a abuchear, silbar e facer palmas acompasadas en sinal de protesta, a imaxe a verdade, quedaba mal de cara aos turistas.
Finalmente ás 00:50h os responsables de facer estourar os fogos apareceron pola escalinata para dar comezo ó "espectáculo".
Sorpresa a nosa cando no segundo estourido se queda baixo e cae ardendo sobre os que alí nos atopábamos. Exactamente 2 persoas máis aló do meu lado.


Claro, cheo como estaba aquelo, cando se quixo apartar uns bateron en outros e...ao chan! Mentras, os fogos, seguían saíndo. Algún que outro explotou na escalinata...
E incluso dos que saíron logo os casquetes caían sobre as nosas cabezas!"

Ó rematar as rúas estaban ateigadas de xente...

E puidemos comprobar que máis cousas caían do ceo preto de onde estabamos...


Parece que considero a noite unha catástrofe, pero non. Fóra destes acontecementos O ESPECTACULO ESTIVO Á ALTURA DO ANO e deixou unhas bonitas imaxes no ceo compostelán para poñer o broche a un ano especial...




E pola miña parte, a velada tivo todo o necesario, risas, aire libre, fogos e sobre todo, boa compañía!



María
.

4 comentarios:

  1. Vou estrear isto logo, xa que agora se pode, jaja
    Grazas pola da boa compañía, ti sempre tan amable. Pois si, así foi a cousa máis ou menos, un acontecemento que recordaremos un tempo pero como moitos outros muller, hai que acostumarse a todo, jaja. E o certo é q a boa compañía sempre fai dos desastres momentos maravilloso xDD
    PD:non me decatara de que non puxen quen son....tampouco o vou facer.....
    xD

    ResponderEliminar
  2. pero podo adiviñalo eu, porque penso que xa sei qn es...creo que os anos "observando" a forma de ser de cada quen fan distinguir...jajajajaja

    ResponderEliminar
  3. Ais, iso gustoume, moi ben logo, jopetas, como mola deixar comentarios nun blog q pode ver calquera, e que se pode facer ideas de min moi disparatadas pero que non importa porque son.....Anónima!!!....que chachi (a q agora pensas q son MV?...qn sabe,ujuju).
    PD: moi boas as túas verbas como sempre : )

    ResponderEliminar
  4. non pensara en MV, pero gracias polas túas palabras de apoio!
    ;)

    ResponderEliminar

Seguidores