martes, 21 de junio de 2016

É verán

Barullo nas beirarúas.
Portas e terrazas ateigadas pasadas as doce da noite.
Manga curta e pernas ao aire. E gústache non sentirte escrav@ da chaqueta.
O ceo despexado. Despexado de día e de noite, podes contar cada unha das estrelas, e contarllas a alguén tamén.
Charlas, reflexionas ou estás calad@ simplemente observando.
Cenas no xardín, refresco ou xelado, pero no xardín e xa de noite.
Das apertas. E bicos, sobre todo bicos.
Durmir coa ventá aberta e sen taparte. Incluso sen pixama, pero sempre con esa persoa ao lado.
Da vitamina.
Chegou.
É verán.

María V. Rey
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores