martes, 2 de febrero de 2016

Un Entroido diferente, pero que nunca falte a música!

Juan e Luísa son un matrimonio de 70 anos bastante activo, pero dende que os seus dous fillos marcharon traballar fóra do país, decidiron alugar a súa casa e ir vivir a unha residencia que había no seu pobo, porque así seguían xuntos, podían ter controlada a diabetes de Juan e a tensión de Luísa, e tamén se mantiñan activos nas actividades que facía o centro, ademáis de asegurarse que habería xente coa que falar.
Agora achegábase a época do Entroido e os dous se ían disfrazar: adiviñades de que? Pois Luísa de "rosquilla" e Juan de "churro". Comezarían o desfile sobre as 17h. da tarde e logo tomarían uns pinchos antes de ir para a cama acompañados por uns músicos que animarían a tardiña, porque se algo non pode faltar no Carnaval é unha charanga, e se algo non pode faltar na vida, é a música!


María V. Rey
.
[Relato que forma parte do recopilatorio de textos creados pos María Vázquez (psicóloga) e usados para actividades de Psicoestimulación da Memoria en persoas de terceira idade ou Adultos Maiores].

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores