martes, 9 de febrero de 2016

Época de Entroido, a disfrutar da festa

Achégase a época de entroido. Este ano decidín disfrazarme cos meus amigos no entroido da miña parroquia. Había tempo xa que non participaba nesta festa. Exactamente seis anos, xusto os anos que hai que morreu meu avó Leonardo.
Dende a súa falta non volvín disfrazarme, porque era con el con quen facía os meus atuendos. Con el comentaba de que ía disfrazarme e como podíamos diseñar o traxe. Incluso cando non participaba, era con el con quen ía ver os atranques porque tamén lle gustaban moito os cabalos, houbo unha época na que tivemos unha besta na casa.
Dende que el morreu non tiña ánimos para disfrutar da festa, e non me preguntedes por que este ano me decidín a ir porque nin eu o sei moi ben, pero o caso é que así vai ser e de seguro que a el lle gustaría que volvese disfrutar do Entroido como facíamos os dous.


María V. Rey
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores