martes, 29 de noviembre de 2016

Cartas

Tremer por dar un primeiro abrazo. Que te abracen e o estómago se encolla.
Morrer por acariciar e ter medo de como reaccionen. Que te acaricien e todos e cada un dos pelos se poñan de punta.
Quedar de pedra co máis pequeno detalle, pero que eso signifique que dende onde sexa apareciches nos seus pensamentos. Que facer feliz a alguén con pequenos detalles sexa claramente o que queres facer o resto da vida.
E con todo esto non pregunto si me queres, todo isto faime sentir por ti, e con todo isto dígoche que te quero ata o final dos meus días.

María V. Rey

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores