Pois para a semana empezamos en Compostela para intentar incorporar novas persoas voluntarias, as charlas serán de temática variada e centrarémonos na USC, en ambos Campus.
Este é un estracto do que alí se vai falar:
Sopa de ideas e outras creacións: A importancia da Comunicación no mundo das ONG
Unha mesa, un mantel, varias cadeiras, pratos con letras e gañas de idear. Estes son os materiais imprescindibles cos que se celebrará o taller “Sopa de ideas e outras creacións”, unha proposta de escritura creativa que estimule a reflexión sobre conceptos tan cotiás como o xornalismo actual, a comunicación ou o papel do propio espectador televisivo. Coa idea de “poñer a mesa” nunha aula da Facultade de Xornalismo de Santiago preténdese xerar un espazo de encontro e intercambio de ideas que animen a cuestionar conceptos, debater, aprender e crear.
Bo proveito!
•Día: 19 de outubro
•Hora: 12:00 horas
•Lugar: Aula 4
Facultade de Ciencias da Comunicación
Faltas ti! Descubre o voluntariado...
"Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?" A todas estas cuestións intentarase respostar na charla, onde se mostratán as experiencias de voluntariado en temas como a sensibilización ou a educación.
•Día: 21 de outubro
•Hora: 20:15 horas
•Lugar: Aula 4
Facultade de Psicoloxía
"Banca ¿vs/&? Ética
FIARE"
"Están a ética e a economía naturalmente enfrontadas? Existe algo máis que a economía puramente do capital? É posible facer uso da economía como ferramenta para o desenvolvemento humano? Por suposto! A economía responsable, a economía alternativa e solidaria existe e ten ferramentas moito máis alá da economía doméstica. Fiare pode ser unha delas. Achégate a descubrir esa outra cara da economía, a da conciencia."
•Día: 26 de outubro
•Hora: 20:15 horas
•Lugar: Aula 4
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
"Experiencias de Cooperación en medio ambiente e desenvolvemento rural en Centroamérica"
Roberto Roget, recén chegado da súa estancia en Nicaragua dentro do Programa de Coñecemento da Realidade tratará de achegarnos as súas vivencias dntro das comunidades nicaragüense onde Enxeñería Sen Fronteiras está traballando así como os proxectos que esta ONGD está desenvolvemento en Centroamérica.
•Día: 27 de outubro
•Hora: 20:15 horas
•Lugar: Aula 3
Facultade de Bioloxía
Faltas ti! Descubre o voluntariado...
A sede compostelán abrirá as súas portas para que a través de fotos e experiencias en primeira persoa, todo aquel que queira, poida conocer que fan as persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras nos distintos ámbitos de traballo que a ONG desenvolve en Santiago, educación, sensibilización e proxectos de cooperación internacional.
•Día: 3 de novembro
•Hora: 20:15 horas
•Lugar: Local de Alumnos
Escola Tecnica Superior de Enxeñeria (ETSE)
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario