martes, 6 de abril de 2010

Un día Extraño

Extraño. Non hai outra palabra, extraño.
Este é o vocablo que describe o día de hoxe. E non foi hoxe por casualidade, unha serie de acontecementos foronse dando anteriormente ata chegar ao día de hoxe.

É extraño pola confluencia de sentimentos. Un sentir que levo experimentando varios días.
Un choque de bos e malos sentimentos, de risas e choros, de alegrías e penas, de novas que traen vida e de outras que a levan.

Creo que estou a vivir unha desas etapas vitais que te fan madurar, que te fan reflexionar...non queres sen embargo, xulgar á xente, pero moitas veces as circunstancias non che deixan outra e a túa mente traballa, ves inxustizas ó teu redor, actitudes e comportamentos que non entendes e mesmo semella que a xente que precisas e queres ó teu lado...non están.

Quixeras deter o tempo, porque sabes que avanzar traerá malas novas, pero tamén as traerá boas.

Non queda máis ca esperar que todo sexa leve, se sepa levar o mellor posible e ainda quede xente que sepa estar ao teu lado para poder seguir o camiño.

Cando derramedes bágoas, que non sexan de pena, como moito que sexan de sentimento e recordo, pois o importante é saber que mentras estivemos vivos, vivimos unidos, e mediante o recordo nada nin ninguén poderá separar o que nos unía.

Hoxe despertei e sigo viva, teño onde vivir e unha familia co que facelo, volvín á clase e ver ás miñas compañeiras e amigas, preparei unha charla que darei mañá na ONG na que son voluntaria, comecei a traballar nalgo adecuado á miña formación, tiven a visita da miña mellor amiga, tocaronme 6€ na loteria, aparentemente todo son boas novas, pero tamén vin como meu avó e padriño iniciou o fin da súa vida, un dos homes que máis admiro e admirarei sempre pola ´vida que levou. Só me queda disfrutalo mentras estea aquí.

Disfrutade, da vida e da xente que queredes e vos rodea!Só conta o que fagades agora!

Sede felices!


María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores