Segundo día de entroido en Reis, a pasalo ben paqueteeee, que se acaba!!!!
Frescas coma leitugas, ainda que sendo galletas que sobreviviron ao almorzo (bueno, non todas...na xornada do domingo tivemos dúas baixas) comezamos o segundo día de Entroido en Reis.
HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
10:30h. (segundo a xente...jijiji)
HORA REAL DE PARTIDA: 11:00h. da mañá.
"Galletas con Demo" |
O Demo, baixo Lorenzo, admirado polos bonitos. Aldea do Outeiro |
Este ano viñan con nós, nesta xornada dominical, a tropa afrancesada de Valga para participar con nós no desfile a raíz dun intercambio cultural con eles, pois xa foran os nosos xenerais ás súas terras previamente.
Tropa napoleónica de Valga |
Arrincamos cara o Ferreiriño. Primeira parada da mañá e na que confirmamos que íamos precisar as gafas de sol durante unhas cantas horas...Tra-los primeiros cantos do domingo, que saían xa mellor ainda que o sábado, comezou o desfile por Chao do río arriba, e abaixo...mostrando unha longa estela do que era o entroido e da ampla participación que a parroquia de Reis tiña neste evento.
Logo subimos ao Outeiro onde volvimos cantar o desafío, cantar que cada vez collía máis forza e se entonaba máis alto por cada un dos bandos. Tras probar se o viño dos veciños do Outeiro "de arriba" era bo tomamos camiño pola Iglesia abaixo para facer alto noutra casa de tradición e colaboración carnavalesca como é a de "Carmenchu do Porteiro". Outro lugar onde se pasou moi ben e se montou unha boa festa na hora do vermú. Porque sí, non te dabas conta pero en realidade xa pasaba o mediodía e era a hora de ir para comer...así que fomos recollendo, e un tras outro desfilamos avenida abaixo para chegar ao local da Ponte Vella e gozar alí duns anacos de empañanda, unha paella quente, boa bebida e café. Era necesario repoñer forzas.
Xa non quedaba moito...eu creo que a xente nos retrasamos na comida porque sabemos que arrancar é ir cara o remate do carnaval, e non queremos que se acabe. Pero había que poñerse en marcha e a mellor forma de non amorriñar e baixar a comida era desfilando pola Telleira abaixo ata facer parada na Senra. Qué bonito ver a comitiva ocupando toda a general!!
bonitos |
vellos e carrozas |
Logo adentrámonos en Olveira, tamén arriba e baixo para logo parar no xeriátrico Residencia Puentevea, onde lles animamos a tarde aos residentes que alí viven e como non, montouse outra pequena festa. [vídeos de Javier Magariños]
Pontevea case parece outro mundo aparte porque ademáis de ser xa o final, nela tamén somos vistos pola xente que vén doutros lugares para disfrutar o carnaval de Reis. Avistanse todas as carrozas, facemos tres paradas para cantar o noso repertorio enteiro (Multicentro Daniel Pernas, na pista das Areas e no cruce que une os mestros con Pontevea), e vivas e máis vivas antes de ir recollendo cara o Calvario para o que sí é de verdade a última actuación do entroido deste ano.
E como xa dixen...o camión dos coros é outro mundo, o mesmo vas sentado descansando (case nunca), como repasas os cantares dese e outros anos, como te arrancas con outras cancións, eres "aplastado" pola tropa francesa ou de repente tamén vai a TNT contigo e sucede esto:
E chegamos á gran actuación. Cantan os bonitos, cantamo-los vellos. Cantamos xuntos o desafío e rematamos cunha gran festa!! Escoitamo-los atranques e quedamos a celebralo coa charanga resistíndonos a rematar o día.
E ainda coa resaca de cansancio non recuperado, e xa con nostalxia da festa vivida, estou segura de que igual ca min, o resto de xente do carnaval xa está desexando que chegue o do ano que vén e pensa..."agora esperar un ano..."
Para despedir esta crónica que mellor que un fragmento do peche dos atranques...
"Señores ata o ano que vén!
Moitas gracias por me ler.
E se este ano o pasaron ben,
ó Entroido de Reis teñen que volver!"
María Vázquez Rey
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario