SÁBADO 07/02/2015:
Toca Diana e a prepararse para o entroido!! Xa é sábado e comezan dous días de entroido en Reis!
Tras varias semans de intensa loxística sobre un disfraz que semellaba do máis fácil...por fin estabamos listas e as "Galleta María" estaban dispostas a pasar un bo entroido.
HORA DE QUEDADA: 10:00h. da mañá (segundo a comisión)
10:30h. (segundo a xente...jijiji)
HORA REAL DE PARTIDA: 10:45h. da mañá.
E alá arrancamos, dende o calvario, bonitos e vellos no camión de comparsas seguidos polas carrozas e os seus ocupantes, o demo e as rosquilleiras, a charanga (TNT, como non!) e a comitiva de xenerais do Ulla.
Despois de chegar ata alá arriba que ben se agradeceu o chocolate quentiño!
En Coira |
en Coira |
Tras Coira enfilamos cara Freixeiro a ritmo de charanga, e se non hai música de charanga... no problem! Porque as carrozas molan, pero o camión das comparsas é outro mundo! O camión é unha montaña de emocións. Un lugar de encontro, de intercambio e de convivencia entre novos (bonitos) e vellos (que tamén son bonitos... ou acaban bonitos... todo depende!jajaja).
E coma quen non quere a cousa, e sen sentir que o tempo pase...chegas a Valiñas. A Valiñas "de abaixo". Cantares do lobo, o "carallo" do demo e cañóns de confeti, todo acompañado de un ánimo estupendo e un bo viño (inevitable que veñan á cabeza aqueles versos: "o viño de Reis non sei que terá, que canto máis bebes, máis sede che da..."). E así...quen dixo frío?
E Valiñas "de arriba" non ía ser menos. Cantamos o "desafío, que para min foi das mellores letras de carnaval polo diálogo que escenificaba e a unión entre os dous coros, ainda que costa decidirse!
Rematado o tempo de comida e baño (aaaaalgo tan importante e básico, e sorprendentemente xeneroso por parte dos veciños que nos acollen bondadosamente) que sempre moi amablemente a familia Leal nos ofrece (e tamén a comisión), retomamos o camiño e facemos parada na aldea de Pazos onde baixamos a comida e lle facemos oco á merenda...
Non faltaba ánimo, e menos mal, porque tocaba camiñar. Esperaban os veciños en Monteselo e no alto de Vieiro para logo seguir nas aldeas de Freiría (lugar do noso director de vellos e autor das comparsas, Manolo Pedreira) e a Ribeira.
As horas ían pasando sen darte conta e o día estaba chegando ao seu fin...tocaba subir cara a Iglesia e rematar a actuación do sábado no calvario.
No calvario...festa de exhibición para os coros e para os xenerais cos atranques. Ademáis este ano tíñamos unha grata sorpresa, que foi de verdade moi grata!! Os "Hugos" daban o atranque. Que arte teñen estes nenos!! Ademáis tamén repetían Adrián Ojea e José Leal, dous mozos que levan o entroido dentro e que o mundo do cabalo lles gusta máis que un caramelo a un neno. Así o futuro está asegurado!![clicando no nome en negriña deberíades poder ir a ver os vídeos]
E rematou o sábado! Menos mal que ainda quedaba o domingo...
María Vázquez Rey
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario