Xa deu comezo a época de Entroido no Concello de Teo.
Tras o pistoletazo de saída dos Xenerais na parroquia de Oza, esta fin de semana toca barrer para a casa. Os días 7 e 8 deste mes a Parroquia de Reis colle as máscaras e saca os cabalos para ofrecer divertimento por todas as aldeas ademáis de a aqueles que nosq ueiran vir ver dende terras alleas.
Sempre me gustou ir ver o desfile dos meus parroquianos, escoitar as comparsas dos coros e os atranques dos xenerais, pero dende que o probei no ano 2011 teño que decir que vivilo dende dentro é outra experiencia, que salvo en raros casos, engancha. Tras dous anos sen poder ir neles este toca volver. Espero disfrutar de dous días de risas e bos momentos, que para malos hai moitos outros no ano!
Esperámosvos!!!
María
.
Poñan atención señores
que se entere o mundo enteiro
en Reis estamos de entroido
a primeiros de febreiro.
que se entere o mundo enteiro
en Reis estamos de entroido
a primeiros de febreiro.
...
O sabado sete salimos
e domingo oito tamen
quedan todos combidados
que non nos falte ninguén.
e domingo oito tamen
quedan todos combidados
que non nos falte ninguén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario