domingo, 25 de enero de 2015

Cartas para todos e para ninguén (V)

Deixame dicirche que sei como te sintes.
Ás veces apostas demasiado pronto pola xente que coñeces, outras, simplemente apostas. Non sabes si demasiado pronto ou non, pero decídeste a confiar. Tes medo, xa levaches desenganos, ainda descoñeces realmente como pode ser esa persoa porque só a coñeces nunha faceta da súa vida…pero algo di que nese momento podes confiar.
Pasado o tempo, cando cres que todo é idílico, os cambios no entorno e na xente que nos rodea fai que algo mude. Que as cousas nesa faceta inicial que se coñeceu cambien, e xa sabemos que todo está interrelacionado, e ainda que non queiramos, moitos cambios na nosa conducta nun campo da nosa vida, vai implicar, de maneira implícita, cambios en máis campos.
E de repente, esa persoa xa non é a mesma. Ou nunca antes te viras ante a tesitude de ter que responder a esa demanda do ambiente.
E agora que?
Arrepínteste de confiar no momento no que o fixeches?
Pois non debes facelo. Porque cando decidiches confíar gozaches dunha paz que necesitabas. Dun piar no que apoiarte. E nese momento esa persoa foi o apoio, a vía de escape que precisabas, a motivación para superarte, o soplo de aire fresco que osixenaba o resto do ambiente.
Agora toca ver unha pequena decepción que te descoloca, si. Sempre descoloca porque non sabes o que pode pasar,xa non dominas a situación, non sabes si coñeces a esa persoa ou non, e a incertidume invadeo case todo.
Moi posiblemente esa persoa tampouco vexa como está influenciando en ti, entón hai que conseguir calmarse e afrontar a situación, mirar ao redor e seguir adiante. Nesa ollada que botes seguro que hai máis cousas que sempre estiveron aí e nas que agora é preciso apoiarse máis ca antes, porque sempre estamos nun continuo cambio.
E se a confianza era boa de verdade… esto que che está a pasar só é unha adversidade, e polo xeral, as adversidades fannos máis fortes.
 
 
María Vázquez Rey
Psicóloga

"Confiar en todos es insensato, pero no confiar en nadie es neurótica torpeza"
[Juvenal.-poeta satírico romano]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores