jueves, 1 de enero de 2015

Diario de un ano: ensinar para aprender (2014-2015)

“...porque para aprender teñen que ensinar... e creo que esa é a definición do meu 2014: un ano que me ensinou moito. Un ano para aprender. En moitos aspectos. Xa o 2013 me fixo madurar un pouco mais e me ensinou cousas que neste ano agradecín, que só logrei ver agora, pasado o tempo…”
 
 
Diario de un ano:

Ensinar para aprender
31 dec 2014 - 1 ene 2015
 

Chegas ao final e sempre recapitulas.

Empezas un ano con moita ilusión e esperanzas, como si pasar do 31 ao 1, do mércores ao xoves, das 00:00 á 01:00, fose unha barreira que superar e todo o anterior quedase preso e non puidese alcanzarnos ou non tivese influencia sobre nós. E a veces non nos decatamos que esa ilusión a debemos manter cada día do ano.

Pero ainda así celebramos sempre algo especial na noite de fin de ano e iso permítenos soñar ainda con máis forza e crer que xa que comezamos un novo ano, se presenta ante nós unha nova oportunidade para completar novos obxetivos e retos. Facer esa celebración permítenos romper co que non nos gusta, cambiar, avanzar, mellorar… Unha vez alguén me dixo que si crees que eres perfecto, que non tes nada que cambiar, entón non cambiarás nada e iso non che permitirá avanzar. Non conseguiremos aprender nada porque non deixamos que nos ensinen nada.

A miña idea é que cada ano que pasa é un ano máis de vida que aporta experiencia. E sempre queremos esquecer o malo, pero para aprender non podemos olvidarnos de aquilo que nos fará non cometer erros ou volver pasar esas malas situacións, non podemos esquecer os indicadores de como solucionar dito problema.

Si o 2013 me ensinou moito, o 2014 foi un ano que me fixo chorar, pero tamén sei que foi un dos anos nos que máis risas tiven. Risas desas que fan que che doia a barriga e a mandíbula. Por iso ó 2015 pídolle que me deixe aprender do que o 2014 me ensinou.

Secadra este non foi o mellor ano, pero houbo momentos, persoas e días inolvidables. E sen dúbida o 2014 esinoume moitas cousas.

Ensinoume que os momentos non só chegan. Que non só tes que estar esperando que se produzan momentos especiais coma se foses un mero espectador da túa vida, senón que en ocasións hai que coller o momento e facelo especial, simplemente porque o momento é agora. E diso espero aprender a lanzarme, e que no 2015 eu mesma poida crear momentos. Ainda que me equivoque, porque ao fin e ao cabo os humanos aprendemos así, por ensaio, probando. En ocasións teremos éxitos, noutras fracasos que nos farán cambiar e aprender algo máis. Pero que acabarán sendo experiencias que fan máis interesante o camiño [La posibilidad de realizar un sueño es lo que hace la vida más interesante.-Paulo Coelho].
 
"Aprendí que lo importante pasa hoy...es el momento...este es el mejor momento"
 
Ensinoume a madurar un pouco máis ainda, e a coller outra perspectiva de vida sobre a implicación e o ser adulto. A tomar decisións importantes con consecuencias importantes, e tamén a afrontar como decir un adeus á última avoa.

Pero a pesar de madurar tamén me ensinou que non se debe perder ese espírito de neno que un sempre debe gardar dentro e que sempre que poida farei as miñas tonterías porque outros anos xa me ensinaron que tamén hai que saber rirse dun mesmo.

Ensinoume a volver confiar e a non arrepentirme de facelo, ainda que tamén me ensinou en quen non debes facelo de todo.
 
Aprendín ainda máis sobre as amizades e o feito de que sexan un punto importante na vida das persoas. Dentro dese afán social a xente coa que te rodeas segue a ser moito máis importante que calquera elemento electrónico co que distraerte e que ainda que fales todos os días por whatsapp nada substitúe unha boa charla de café ou unha distendida comida. Ainda que tamén me ensinou que estar lonxe non quere decir non verse, ou deixar de compartir. Que non estar a veces, é porque non se quere, porque o feito de non poder estar ao lado non significa non estar aí.

Ensinoume que a maxia segue a estar nas pequenas cousas, nos pequenos detalles, nas mostras de cariño (ainda que sexan algo que me segue a costar). Que a frase “é de ben nacido ser agradecido” non se equivoca para nada porque vale infinitamente máis ver a cara de felicidade no amigo cando tes ese detalle que non esperaba, que todo o ouro do mundo, e ao final todo o ben que fas é recompensado.

E si me ensinou que os amigos son moi importantes, a familia é a que sempre esperamos que estea aí. E un ano máis teño a certeza de que son o meu piar central. De feito, aprendín que cada ano que pasa o son máis.

ELAS. Elas son vida. Fan as alegrías máis alegres e as penas menos penas. Si non é unha, está a outra. Cada unha para o seu. Querendo perdelas de cando en vez (normal, je, coma todos os irmáns) pero inimaxinable a miña vida se non estiveran.

PAIS. Pódense ter os nosos máis e os nosos menos…bueno, en realidade sempre se teñen os nosos máis e menos, pero creo que sempre sacas boas cousas deles. E cando podes recordar cousas do pasado como cando, a punto de rendirte, che din “si chegaches hasta aquí, ahora acabas. Si deches hasta ahora, por que non vas dar? Ou eres parva?” Sabes que aprendes. E neste ano que acaba, escoitas “medo haino sempre. Si non te arriesgas nunca…nunca vas ter nada”. Sabes que aprendes. E colles forza pa comer o mundo se fai falta. Si algún día houbo unha brecha, o 2014 cos seus malos momentos trouxo confianza e en cada adversidade máis unión. E esa unión máis momentos xuntos e felices.

E si hai que pedir desexos de aninovo, unha das cousas que pido ó 2015 é que siga mantendo ó meu lado a esas persoas que fan de piares para que a miña vida continúe mantendose.

E sen máis que contar, despídome. Comezamos un novo ano e temos por diante 365 días para comezar con ilusión e conseguir o que queremos. Para cumplir os soños e obxetivos. Non deixedes de soñar en todo o 2015.

“El mundo continúa siendo un lugar duro y hostil, pero sabemos que podemos vivir en él gracias a que hemos cambiado las reglas, las que nos mantenían en la oscuridad.”

[Dedicado a quen me dixo “tes unha forma peculiar de contar as cousas –e a veces ata é- impresionante. Para ti, e para todos aqueles que cheguen lendo ata aquí, espero que o 2015 vos traia grandes momentos para aprender, vivir e recordar.]

María Vázquez Rey
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores