Podes sentarte arredor dunha mesa, cunha taza de café, e falar. Falar durante horas, e de tan diversos temas! Podes rir e chorar, e chorar da risa. Dar boas novas e abrirte a comentar a pena máis grande que tes nese momento. Podes entrar en calor no inverno e refrescarte "con xeo" no verán.
Sen dúbida quedar a tomar café é unha das mellores terapias, tomes un, tres, ou ningún! Porque a finalidade vai máis alá...
- Dacordo, así tamén descanso.
O café era algo do que ambas disfrutaban...
Pero desta vez non fixo falta o café, porque a veces, hai cafés que non se beben...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario