Ler un libro é entrar nun mundo de imaxinación, de historia, de información e descubrimento, de aventuras, de amor e amizade... É entrar, ao fin e ao cabo, noutro mundo paralelo.
Non necesitas estimulantes, nin drogas, nin alcohol, que te afasten para desconectar... O que precisas é un bo libro.
Non un libro que che obliguen a ler. Un que a ti te chame. Secadra non atinas á primeira, secadra pasas por moitos antes de chegar a un, pero iso pasa cos amigos, coas comidas, coa parella...
Pero un libro axudarache, incluso sen sábelo, en moitos aspectos da túa vida.
Papás e mamás, xente, regalade libros, que non se perda esa costume.
Nenos, xente, non lle fagades un feo cando vos regalen un libro, dádelle una oportunidade, todos a merecemos...
[María Vázquez Rey]
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Miroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademáis de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixo levar polo xenio.
Secadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
[Paula Carballeira]
No hay comentarios:
Publicar un comentario