viernes, 27 de noviembre de 2015

Xuntos

Facía fresco aquela tarde. Xa se notaba o frío do Outono nas noitiñas de Novembro. O ambiente cuberto pola néboa e as luces resplandecendo nas beirarrúas... Así da gusto pasear, abrigadiños, necesitando que te abracen e apetecendo "un algo quentiño", e iso era xusto o que farían.
Saíu de traballar e alí estaba agardando, coas mans nos bolsillos e o nariz metido na bufanda. O recibimento con tan cálido bico xa fixo que a temperatura subise.
Agarrados da man comezaron o seu paseo de Outono ata descansar no banco do parque.

- Agora non se leva moito iso de casarse. Sabes que a min me gustaría, pero sei que non é o que máis te emociona...
Ela permanecía en silencio, asombrada e intrigada en como acabarían aquelas palabras.
- E entendernos e respetarnos debe ser o que prime. Que os dous poidamos disfrutar xuntos mutuamente, sin "teus" nin "meus", senón "nosos". E podo comprender que casarnos é unha unión importante, pero que iso só non arranxa todo o de despois. Por iso quero darche isto -di sacando unha caixiña do peto do abrigo- como sinal do meu compromiso contigo, porque o que máis me vale é que sexas o último que vexo pola noite e o primeiro que vexo do meu despertar. Porque non me importa convidarte a comer, pero significa máis poñerse dacordo en con que enchemos a neveira. Porque para ser "nós", temos que ser Ti e máis Eu libres querendo estar xuntos.
E sacou da caixiña unha copia da chave do seu piso.

A emoción e euforia que recorreron a sangue de Andrea fixeron que non importase xa o frío de Novembro.



María
.
"Non é máis o home que a muller. Non é máis a muller que o home. Ambos son persoas por igual e iso é o que debe valer para respetarse e quererse." María V. Rey
25 de Novembro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores