domingo, 15 de diciembre de 2013

Praíña 0-1 Cacheiras: Unha derrota non moi xusta...

...non moi xusta porque tamén é mala sorte que nos últimos minutos a defensa do equipo local non dese mantido a liña que en ocasións anteriores provocou o fóra de xogo por parte do Cacheiras dando por válido o gol que lles deu a victoria aos visitantes.

Non moi xusta porque tamén é algo de mala sorte que che anulen dous goles. Un deles, á vista da que vos escribe, moi inxusto, xa que veu precedido dunha falta que o árbitro tardou en sinalar. O xogo seguiuse e cando o balón xa entrara na rede sonou o silbato... Non sei si a tardanza foi debida a que o colexiado non esperaba que fose gol, se non atopaba o pito... Non sei, o caso é que se deixaches seguir o xogo e foi gol...non pites a falta media hora despois porque ata lle deu tempo a celebralo!!!

Polo demáis, nesta soleada tarde de domingo na que por fin puiden volver disfrutar dun partido do Praíña na casa, vin un equipo bastante sólido e merecedor da praza que ocupa. Un equipo que se gaña o posto de ascenso nesta nova categoría e que de seguro chegará lonxe.

Algúns contrarios creerán que son moito mellores porque chegado un momento, o encontro que se mantivo a ceros na primeira parte, chegou a ter maioría de xogadores por parte do Praíña ó ser expulsado un xogador do Cacheiras e nin así gañaron.
Outros que din ser siareiros do local tamén llo botarán en cara, para que enganarnos, as persoas somos así.
Pero o certo é que o equipo sufría moitas baixas e ainda así demostrou facer fronte no campo e o xogo estivo bonito en moitas ocasións.

A seguir traballando porque se verán as recompensas!! E como di un dos xogadores..."va, va, va!!"





María
.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Sobre demencias...

"Envellecer non é un problema, é unha adaptación"
 
 
Envellecer non sempre é un problema.
De feito, non debería selo nunca xa que si logramos envellecer quere decir que estamos pasando anos de vida...
Pero...ben é certo que hai que saber envellecer, ou saber adaptarse ó envellecemento que nos toca.
 
A veces temos un envellecemento activo, facémonos maiores pero seguimos facendo cousas, manténdonos na ola...ó mellor non na cresta, pero si que tocamos a auga paseando pola orilla...
 
E logo estámos todos ós que lles toca adaptarse de maneira máis brusca...xa que o envellecemento non vén só, senón que é acompañado dunah DEMENCIA e entón ñe cando deixa de ser un envellecemento activo para recibir o nome de envellecemento patolóxico. Pero non podemos avandonarnos, nin deixar só ó noso avó, avoa, tío, tía, nai, pai...Toca axudarlle e toca pedir axuda, porque o coidador tamén precisa seguir vivindo...
 
 
 
 
 
María
(psicóloga - Sobre psicoloxía)

domingo, 3 de noviembre de 2013

Historias "dun" bar...

...porque bares hai moitos e cada un ten unha historia propia...
...porque en cada un vivimos historias propias...

Hai arredor de 5 anos un dos bares de Pontevea cambiou de "dono". Apareceu en Pontevea un rapaz de fóra... E xa van alá 5 anos e dinos aos parroquianos que marcha!!

Teño que dicir que dende fai un tempo, que non podo calcular, ese bar foi o bar no que vin os clásicos, os derbies, o descenso, ascenso e volta ao descenso dun dos meus equipos.

O bar onde o café con leite, templado, con espuma, largo de café, en vaso... ten o vaso máis grande!je

Un bar que mudou en oficina por momentos. Que foi confidente de charlas amistosas. De decisións importates. Un bar de boas noticias, e desgraciadamente tamén de malas, moi malas. E estas, as emocionais, as experiencias emocionais que vivimos en momentos das nosas vidas e onde as vivimos fan deses lugares sitios especiais, pero tamén das xentes que nese intre están aí.

Hai máis bares en Pontevea, e a todos lles consta que os frecuento (ainda que esto poida non sonar ben, pero...o café é o café). E cada un deles ten as súas cousas. Cada bar ten as súas historias, anécdotas... Pero quería deixar constancia neste pequeno espacio que "este rapaz de fóra" deixa unha pegada nas xentes do lugar que de seguro botará en falta, pero que tamén seguro leva con el moitos amigos.

SORTE DAVID!

A ver quen aterriza agora por estes lares...

Para moitos poderían definir o bar coa canción "visite nuestro bar" de Hombres G.

Deixovos algunha outra canción de bares...para pasar un ratillo, despertar emocións, sentir nostalxia...Igual algún a asocia a algunha das súas "historias de bar"...

- Quiero beber hasta perder el control.-Los secretos
- Tras la barra.-Platero y tú.
- Clavado en un bar.- Maná.
- El último trago.- Chavela Vargas.



María
.

sábado, 19 de octubre de 2013

19 Octubre...MAMA

19 DE OUTUBRO.
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.

19 DE OCTUBRE.
DÍA MUNDIAL CONTRA EL CÁNCER DE MAMA.
 
 
Para min, non é só hoxe, é cada día do ano.
Para moit@s non é unha frase ou unha foto, é unha nova forma de vida que hai que aceptar e superar.
 
"Recordo ese momento coma se fose agora mesmo.
Estar tranquila, sen preocupacións dese tipo. Estar facendo algo que fas diariamente e non pasa nada. Pero ese día algo mudou e o destino fixo que me percatase, sen querer, de que algo que non debía estaba no meu corpo.
Notar que había un bulto no meu seno e contalo a quen máis quero todo foi un.
Dende aí comeza un novo camiño. Un de incertidume, de nerviosismo. Un camiño que se transformou tan só nun desvío da vida habitual e que afortunadamente rematou en poucos meses para voltar ó camiño principal, pero que non sempre é así.
Despois de meses de probas e consultas non sempre agradables chegou o momento de entrar nin quirófano e facer efectiva pequena a extracción.
Neste caso a cousa resultou ben.
Foron uns meses, hai quen pasa uns anos...e hai quen non pasa apenas nada..."
 
Hoxe é un día sinalado para que todos o recordemos, pero o cancro como enfermidade universal, e a loita contra el, debe estar presente todos os días mentras exista quen o padeza. E todos aqueles implicados na posible mellora deben estalo en maior medida e sen deixar de apoiar en todo momento. 
Pol@s que estiveron, están e estarán loitando, en tódolos ámbitos desta enfermidade.
 
 
 
Hoxe, DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.
 
 
 
 
 
María
.
 


sábado, 7 de septiembre de 2013

Cartas para todos e para ninguén (IV)

Se hai algo? Non o sei.
Non parece de verdade.
Sucede coma nunha realidade paralela que non se da identificado moi ben.

De repente algo cambiou, pero non sabes moi ben o que.
A curiosidade existe e a ilusión parece detida polo medo ó cambio inesperado.

Como definir ese algo?
Non o sei, pero algo hai.




María
.

jueves, 5 de septiembre de 2013

Chuvisca en Carbia


Espertou cos primeiros raios de claridade que entraron pola fiestra aquela mañá.
Despois de tal verán de sol e calor, de días de Praia e refrescante brisa dende a terraza dos chiringuitos, de noites estreladas dende a tumbona no xardín...
 
Aquela mañá xa non era coma todas as anteriores.
Aquela mañá o sol xa non petaba tan forte, xa compartía horario coas nubes, máis despertaraa igual.
 
Arredou as finas sabas que a cubrirán durante a noite e pouco a pouco, desprendéndose da cama coma quen non quere deixar ó amante na estación...Púxose en pé.
 
Cando os seus poucos pasos se detiveron a carón da ventá descubriu que foi o que cambiou. Abreu a fiestra e o olor da terra mollada entrou no cuarto...
 
Xa caeron as primeiras pigas...
Xa o Outono está a chamar á porta...




María
.

martes, 27 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 3]

Día 3 sen Cortizo.

"A espera faise eterna.
Vai ser certo que quen espera desespera porque non sei como ela da aguantado sen saber nada.
É incrible como ainda arredrados físicamente a miña mente está máis apegada a ela ca nunca.
Creo que antes non pensaba tanto nela... Agora... Agora case cada cousa que fago perde sentido se ela non existise.
 
Por que quererá que me acostume á súa ausencia?
Por que me pide 21 días?
Que pretende mostrarme?
 
Hoxe teño moitos momentos e recordos na mente.
Hoxe teño moitas preguntas que facerlle.
Hoxe quería tela comigo, decirlle todo o que sinto e aquelo que nunca lle dixen."


María
.

lunes, 26 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 2]

Día 2 sen Cortizo.

Como a coñecín?
Pois apareceu na miña vida un pouco sen pensar. Coma un ovo "kínder" , de sorpresa. E de feito nunca mellor dito porque cando un ten un ovo kínder nunca sabe si a sorpresa que atopará no interior será a que mola ou aquela que dis..."para esto collín eu o ovo?"

Pero con Cortizo foi agradable.
Cando a ves por primeira vez non sabes como reaccionar, como "entrarlle" nin que reacción vai ter ela, pero ten ese imán como persoa que no fondo, sen saber moi ben como, atráete e fai que te acerques. E una vez que accedes a acercarte...para min foi imposible arredar dela.
 
Así que si me preguntas se podería vivir agora sen ela?
Pois non o sei, a verdade, pero creo que me costaría. Ela xa vive dentro de min.



María
.

domingo, 25 de agosto de 2013

...de ascensos e descensos...

...de altos e baixos...
...de alegrías e tristuras...
pero sempre de apoio incondicional!

Neste caso, en cuestión de deportes.
Unhas veces gáñase e outras pérdese.

Perdeuse porque o branuiazul de Riazor descendeu de novo a 2º división, pero ainda así sempre no corazón e con gran sentimento deportivista. Non deixarei de animar nesta nova tempada!


Pero neste caso as alegrías gañan terreo xa que o Compos comeza a tempada nunha nova categoría e esperemos que siga avanzando coma o campión que merece ser e como di a canción...O tren vai andando pasiño a pasiño e vaime levando cara o meu destiño... Todo traballo ten a súa recompensa!

balconcompos_web

E como todo traballo ten a súa recompensa..."que sí, joder, que vamos ascender"!!!
Este ano sí!!! Tras o Memorial desta fin de semana, na vindeira poderemos ver o primeiro encontró do praíña na súa nova categoría e intentaremos estar alí para velo e animar tras as impresións mostradas!!
 
 
ÁNIMO EQUIPO E A POR TODAS!!!
 
 
María
.

sábado, 24 de agosto de 2013

I TROFEO MEMORIAL JOSE LUIS PERNAS

 
Organizado polo PRAÍÑA SPORTING CLUB
 
Cando?
Hoxe, sábado 24 de Agosto
 
Onde?
No campo de fútbol do Praíña, en Reis
 
A que hora?
19.00h da tarde
 
 
 
Unha bonita e emotiva iniciativa que este clube renovado dispuxo para os afecionados, a familia e a ilustre figura de José Luís Pernas.
 
Un torneo que servirá de homenaxe ao que foi xogador e presidente do Sporting Club Praíña, e máis que recoñecido colaborador da entidade
 
Esta tarde gozaremos dun máis que seguro bonito e emocionante partido entre o recén ascendido equipo local e o S. D. Carcacía.
 
 
 
 
Se podedes, non perdades a oportunidade de pasar una boa tardiña.
A entrada será GRATUÍTA.
 
 
 
 
 
María
.

viernes, 23 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 1]

Día 1 sen Cortizo.

A sensación resultaba extraña, engañosa, irreal...
Como chegando da nada podías chegar a querer ou sentir algo por alguén? E como ese sentimento podía aferrarse a un mesmo tan forte como para non poder soltalo sen máis, cando un quixera. Decir "pois agora xa está, non te quero, non es nada para min".
Por que? Porque non se podía facer iso?

Seguro que algún outro ser, nalgún outro universo paralelo podía desfacerse de maneira tan fácil dos sentimentos cando xa non debían sentirse. Pero existise ou non, eu non era ese ser e non podía facer marabillas.

"Non será para tanto, total antes xa non me coñecías!"

Esas eran as súas palabras para quitarlle importancia ao feito, e ainda que parecese algo sinxelo o certo é que non o era porque antes non existía e agora... Agora toca afrontar a súa ausencia...



María
.

miércoles, 3 de julio de 2013

Historias sen final X



- Dame un bico.
- Non -respondeu.
- Por qué? -preguntou con asombro.

Todo quedou en silencio, seguiron camiñando ata que parou o paso e dixo mirando os seus ollos...

- Bícame.
- Non.
- Pero, porque?
- Non quero bicarte...

A súa cara de incredulidade e sorpresa facía que os seus ollos se abrisen ata máis non dar.
O silencio volveu aparecer. Entón continuou decindo...

- Non quero bicarte... Si os nosos beizos se xuntan quero que sexa porque "nos bicamos".

Esta vez o silencio tornou agradable e esbozou sorrisos en ambalas dúas caras. Acercáronse e bicáronse ante os últimos raios de sol do primeiro día de verán.



María
.

lunes, 1 de julio de 2013

EL POEMA DE LOS MÚSICOS

Miré a tus manos,
encontré una profunda delicadeza
y combinada con ella
también estaba esa fuerza tuya,
en ellas vi pasión y también creación.

En un instante el pensamiento soñó
en que esas manos
tomaran mi corazón como instrumento...
lo hicieran vibrar y con ello
emitiera sonidos llenos de cariño...

Afina entonces las cuerdas de mi vida
haz con ella canciones para los dos
hazme útil en tus sinfonías
y rompe con ello el silencio de mi corazón.

Andrés Guzmán

sábado, 12 de enero de 2013

Una agitada mañana...

Una mañana agitada, a las 8:30, un señor mayor de unos 80 años, llegó al hospital para que le retiraran los puntos de su pulgar. El señor dijo que estaba apurado y que tenía una cita a las 9:00 am, el doctor le pidió que tomara asiento, sabiendo que quizás pasaría más de una hora. Lo vio mirando su reloj y decidió, examinar su herida. Mientras lo curaba le pregunto si tenía una cita con otro médico esa mañana, ya que lo veía tan apurado. El señor le dijo que no, que necesitaba ir al geriátrico para desayunar con su esposa. El doctor le pregunto sobre la salud de ella: El le respondió que ella hacía tiempo que estaba allí ya que padecía de Alzheimer. Le pregunto si ella se enfadaría si llegaba un poco tarde: Le respondió que hacía tiempo que ella no sabía quién era él, que hacía cinco años que ella no podía ya reconocerlo. El doctor sorprendido entonces le pregunto: 'Y usted sigue yendo cada mañana, aun cuando ella no sabe quién es usted?' El sonrió y le dijo:"Ella no sabe quién soy, pero yo aún se quien es ella y la amo ." Al doctor se le erizó la piel, y tuvo que contener las lágrimas mientras él señor se iba, y pensó, "Ese es el tipo de Amor que quiero en mi Vida. "El Amor Verdadero no es físico, ni romántico. El Amor Verdadero es la aceptación de todo lo que es, ha sido, será y no serás en la vida .
La gente más feliz no necesariamente tiene lo mejor de todo.
Ellos sólo hacen todo, lo mejor que pueden.

 
La vida no se trata de sobrevivir a una tempestad,
se trata de saber como BAILAR BAJO LA LLUVIA!!

martes, 1 de enero de 2013

Benvidos ao 2013

A verdade é que este ano non estou tendo a iniciativa á hora de felicitar as festas...pero de igual maneira espero que esteades a pasar estas datas o mellor posible, que entrasedes no 2013 con bo pé e que o bo ánimo e as dosis de felicidade vos acompañen durante todos os días que veñen.
Vexo en moitos estados que se despide ao 2012 coma un ano malo...e que a xente intenta quedarse co bo...Puido ser un ano difícil, pero si somos capaces de atopar nel momentos bos, que nos fan sorrir, non podemos decir que é malo, porque como xa teño dito a felicidade é unha liña discontinua de momentos marabillosos. Para min o 2012 non foi fácil, pero foi un bo ano porque nel atopei xente que entrou na miña vida dandome motivos para creer, motivarme, facerme sorrir, avanzar. Porque me mostrou que os que están, están de verdade. Porque comecei novos proxectos e retos que non sei moi ben como acabarán, pero que me fan moverme por ideas, ilusións, soños.
Tiven momentos de caídas, pero aprendín a levantarme con máis forza de cada vez e ver que debemos confiar en nós mesmos para avanzar e non esperar que me traian as cousas porque o camiño faise ao andar non mentras vemos pasar o tempo ante nós.
Ó 2013...pídolle oportunidades para seguir avanzando sendo eu e que a xente que me fai rir, que me serve de sostén sen sabelo non se aparte do meu lado, porque iso é o que me fai ser e sentir feliz.

Seguidores