A sensación resultaba extraña, engañosa, irreal...
Como chegando da nada podías chegar a querer ou sentir algo por alguén? E como ese sentimento podía aferrarse a un mesmo tan forte como para non poder soltalo sen máis, cando un quixera. Decir "pois agora xa está, non te quero, non es nada para min".
Por que? Porque non se podía facer iso?
Seguro que algún outro ser, nalgún outro universo paralelo podía desfacerse de maneira tan fácil dos sentimentos cando xa non debían sentirse. Pero existise ou non, eu non era ese ser e non podía facer marabillas.
"Non será para tanto, total antes xa non me coñecías!"
Esas eran as súas palabras para quitarlle importancia ao feito, e ainda que parecese algo sinxelo o certo é que non o era porque antes non existía e agora... Agora toca afrontar a súa ausencia...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario