domingo, 3 de noviembre de 2013

Historias "dun" bar...

...porque bares hai moitos e cada un ten unha historia propia...
...porque en cada un vivimos historias propias...

Hai arredor de 5 anos un dos bares de Pontevea cambiou de "dono". Apareceu en Pontevea un rapaz de fóra... E xa van alá 5 anos e dinos aos parroquianos que marcha!!

Teño que dicir que dende fai un tempo, que non podo calcular, ese bar foi o bar no que vin os clásicos, os derbies, o descenso, ascenso e volta ao descenso dun dos meus equipos.

O bar onde o café con leite, templado, con espuma, largo de café, en vaso... ten o vaso máis grande!je

Un bar que mudou en oficina por momentos. Que foi confidente de charlas amistosas. De decisións importates. Un bar de boas noticias, e desgraciadamente tamén de malas, moi malas. E estas, as emocionais, as experiencias emocionais que vivimos en momentos das nosas vidas e onde as vivimos fan deses lugares sitios especiais, pero tamén das xentes que nese intre están aí.

Hai máis bares en Pontevea, e a todos lles consta que os frecuento (ainda que esto poida non sonar ben, pero...o café é o café). E cada un deles ten as súas cousas. Cada bar ten as súas historias, anécdotas... Pero quería deixar constancia neste pequeno espacio que "este rapaz de fóra" deixa unha pegada nas xentes do lugar que de seguro botará en falta, pero que tamén seguro leva con el moitos amigos.

SORTE DAVID!

A ver quen aterriza agora por estes lares...

Para moitos poderían definir o bar coa canción "visite nuestro bar" de Hombres G.

Deixovos algunha outra canción de bares...para pasar un ratillo, despertar emocións, sentir nostalxia...Igual algún a asocia a algunha das súas "historias de bar"...

- Quiero beber hasta perder el control.-Los secretos
- Tras la barra.-Platero y tú.
- Clavado en un bar.- Maná.
- El último trago.- Chavela Vargas.



María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores