Espertou cos primeiros raios de claridade que entraron pola fiestra aquela mañá.
Despois de tal verán de sol e calor, de días de Praia e refrescante brisa dende a terraza dos chiringuitos, de noites estreladas dende a tumbona no xardín...
Aquela mañá xa non era coma todas as anteriores.
Aquela mañá o sol xa non petaba tan forte, xa compartía horario coas nubes, máis despertaraa igual.
Arredou as finas sabas que a cubrirán durante a noite e pouco a pouco, desprendéndose da cama coma quen non quere deixar ó amante na estación...Púxose en pé.
Cando os seus poucos pasos se detiveron a carón da ventá descubriu que foi o que cambiou. Abreu a fiestra e o olor da terra mollada entrou no cuarto...
Xa caeron as primeiras pigas...
Xa o Outono está a chamar á porta...
María
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario