martes, 1 de enero de 2013

Benvidos ao 2013

A verdade é que este ano non estou tendo a iniciativa á hora de felicitar as festas...pero de igual maneira espero que esteades a pasar estas datas o mellor posible, que entrasedes no 2013 con bo pé e que o bo ánimo e as dosis de felicidade vos acompañen durante todos os días que veñen.
Vexo en moitos estados que se despide ao 2012 coma un ano malo...e que a xente intenta quedarse co bo...Puido ser un ano difícil, pero si somos capaces de atopar nel momentos bos, que nos fan sorrir, non podemos decir que é malo, porque como xa teño dito a felicidade é unha liña discontinua de momentos marabillosos. Para min o 2012 non foi fácil, pero foi un bo ano porque nel atopei xente que entrou na miña vida dandome motivos para creer, motivarme, facerme sorrir, avanzar. Porque me mostrou que os que están, están de verdade. Porque comecei novos proxectos e retos que non sei moi ben como acabarán, pero que me fan moverme por ideas, ilusións, soños.
Tiven momentos de caídas, pero aprendín a levantarme con máis forza de cada vez e ver que debemos confiar en nós mesmos para avanzar e non esperar que me traian as cousas porque o camiño faise ao andar non mentras vemos pasar o tempo ante nós.
Ó 2013...pídolle oportunidades para seguir avanzando sendo eu e que a xente que me fai rir, que me serve de sostén sen sabelo non se aparte do meu lado, porque iso é o que me fai ser e sentir feliz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores